Bari

Bari

Capital da provincia homónima e da rexión da Puglia, Italia, á beira do Adriático (331.568 h [1998]). Posúe un dos portos máis activos da Italia meridional. Trátase dunha antiga colonia romana chamada Barium, que pertenceu alternativamente a lombardos, bizantinos e musulmáns. A principios do s XI independizouse, pero foi conquistada polos normandos baixo o mando de Roberto Guiscard (1071). Durante a Idade Media chegou a ser un dos principais portos de embarque dos cruzados cara a Oriente. A partir do s XV foi dominada sucesivamente por diversas potencias estranxeiras. Trala unificación italiana (2ª metade do s XIX) converteuse nun dos seus principais centros comerciais. Na cidade antiga destacan a basílica de San Nicolao (ss XI-XII), a catedral bizantina de San Sabino (s XII) e o castelo (ss XIII-XIV).