"basa" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 49.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que é análogo pola forma ao basalto.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rocha ígnea efusiva básica de gran fino, dunha elevada densidade e cor escura. Está constituída por plaxioclasa cálcica e por piroxeno, con ou sen olivina. O principal mineral accesorio é a magnetita. O basalto alcalino é típico das illas volcánicas (arco de illas). O basalto pouco alcalino (toleítico) é o máis estendido e constitúe as grandes coadas continentais e submarinas; estas últimas son de grande importancia xa que forman o fondo dos océanos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que é semellante ao basalto pola súa forma.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Altiplano do norte de Transxordania, actualmente incluído en Siria. Segundo o Libro dos Números, os israelitas, despois de vencer o seu veciño Og, adxudicaron Basan á tribo de Manassés.
-
PERSOEIRO
Bispo de Elna (1696-1721). Publicou o Catechisme diocésain (Catecismo diocesano, 1698) para substituír o manual de instrución relixiosa do padre Xoán Eusebio Nieremberg. Fixo edificar o pazo episcopal de Perpiñán (1707).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor lituano. Estudiou Letras e Medicina en Moscova. Fundou en Tilsit en 1883 a revista nacionalista Ausra. A súa obra céntrase no estudo da literatura e das tradicións populares lituanas. Fundou en Vilnius unha biblioteca e un museo nacional. Escribiu Ozkabaliu Dainos (Os cantos de Ozkabalai, 1902) e Lietuviskos Pasakos (Lenda lituana).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Rocha volcánica do tipo basalto alcalino rica en olivina e que contén feldespatoides e feldespatos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe natural de Mondoñedo ou de Viveiro, que pode aparecer representada nos tratados heráldicos coa forma Basante. Os membros desta caste espalláronse por toda Galicia e fundaron casas no Barco, Cedeira, Bande, A Coruña, Mondoñedo, Oleiros, Rioaveso, Barreiros e, sobre todo, nos arredores de Mondoñedo. Os de Valladolid descenden dos de Ansemar en Castro de Rei. Entroncaron con nobres familias galegas como os Pedrosa. As súas armas levan escudo mantelado: primeira partición, en campo de sinople, cunha árbore da súa cor natural, perfilada de ouro e, ao seu pé, unha fonte con augas de azul e prata; segunda partición, en campo de goles, cunha serpe descabezada, da súa cor natural; terceira partición, en campo de azul, co signo de Salomón de ouro; bordo de sable, con catro aspas de prata. Outra variante trae escudo partido: primeira partición, en campo de prata, con medio corpo dianteiro dun cervo de sable, acompañado de catro cruces planas de goles, unha en cada...
-
GALICIA
Escritor e catedrático de Lingua e Literatura Española no instituto Rey Pastor de Madrid. Foi director da colección de Historia de la Literatura Española da editorial Cincel e da Biblioteca Básica de Literatura da Editorial Anaya. Exerceu como profesor de Didáctica Especial da Literatura no ICE da Universidad Complutense de Madrid e de Literatura Española nas universidades americanas de Massachusetts e Rhode Island. Ten publicado traballos de crítica literaria en La Voz de Galicia, ABC Cultural, Nueva Estafeta, e no apartado cultural de La Razón e do xornal El Mundo, e as obras Cuarenta años de novela española (1939-1979) (1979), La novela de Baroja. El esperpento de Valle-Inclán (1980), Literatura de la posguerra: la narrativa (1980), Cervantes (1981), La novela española de nuestra época (1990), Cervantes y la creación de la novela moderna (1992) e Baroja o la novela en libertad...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político de Viveiro. Foi alcalde en 1867 e xefe do partido conservador durante os primeiros anos da Restauración. Foi deputado nas cortes (1876-1881). Recibiu a Gran Cruz da Orde de Isabel a Católica.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Familia romanesa, tamén coñecida como Besarab, que reinou no Principado de Valaquia dende o 1330 ata o 1658. En 1695 o Príncipe Constantino II, Príncipe de Brancovan (Brîncoveanu), tentou, sen éxito, conquistar novamente a súa independencia. As extensas posesións da familia na Moldavia oriental fixeron que a rexión tomase o nome de Besarabia.
-
MUNICIPIOS
Municipio do territorio de Bizkaia, Euskadi, drenado polo río Nerbión (48.490 h [1996]). Situado ao S de Bilbao, pertence á súa área metropolitana. No seu termo localízanse moitas empresas industriais, especialmente siderúrxicas e metalúrxicas, pero tamén fábricas de pneumáticos (Firestone) e de materiais de construción. O proceso industrializador principiou en 1892 coa instalación da empresa Basconia S A, dedicada á metalurxia.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital do rrethi homónimo, Albania, na marxe dereita do río Shkumbin (83.300 h [1990]). Importante centro industrial, nel destacan os sectores siderúrxico e alimentario. Tamén ten unha refinería de petróleo. Fundada no s I co nome de Skampa, foi un núcleo comercial na ruta entre as penínsulas Itálica e Balcánica. No s IV construíronse as murallas da cidade e o emperador bizantino Xustiniano estableceu nela a sede do bispado. A fortaleza foi reconstruída en 1466 polo sultán Mohamed II tralo ataque turco e a cidade recibiu o nome de Elbasan, ‘fortaleza’ en turco. Nos s XVI e XVII converteuse nun importante centro de comercio e manufacturas de coiro, seda, madeira e prata. En 1832, o levantamento contra o poder turco levou á destrución da fortaleza do s XV. Do seu patrimonio cultural destacan as tumbas de varios guerreiros ilirios, os baños turcos, o Museo da Guerra de Liberación Nacional e o Museo da Educación.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Rrethi de Albania, na rexión de Tirana-Durrës (1.481 km2; 215.240 h [estim 1993]). A capital é Elbasan.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Base continuada dunha construción ou dunha parte dun edificio.
-
MUNICIPIOS
Municipio da Comunidad Autónoma de Cantabria, no val do río Miera (2.483 h [1996]). Os seus principais recursos económicos son a agricultura e a gandería, que abastecen as industrias alimentarias locais. Do seu patrimonio cultural destacan os palacios de Pezuelas, Hoyas, Las Arenas, Viar e o dos Fernández de Velasco, declarado Ben de Interese Cultural en 1985, a igrexa parroquial do s XVII e a capela do Elechino do s XVI.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Guntín. De orixe románica, construíuse na segunda metade do s XII pero reformouse no 1793 cando se edificou a capela maior de planta cadrada. Ten unha soa nave. A fachada principal ten porta de arco de medio punto cunha tripla arquivolta que descansa sobre columnas acobadeladas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Jean-Hervieuse de Basan de Flamenville.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Curva que une nun estrato xeolóxico determinado, os puntos que están a igual altitude.