"atü" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 368.

      1. Calquera substancia que se diferenza doutra pola súa constitución.

      2. Aquilo que, xuntamente coa enerxía, constitúe o universo físico. A filosofía e a física pretendían, ata finais do s XIX, definir a materia polas súas calidades esenciais, que, en principio, consistían na extensión, na impenetrabilidade e na inercia. No s XVIII os enciclopedistas franceses engadiron a mobilidade, o peso e a “forza activa” (a eléctrica, por exemplo). A tendencia redutora do racionalismo e do positivismo, aínda así, mantivo ata o s XX a identificación da materia só coa inercia. Outros quixeron reducir a materia á enerxía ou substituíla por esta pero, segundo a lei da relatividade, isto equivale a reducila á inercia. A filosofía contrapuxo a materia á forma, entendendo aquela como o elemento constitutivo da realidade, que queda invariable baixo todo cambio. Inseparable da forma, a materia compréndese como distinta da forma pola razón. A doutrina aristotélica, neste aspecto (que relaciona a materia coa potencia e, ao mesmo tempo, a forma co acto) deu lugar, na escolástica, ao...

      3. Calidade esencial do real, en contraposición ao espírito, en virtude da que as cousas existen independentemente do feito de que sexan coñecidas pola consciencia. Se se entende esta como a consciencia humana, a afirmación da realidade material deu lugar ao realismo, en contraposición ao idealismo. Se se entende á vez a mesma consciencia divina (da que, polo tanto, a realidade existente queda independizada), incide no materialismo, en contraposición co espiritualismo.

      1. Parte fundamental dun estudo ou dun xuízo.

      2. Asunto ou contido dun escrito, dunha exposición falada, dunha conversa ou dun escrito.

      3. Disciplina ou grupo de disciplinas que integran un programa que vai ser ensinado dentro dun período de tempo determinado (xeralmente un curso académico), formando parte dun plan de estudios.

    1. Conxunto de xestos e obxectos externos que acompañan as palabras rituais constitutivas da forma dun sacramento, como botar auga e a ablución no Bautismo.

    2. ciclo carolinxio.

    3. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Aquilo que, xuntamente coa enerxía, constitúe o universo físico. A filosofía e a física pretendían, ata finais do s XIX, definir a materia polas súas calidades esenciais, que, en principio, consistían na extensión, na impenetrabilidade e na inercia. No s XVIII os enciclopedistas franceses engadiron a mobilidade, o peso e a “forza activa” (a eléctrica, por exemplo). A tendencia redutora do racionalismo e do positivismo, aínda así, mantivo ata o s XX a identificación da materia só coa inercia. Outros quixeron reducir a materia á enerxía ou substituíla por esta pero, segundo a lei da relatividade, isto equivale a reducila á inercia. A filosofía contrapuxo a materia á forma, entendendo aquela como o elemento constitutivo da realidade, que queda invariable baixo todo cambio. Inseparable da forma, a materia compréndese como distinta da forma pola razón. A doutrina aristotélica, neste aspecto (que relaciona a materia coa potencia e, ao mesmo tempo, a forma co acto) deu lugar, na escolástica, ao...

      2. Calidade esencial do real, en contraposición ao espírito, en virtude da que as cousas existen independentemente do feito de que sexan coñecidas pola consciencia. Se se entende esta como a consciencia humana, a afirmación da realidade material deu lugar ao realismo, en contraposición ao idealismo. Se se entende á vez a mesma consciencia divina (da que, polo tanto, a realidade existente queda independizada), incide no materialismo, en contraposición co espiritualismo.

      3. Calquera substancia que se diferenza doutra pola súa constitución.

      1. Parte fundamental dun estudo ou dun xuízo.

      2. Asunto ou contido dun escrito, dunha exposición falada, dunha conversa ou dun escrito.

      3. Disciplina ou grupo de disciplinas que integran un programa que vai ser ensinado dentro dun período de tempo determinado (xeralmente un curso académico), formando parte dun plan de estudios.

    1. Conxunto de xestos e obxectos externos que acompañan as palabras rituais constitutivas da forma dun sacramento, como botar auga e a ablución no Bautismo.

    2. ciclo carolinxio.

    3. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Nome, apelido e xeralmente rúbrica, autógrafos, cos que se subscribe un documento para certificar quen é o seu autor, quen aproba o seu contido, quen interveu nel ou quen estivo presente na súa redacción. Nun principio indicaba o sinal autógrafo anteposto á subscrición e que adoitaba substituíla, pero a partir do uso do selo (s XII) caeu en desuso. Designou despois a marca profesional do notario, que se ía adornando ata chegar a facer debuxos complicados (ss XIII-XIV) chamados signo maior, aos que, para facilitar a súa identificación, se lles engadían en cursiva algunhas letras do nome ou todo o nome, seguidas da rúbrica ou signo menor, orixe da sinatura actual. Desde un punto de vista xurídico, a sinatura ten que incluír o nome patronímico e os apelidos, aínda que se admite tamén a media sinatura, en que se omite o nome de pía. No caso das persoas que non saben escribir, a validez é acreditada pola impresión dixital do dedo índice ou, nalgunhas actas notariais, pola mención expresa do...

