"arse" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 50.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dise dos compostos con dous átomos de arsénico unidos por un enlace dobre.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sulfarseniuro de ferro, de fórmula FeAsS. Cristaliza no sistema monoclínico e preséntase en formas pseudorrómbicas e, a cotío, macladas. Pode conter cobre, níquel e ouro. É de cor branca de estaño ou gris clara, e ten exfoliación clara nunha dirección. Ten dureza 5,5-6 e peso específico 5,9-6,2. Chámaselle tamén mispíquel e pirita arsenical. É o mineral de arsénico máis importante.
-
PERSOEIRO
Médico e físico francés. Fixo os seus primeiros experimentos sobre a calor animal e os efectos da electricidade nos tecidos vivos no laboratorio de Claude Bernard (1874). Ideou o galvanómetro de reflexión de bobina móbil que leva o seu nome. Dedicouse á electrofisioloxía e foi un precursor da electroterapia. Inventou a arsonvalización, tratamento clínico consistente en someter a zona enferma aos efectos dun campo electromagnético alterno de alta tensión e frecuencia, pero de pouca intensidade, para aumentar a calor do organismo e estimular o metabolismo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Escribiu poesía didáctica e relixiosa, e tentou crear unha epopea nacional co título de Hayk (1858), pero destacou sobre todo como tradutor de Homero, Virxilio e Voltaire.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Trobador occitano. É autor de cancións, serventesios e tenzóns, e de setenta e dúas coplas morais e satíricas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
san (Dobruxa 360? - 432?) Monxe e escritor latino cristián. De nome Johannes Cassianus, iniciouse no monaquismo en Belén, foi monxe en Palestina e, a partir do 385, eremita en Exipto. No 401 marchou a Constantinopla, onde foi ordenado diácono por san Xoán Crisóstomo. Logo de ser este desterrado, refuxiouse en Roma, cidade na que foi elevado ao presbiterado no 405. Finalmente, chegou a Marsella, onde fundou dous mosteiros entre o 413 e o 416: un para homes, o de San Víctor, e outro para monxas. Escribiu De institutis coenobiorum et de octo principalium vitiorum remediis libri XII (As regras cenobiais e os oito principais remedios dos vicios, libro XII), tratado sobre as institucións monásticas que contribuíu ao desenvolvemento do monacato en Occidente, e Collationes XXIV (XXIV Confrontacións), onde se critica a doutrina agustiniana da graza desde a liña teolóxica semipelaxiana. Ambas as dúas obras serviron de base para a composición da súa regra...
-
-
Purificación das emocións do espectador producida pola obra de arte. Para os pitagóricos era un efecto da harmonía, sobre todo musical. Aristóteles relacionouna coa traxedia na súa Poética. A mediados do s XVI recuperouse a expresión dentro dun debate xeral sobre o seu verdadeiro significado. Autores como Lessing, Schiller, Schopenhauer e Bergson relacionaron este termo coa arte. Brecht asimilouno a unha identificación sentimental ou moral e enfrontouno ao concepto de recoñecemento.
-
Exteriorización, a miúdo emocionada, e expresión verbal de contidos mentais vinculados a situacións traumáticas, externas ou internas, que se afastan da consciencia debido a un proceso de represión. Este termo implica o elemento curativo ou paliativo que se intenta obter coa liberación ou descarga dos contidos reprimidos nunha especie de acción “purgativa” (catártica). J. Breuer e S. Freud empregaron por vez primeira o concepto de catarse en psicopatoloxía. Nun principio utilizaron a hipnose e, posteriormente, a técnica da libre asociación pola que o suxeito revive experiencias traumáticas esquecidas.
-
-
PERSOEIRO
Lingüista e lexicógrafo francés. Profesor na Université de la Sorbonne, escribiu La vie des mots étudiée dans leur signification (A vida das palabras estudada no seu significado, 1887) e Ditionnaire général de la langue française depuis le commencement du XVII siècle jusqu’à nos jours (Dicionario xeral da lingua francesa desde o comezo do s XVII ata os nosos días, 1890-1900), realizado en colaboración con Adolphe Hatzfeld. Tamén definiu a lei fonética denominada vocal contrafinal.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Impresor e xornalista. Emigrou moi novo ao Brasil, onde estudiou e fundou o semanario A Lei (1896). En 1903 regresou e estableceuse na Guarda, onde fundou o semanario Heraldo Guardés (1905), que se converteu no decano da prensa agraria galega e no defensor do redencionismo e a loita contra o caciquismo. A súa defensa das tendencias liberais orixinou numerosos procesos xudiciais por delitos de imprenta. Defendeu a campaña do Directorio Antiforista de Teis e participou habitualmente como orador nos mitins redencionistas. Trala súa morte, como homenaxe e desagravio pola nova orientación do periódico, os seus discípulos editaron o Nuevo Heraldo, semanario republicano independente.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Lugar protexido natural ou artificialmente nos portos, canais ou baías, onde as embarcacións poden levar a cabo as diversas operacións de carga e descarga ou aparellar e reparar as embarcacións.
-
Cada unha das divisións que se acondicionan nos portos artificiais para crear así distintos peiraos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista universitaria bilingüe editada na Coruña a partir de 1988 por alumnos e profesores da UNED. Coordinada por José Á. Pereira, contaba cun consello de redacción formado por Silvia Longueira, Luisa Martínez, Marcelino Fernández, Emilio Fernández e Segismundo Montero. Ilustrada con fotografías de Xurxo Lobato e Xosé Abad, colaboraron nela Pedro Arias, Miguel Cancio e Francisco Pillado, entre outros. Incluía artigos relacionados co sistema educativo, as experiencias dos docentes, a normalización lingüística do galego no ámbito da educación, o sistema financeiro galego, a conservación dos bens do patrimonio histórico, o sindicalismo e entrevistas a distintos persoeiros da vida pública en Galicia. No segundo número, publicado en xaneiro de 1990, inseriuse un especial sobre urbanismo, e na terceira entrega, en decembro do mesmo ano, unha reportaxe sobre a conservación da natureza.
