Xacobinos, club dos

Xacobinos, club dos

Agrupación política francesa creada en 1789 en Versailles. Recibiu este nome porque tiña a súa sede nun convento de dominicanos, coñecidos popularmente como xacobinos. Foi un club parlamentario moderado, pero en 1792 dominárono os republicanos radicais, como Robespierre, Saint-Just ou Pétion, o que provocou a saída do grupo xirondino. A súa liña política preconizaba unha Francia de pequenos propietarios e produtores independentes, pero converteuse nunha formación despótica. Despois do golpe de estado de Termidor (xullo de 1794) foi afastado da lei, ata a súa definitiva disolución, en agosto de 1799.

Palabras veciñas

xacobiano -na | xacobinismo | xacobino -na | Xacobinos, club dos | xacobita | Xacobo | xácoma