      2. Nome do autor dunha obra de arte, inscrito nunha parte visible ou non visible dela, como constancia da súa paternidade.

    1. Acción de asinar.

      1. Serie ordenada de símbolos, expresados polo xeral mediante cifras ou letras, que corresponden normalmente ás materias das que tratan os libros ou á cronoloxía ou topografía dos documentos. Serve para ordenalos en bibliotecas e catálogos, de acordo cos diversos sistemas de clasificación.

      2. Indicación da signatura no lombo dos libros, e moitas veces no frontispicio ou noutra páxina, e que consta tamén nas fichas do catálogo.

      1. Sinal posto ao pé da primeira páxina de cada prego dun libro que serve para indicar como hai que pregalo e a orde en que hai que colocar os pregos durante o alzado. A signatura adoita consistir nunha sigla, que indica a obra á que pertence o prego, seguida do número de orde de cada prego.

      2. Cada un dos pregos que compoñen un volume.

    2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución creada en 1982 en Pontevedra (A Seca) e, en 1991, en Braga. Legalizada no Estado español (20.7.1983) e portugués (8.8.1991) está presidida por Jose Luis Fontenla (Galicia) e Mª Rosa da Rocha Valente (Braga), contando ademais cos codirectores Antonio Gil Hernández (Galicia), Cristrina Mello (O Brasil) e J. L. Pires Laranjeira (PALOP). O seu obxectivo é a defensa da Lusofonía e a promoción da lingua portuguesa en Galicia, O Brasil, nos Palop (Países Africanos de Lingua Oficial Portuguesa), Timor, etc. Esta asociación organiza congresos sobre lingua, cultura e literatura dos pobos lusófonos; defende o Acordo Ortográfico de 1990 que unifica as variantes galega, portuguesa e brasileira dentro do diasistema portugués e promove o intercambio cultural e científico entre os países de lingua portuguesa, tendo colaboradores nas principais universidades galegas, portuguesas, brasileiras ou africanas, así como nas de San Petersburgo, Nova York, Utrecth, Hamburgo, Kyóto, etc. Baixo o nome...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mustafá Kemal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Abreviatura da expresión alemá at-überdruck, utilizada internacionalmente para indicar que a presión é relativa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tapar ou pechar algún conduto polo que vai un fluído.

    2. Cubrir con terra ou outra materia semellante.

    3. Atascarse algún conduto con calquera tipo de material.

    4. Quedar cuberto por terra ou por calquera materia semellante.

    5. Quedar nalgún lugar sen poder saír de alí.

    6. Pararse no que se está a facer ou a dicir a causa dalgún obstáculo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dirixirse a unha persoa empregando o pronome de segunda persoa ti.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de atufar.

    2. Que causa anoxo ou incomodo.

    3. Contaminado co tufo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Termo da xerga dos canteiros que corresponde ás voces ‘escopeta’ e ‘pistola’.

    2. Termo da xerga dos telleiros ou daordes que corresponde á voz ‘escopeta’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos canteiros que corresponde ás voces ‘ameazar’ e ‘tirotear’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘tiro’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Termo da xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘revólver’.

    2. Termo da xerga dos telleiros ou daordes que corresponde á voz ‘revólver’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos canteiros que corresponde ás voces ‘garda’ e ‘escopeteiro’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos telleiros ou daordes que corresponde á voz ‘pistola’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Impregnar de tufo, botar un cheiro desagradable.

    2. Trastornar ou afogar a alguén cun mal olor.

    3. Poñerse de mal humor ou sentir noxo cara a algo.

    4. Decidirse a obrar sen reparar nos posibles obstáculos ou inconvenientes que poden impedir este acto.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Obstruír un conduto ou vía dificultando a condución dun fluído.