-
PERSOEIRO
Enxeñeiro e economista. Empregado polo goberno francés, tentou medir a xustificación que tiña para os consumidores o financiamento das obras públicas, nunha primeira aproximación á análise de custo-beneficio. Foi o primeiro en utilizar unha curva da demanda e elaborar o concepto de excedente do consumidor. Entre os seus escritos destacan De la mesure de l’utilité des Travaux Publics (Medida da utilidade das obras públicas, 1844) e Liberté comerciale (Liberdade comercial, 1860).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da verba dos arxinas ou xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘morrer’.
-
GALICIA
Político. Foi concelleiro (1983-1991) e primeiro tenente-alcalde do concello de Ferrol (1987-1989) polo Partido Popular. Deputado pola Coruña no Congreso na IV, V e VI lexislaturas, dende o 2000 foi delegado do Goberno en Galicia. Foi distinguido coa Gran Cruz ao Mérito Naval.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Trobador provenzal e bispo de Toulouse (1205). Coñecido como Folquet, escribiu dezanove composicións. Na súa obra poética amosa unha gran formación latina e un certo coñecemento escolástico, expón os conceptos máis típicos da fin’amors en argumentacións lóxicas, con siloxismos e paradoxos. Dirixía as súas poesías a Afonso I de Catalunya-Aragón, a Guillerme VIII de Montpellier, Ricardo I Corazón de León ou Afonso VIII de Castela.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Futbolista. Formado nos equipos da súa vila natal, debutou como xogador en primeira división co Real Club Deportivo de La Coruña na tempada 1951-1952, fichando polo Sevilla C. F. (1957), Granada (1958-1963), Real Oviedo (1963-1964) e Albacete Balompié (1964-1965). En 1967 fíxose cargo da dirección técnica do filial deportivista, o Fabril, e tomou o mando do primeiro equipo do Deportivo mediada a tempada 1970-1971, conseguindo o ascenso a primeira división. Adestrou o Hércules de Alacant, Real Zaragoza, Burgos, Elx e Almería, e regresou ao Deportivo (1982-1985), que militaba na segunda división. Na campaña 1987-1988 dirixiu a S. D. Compostela, e na 1988-1989 asumiu novamente a dirección do Deportivo, que salvou do descenso a segunda división B. Na campaña 1988-1989 conseguiu por vez primeira na historia do club herculino alcanzar as semifinais da Copa do Rei, ascendéndoo a primeira división na tempada seguinte, e rematou a tempada 1992-1993 logrando a primeira clasificación da súa historia...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Fenómeno que consiste na captación, por un micrófono, dunha parte da enerxía sonora emitida por un ou máis altofalantes conectados ao mesmo amplificador. Produce un silbido moi agudo que perturba a emisión sonora.
-
PERSOEIRO
Escritor. Evolucionou de posturas testemuñais cara á preocupación formal, tendo sempre como marco das súas obras os ambientes barceloneses da década de 1950. Colabador asiduo co mundo do cine e da música, da súa produción destacan Últimas tardes con Teresa (Premio Biblioteca Breve 1965), levada ao cine en 1984 por G. Herralde; Si te dicen que caí (1973, Premio Internacional de Novela), La muchacha de las bragas de oro (Premio Planeta 1978), levada ao cine por V. Aranda en 1980; Ronda del Guinardó (1984), El amante bilingüe (1990, Premio Ateneo de Sevilla), El embrujo de Shanghai (1993, Premio de la Crítica e Premio Europa de Literatura 1994), levada ao cine por Fernando Trueba; Las mujeres de Juanito Mares (1997) e Rabos de lagartija (2000, Premio de la Crítica 2001), así como o volume antolóxico de relatos Cuentos Completos (2002). Recibiu o Premio Nacional de Narrativa (2001).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Himno patriótico militar composto en 1792 por Claude-Joseph Rouget de Lisle, oficial do exército francés. Cantouse por primeira vez en Marsella, de onde provén o seu nome, nun banquete de carácter patriótico. O 14 de xullo de 1795 converteuse no himno nacional francés polo seu marcado ton republicano e revolucionario.
-
CAPITAIS
Capital do departamento de Bouches-du-Rhône e da rexión de Provenza-Alpes--Costa Azul, Francia, situada na costa mediterránea, ao pé dun anfiteatro de outeiros calcarios, no golfo de León (807.071 h [2004]). O aumento das funcións portuarias, unido ao gran desenvolvemento industrial das áreas anexas, impulsou un gran crecemento demográfico. As instalacións industriais máis recentes sitúanse nas áreas suburbanas externas e as principais industrias son as petroquímicas, as do aluminio e as do cemento. Fundada cara a 600 a C polos gregos da Focida co nome de ί, aliouse con Roma na Segunda Guerra Púnica, uniuse a Pompeio durante a Guerra Civil e foi capturada e destruída por César (49 a C). Despois da desaparición do Imperio Romano de Occidente (476) pasou a mans dos visigodos, os burgundios e os francos, ata que en 561 se converteu na saída ao mar do Reino de Borgoña. No s IX, converteuse nun vizcondado vasalo do conde de Provenza,...
VER O DETALLE DO TERMO