"bari" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 101.

  • CAPITAIS

    Capital da provincia homónima e da rexión da Puglia, Italia, á beira do Adriático (331.568 h [1998]). Posúe un dos portos máis activos da Italia meridional. Trátase dunha antiga colonia romana chamada Barium, que pertenceu alternativamente a lombardos, bizantinos e musulmáns. A principios do s XI independizouse, pero foi conquistada polos normandos baixo o mando de Roberto Guiscard (1071). Durante a Idade Media chegou a ser un dos principais portos de embarque dos cruzados cara a Oriente. A partir do s XV foi dominada sucesivamente por diversas potencias estranxeiras. Trala unificación italiana (2ª metade do s XIX) converteuse nun dos seus principais centros comerciais. Na cidade antiga destacan a basílica de San Nicolao (ss XI-XII), a catedral bizantina de San Sabino (s XII) e o castelo (ss XIII-XIV).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión de Somalia (70.000 km2; 222.287 h [1980]). A súa capital é Boosaaso (7.560 h).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia da Puglia, Italia (5.138 km2; 1.571.233 h [1998]). A súa capital é Bari.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe grega que se emprega na composición de palabras co significado de ‘pesado’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Unidade de presión no sistema CGS definida pola forza dunha dina por centímetro cadrado. Consíderase submúltiplo do bar, e recibe o nome de microbar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Árbore americana de ata 10 m de altura, de follas enteiras e flores brancas, apreciada pola madeira e polos froitos que serven de alimento ao gando.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao baricentro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Punto de intersección das medianas dun triángulo.

    2. Centro de gravidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao bario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico italiano, máis coñecido por Iacopo Berengario da Carpi. Considérase unha das grandes figuras do renacemento da Anatomía. Estudiou a anatomía do cerebelo e describiu por primeira vez o apéndice vermiforme. Escribiu o tratado de anatomía Comentaria cum amplissimis additionibus super anathomia Mondini (Comentarios con amplísimas adicións sobre a anatomía de Mondini, 1521).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase ás persoas con moita forza física, con boa saúde ou con vigor. SIN: forte, forzudo, rexo, robusto, varudo, vigoroso.

    2. Que resulta atractivo ou agradable polo aspecto e polo trato. SIN: aposto, gallardo, garboso, xentil.

    3. Que mostra valor ante perigos ou dificultades. SIN: arriscado, gallardo, valente, valoroso, varudo.

    4. Aplícase ao que ten unhas características valiosas ou nobres.

    5. Que comparte as cousas que ten con facilidade. SIN: xeneroso.

    6. Que ten moi boa calidade. SIN: excelente.

    7. Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘bo’.

    8. Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘ben’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pronuncia extremadamente confusa, orixinada por unha articulación deficiente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Silicato de bario e berilio, de fórmula BaBe2(Si2O7). Cristaliza na singonia romboide e preséntase en agregados tabulares. É incolora, semitransparente e posúe unha dureza de 6,5.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • barrilleira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • San Carlos de Bariloche.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Determinación aproximada do peso vivo dos animais tendo en conta as súas medidas corporais. Considérase o animal como unha figura xeométrica de densidade 1, da que se determina o volume mediante medicións adecuadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado de Venezuela (35.200 km2; 516.789 h [1995]). A súa capital é Barinas. Anteriormente recibía o nome de Estado de Zamora. A maior parte do seu territorio pertence á rexión natural de Los Llanos, agás o N, onde se atopan as serras da cordilleira dos Andes. A máxima altitude rexístrase no páramo de Mucuñuque, de 4.672 m. Os seus ríos, numerosos e caudalosos, desembocan no Apure. A maior parte da poboación está establecida ao pé das montañas, a salvo das inundacións que se producen nas épocas de chuvia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do estado de Barinas, Venezuela, nas beiras do río Santo Domingo (179.918 h [1991]). Encrucillada de importantes estradas que relacionan os Llanos, o litoral do Caribe e a cordilleira de Mérida. Cidade importante durante a época colonial, foi trasladada ao seu lugar actual dende as abas da cordilleira no 1759.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Crego pioneiro na recolleita do folclore inglés. Recompilou multitude de cancións populares e foi autor de numerosos himnos, como Onward, Christian Soldiers (Adiante soldados de Cristo,1865).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e xornalista inglés, fillo de lord Revelstoke. Estudiou en Eton e no Trinity College. Ingresou no corpo diplomático (1898). Escribiu poesía, novela, ensaio e crítica. Foi un narrador sensible e suxerinte a través de episodios sinxelos. Entre as súas obras como novelista destacan: Passign by (Aves de paso, 1921), Daphne adeane (1926), Comfortless memory (Recordos inquedantes, 1928) e The lonely lady of Dulwich (A solitaria señora de Dulwich, 1934).

    VER O DETALLE DO TERMO