"dis" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 645.

  • A novela cabaleiresca Amadís de Gaula foi atribuída na primeira edición (Zaragoza, 1508) ao valisoletano Garcí Rodríguez de Montalvo, que parece levar a cabo un labor de refundición dun ou varios textos preexistentes; segundo indica o Prólogo, Montalvo interviu “corrigiendo estos tres libros (...) que por falta de los malos escriptores o componedores, muy corruptos y viciosos se leían, y trasladando y enmendando el libro quarto”. Este aspecto motivou entre a crítica opinións enfrontadas sobre o establecemento dunha orixe castelá, portuguesa -ou mesmo francesa- para a obra en cuestión. A pesar da procedencia de Montalvo e da aparicición de fragmentos en castelán da novela en manuscritos anteriores á primeira edición, hai quen postula a existencia dun primitivo Amadís portugués baseándose nas alusións en textos portugueses dos séculos XV e XVI a un tal Vasco de Lobeira como autor da obra: así acontece na Crónica do Conde dom Pedro de Meneses, redactada por Gomes Eanes de...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ausencia ou diminución do desexo sexual.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Capaz de moderar o apetito sexual.

    2. Axente ou práctica capaz de moderar o apetito sexual.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • anafrodisíaco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Exercicio no que un acróbata, apoiado sobre un soporte chamado trinka, move cos pés toda clase de obxectos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Quen ou que practica o antipodismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dispositivo que colocado nos ángulos de ataque dunha aeronave impide a formación de xeo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado patolóxico provocado pola picada dos arácnidos, as arañas especialmente. Pode comportar trastornos locais no lugar da picadela ou trastornos xerais que, ás veces, poden chegar a producir a morte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tendencia literaria e artística cultivada nos séculos XVI e XVII, que se define pola temática bucólica, a asunción das máximas artísticas da antigüidade greco-latina, e a idealización da natureza e do amor. Nos países de lingua portuguesa, o arcadismo é unha corrente literaria que naceu a finais do XVII e continuou ata o XVIII, co fin de defender a estética neoclásica contra os excesos do Barroco. Desenvolveuse ao redor das academias literarias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tendencia política que propugna o illamento dun país respecto aos compromisos políticos internacionais. As súas orixes atópanse nos EEUU. Washington foi o primeiro en recomendar unha neutralidade absoluta respecto ás cuestións non americanas (1797). Esta doutrina foi reafirmada na declaración de Monroe (1823) e aplicada sistematicamente despois da Guerra de Secesión (1861-1865). Se ben os norteamericanos participaron nas conferencias de Algeciras (1906) e da Haia (1907) e na Primeira Guerra Mundial, ao remate da mesma o senado opúxose ao ingreso na Sociedade de Nacións e volveuse ao illamento. Esta tendencia endureceuse progresivamente ata chegar á aprobación da leis de neutralidade (1935-1939) polas que se prohibía facer préstamos e enviar axudas a países en conflito. Trala Segunda Guerra Mundial a política estadounidense baseouse nun activo intervencionismo. Gran Bretaña seguiu esta tendencia no s XIX. Joseph Chamberlain mantiña que o seu país e as súas colonias debían formar un bloque...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partidario do arredismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Circunscrición administrativa de segunda orde de Francia e Bélxica. É máis pequena ca o departamento ou provincia, pero máis extensa ca o cantón.

    2. En Francia, circunscrición administrativa dunha cidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización católica de ámbito estatal, fundada en Madrid a finais do ano 1908. Co remate do século XIX vaise producir un cambio crucial na orientación social e política do Catolicismo europeo, debido á publicación da encíclica Rerum Novarum (1891). León XIII estableceu nela as bases para unha maior penetración do movemento socio-político católico na sociedade, na busca dunha resposta que solucionase a inexistencia dun partido católico que defendese os seus intereses ante a nova organización dos Estados liberais (de tendencia aconfesional), e que se traduce nunha perda sistemática do protagonismo da igrexa. Neste contexto nacía a Asociación Católica Nacional de Propagandistas (ACNP), que participou plenamente na nova organización institucional e administrativa do novo Estado liberal español. A ACNP foi concibida como unha organización de pouco, pero escollido número de integrantes, e caracterizada como unha elite ao servizo do movemento católico español. O seu obxectivo fundamental...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de plantas herbáceas perennes da familia das liliáceas, sen tallo, con grandes follas radicais, lanceoladas, dun verde escuro e coriáceas. As flores púrpuras aparecen pegadas ao chan. Orixinarias da China (A. lurida) e do Xapón (A. elatior) son moi apreciadas como plantas de interior pola súa resistencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mecanismo, incorporado na maioría das cámaras, que retarda a acción do obturador dunha cámara fotográfica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ausencia do apéndice xifoideo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei da Taifa de Granada. Representante da causa bérber na Península Ibérica, enfrontouse ao partido árabe arraigado en Sevilla e triunfou nesta tarefa. Anexou diversos territorios: Jaén, parte de Córdoba (1038) e Málaga (1057); así mesmo, unificou os bérberes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estilo poético dos bardos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Deusa lunar da Tracia. Foi asimilada a Hécate e a Ártemis (fins do s V - inicios do s IV a C). Rendíaselle culto na illa de Lemnos, onde era coñecida co nome de Gran Deusa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplicado a aquelas persoas que contactaban coa poboación para conseguir votos a favor de Augusto González Besada, membro do Partido Conservador e protexido de Reimundo Fernández Villaverde. Este obtivo a representación do distrito de Cambados de 1899 a 1905. A súa función foi moi importante dende a aprobación da lei de sufraxio universal en 1890; os seus seguidores adoitan ser médicos, clérigos ou prestamistas vinculados ao Partido Conservador.

    VER O DETALLE DO TERMO