    2. Cubrir con terra ou algo semellante.

    3. Obstruírse unha canle ou conduto.

    4. Quedar cuberto de terra ou algo semellante.

    5. Termo da xerga dos canteiros que corresponde ás voces ‘esconder’ e ‘gardar’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Denominación común que engloba unhas 48 especies de peixes de distribución practicamente mundial, que pertencen á familia dos escómbridos, que se subdivide á súa vez en 14 xéneros. Nas augas da Península Ibérica o número redúcese, de xeito que só se atopan 10. Os atúns habitan na maior parte dos océanos; aliméntanse e reprodúcense principalmente nas augas quentes e mornas, polo tanto, ausentes só das augas frías do Ártico e mais o Antártico, xa que moi poucas especies, entre as que se atopan as xardas, superan a latitude dos 50° (tanto setentrional como meridional). Caracterízanse por presentar corpo fusiforme e algo comprimido lateralmente, coroado por dúas aletas dorsais, a primeira de radios duros e espiñentos, bastante maior cá segunda que os presenta brandos. Ademais, entre esta última e a cola, aparecen unha serie de pínnulas (falsas aletiñas) que teñen tamén a súa correspondencia na parte inferior, entre a anal e a caudal. Trátase de especies peláxicas (que viven nas augas libres),...

    2. Atún pequeno que raramente supera os 1,20 m de longo e os 30 kg de peso. Presenta unha longa aleta pectoral, estreita e moura, que supera amplamente a vertical que pasa pola segunda dorsal. Captúranse unhas 200.000 Tm deste peixe todos os anos.

    3. Atún que mide como máximo 90 cm de longo e que presenta unha mancha escura na metade das aletas pectorais. Vive no Atlántico americano, dende Canadá ao Brasil. Péscanse unhas 1.000 Tm anuais a nivel mundial.

    4. Atún que acada un tamaño máximo de 2,30 m de longo e que presenta unha cor marela no bordo das quillas caudais, característica que os distingue doutras especies. Vive na parte baixa dos océanos Atlántico, Índico e Pacífico, e estivo moi relacionado co atún atlántico e mais co oriental. Captúranse unhas 45.000 Tm anuais, principalmente nos caladoiros surafricanos, no cono suramericano (ambas ribeiras) e arredor do continente australiano.

    5. Atún que presenta unha aleta pectoral moi longa, sobre todo nos exemplares novos, feito que pode confundilo co atún branco naqueles lugares nos que ambas especies están presentes. Aínda así esta aleta é algo máis ancha e nos exemplares máis vellos vese bastante máis curta. Propio das augas quentes e mornas dos océanos Atlántico, Pacífico e Índico, péscanse en augas abertas arredor dunhas 200.000 Tm anuais que se consomen preferentemente conxeladas, enlatadas ou secas e salgadas.

    6. Atún que se caracteriza polo tamaño desmesurado da segunda aleta dorsal, que supera en moito á primeira, e que ten a súa correlación coa pélvica, de xeito que parece que arrastra dous rabos. Acada un talle máximo de 1,90 m. Aparece nas augas tropicais e subtropicais de todos os océanos. As súas capturas superan o medio millón de toneladas anuais. Péscase en augas abertas de todos os océanos.

    7. Atún que presenta o pedúnculo caudal máis longo do que é habitual noutros atúns. É unha especie de tamaño medio, pois acada os 1,05 m. Vive no Indo-Pacífico, chegando cara a Occidente ata o Mar Vermello. Ás veces frecuenta zonas costeiras baixas en salinidade nas bocas dos ríos. Péscase sobre todo con palangre, aínda que as capturas mundiais non sobrepasan as 2.000 toneladas, e consómese fresco e salgado.

    8. Atún no que se distinguen dúas subespecies: unha propia do Atlántico e do Mediterráneo, T. thynnus thynnus, e outra distribuída polo Pacífico, T. thynnus orientalis. Á parte de vivir en océanos ben distintos, existen algunhas diferencias entre elas. Así, a do Atlántico é bastante máis grande cá que vive no Pacífico (4 m de longo contra 1,05 m) amosando, ademais, a vexiga natatoria de maior tamaño e diferentemente disposta. Tamén a relación osteolóxica entre as vértebras 9ª e 10ª é distinta. A aleta pectoral vese máis longa na especie atlántica ca na pacífica; e, por último, a do Atlántico ten algunhas branquispiñas máis no primeiro arco (34-43) ca a que vive na parte oriental (32-40). Trátase dunha especie peláxica, gregaria e migradora pero que presenta, pola contra, individuos solitarios, de andadura errática, que se afastan da comunidade e que poden acadar tamaños sorprendentes. Moi voraz, consome cantidades enormes de alimento, sobre todo peixes, como cabalas e sardiñas,...

    9. Peixe moi apreciado polos gregos, que lle reservaban o nome de Posidón e Arquestrato de Gela; no mundo antigo tamén se denominaba porco do mar, polas súas diferentes preparacións e sabores. En España é máis propio do sur da Península, aínda que as súas formas de preparación son semellantes ás do bonito do norte, e o seu sabor só é diferenciable por expertos. A súa carne, escura, graxenta e de intenso aroma pode consumirse fresca, afumada, en aceite, en escabeche ou desecada.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á pesca do atún.

    2. Persoa que vende ou pesca atún.

    3. Barco destinado á pesca do atún.

    VER O DETALLE DO TERMO