"hem" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 254.
-
REXIÓNS
Rexión da Europa central que constitúe, xunto con Moravia, a República Checa (52.769 km2; 6.288.356 h [1991]). Está formada polas provincias de Bohemia Central, Bohemia Oriental, Bohemia Setentrional e a capital, Praga.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía
Constituída polo macizo de Bohemia, o macizo herciniano máis grande de Europa, e, ao NO, polos macizos eruptivos de Doupovské e České Strědohří, orixe de numerosas fontes termominerais. Bohemia forma unha conca hidrográfica regada polo curso superior do Elba (Labe), o Ohře e o Vltava. Ten un clima continental. As montañas están cubertas de bosque, do que se aproveita a madeira. A agricultura está moi desenvolvida nos vales dos ríos. O carbón das concas de Kladno-Rakovník, Plzeň e Žacleř, e os lignitos da fosa tectónica do NO, xunto co ferro dos montes Metálicos, deron orixe ás industrias metalúrxicas e mecánicas. As areas de cuarzo dos vales dos ríos Ohře, Bílina e Luzická Nisa, e... -
VER O DETALLE DO TERMO
Kraj da República Checa (11.003 km2; 1.112.374 h [1991]). A capital é Praga.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Kraj da República Checa (11.345 km2; 697.334 h [1991]). A capital é Ceské Budĕjovice.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Kraj da República Checa (10.876 km2; 860.311 h [1991]). A capital é Plzeň.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Kraj da República Checa (11.240 km2; 1.232.646 h [1991]). A capital é Hradec Králové .
-
VER O DETALLE DO TERMO
Kraj da República Checa (7.8102; km 1.173.681 h [1991]). A capital é Ústí nad Labem.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sistema montañoso situado entre Baviera e Bohemia, e que constitúe un dos catro macizos que bordean o cuadrilátero de Bohemia e a división de augas entre as concas do Danubio e do Elba.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade administrativa baixo soberanía alemá creada por Hitler en marzo de 1939, cando se produciu o desmembramento de Checoslovaquia. Comprendía as provincias checas de Bohemia e Moravia, excepto os territorios dos Sudetes, que xa pertencían ao Reich dende os acordos de Múnic (setembro do 1938).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente a Bohemia.
-
-
Relativo ou pertencente a Bohemia, aos seus habitantes ou á Coroa de Bohemia.
-
Natural de Bohemia ou da Coroa de Bohemia.
-
Individuo pertencente ao pobo bohemio.
-
Lingua checa.
-
Nome dado aos individuos do pobo xitano que entraron na Península procedentes da Europa central, especialmente de Bohemia.
-
Relativo ou pertencente aos bohemios.
-
Artista que leva unha vida precaria e desordenada, desligada das convencións sociais. O termo foi posto en circulación co Romanticismo, cando a burguesía deixou de ser un movemento progresista e renovador, e o artista comezou a rexeitar a sociedade constituída. Co Naturalismo e co Impresionismo, o bohemio pasou a ser un auténtico marxinado.
-
Tipo de vida que caracteriza ás persoas bohemias. Dende o século XVIII identificouse a vida bohemia cunha forma de vida desenvolvida á marxe da sociedade establecida, sen regras nin convencionalismos onde primaban o individualismo, o inconformismo, a oposición contra o capitalismo e contra o xeito de vida burgués. No século XIX, sobre todo a partir de 1830, xurdiu en Francia a bohemia romántica, constituída por artistas e estudiantes que se reunían nos cenáculos. Dela formaron parte Théophile Gautier ou Gérard de Nerval, entre outros. Entre 1859 e 1870, a bohemia converteuse nun proletariado artístico enfrontado á burguesía capitalista, como foi o caso de Baudelaire. Nos anos setenta e oitenta, constituíron a bohemia os chamados poetas malditos, como Verlaine, Rimbaud ou Corbière, partidarios dunha existencia desordenada, defensores do nihilismo, autodestrutivos, alcohólicos e representantes da literatura da decadencia. En Italia a bohemia denominouse scapigliatura...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome de varios soberanos de Antioquía. Bohemondo I (? 1050 - Canosa di Puglia 1111) Príncipe de Antioquía (1098-1104), foi xefe das forzas normandas da primeira cruzada. Vencedor no sitio de Antioquía (1098), foi liberado da vasalaxe ao Emperador e iniciou a expansión do principado de Antioquía, ata que foi derrotado polos turcos (1104). Loitou, sen éxito, contra o Imperio Bizantino (1107). Bohemondo II (Italia 1109 - Cilicia 1130) Príncipe de Antioquía (1126-1130), fillo de Bohemondo I e Constanza de Francia. Reconquistou Kafartâb (1127). Morreu loitando contra os turcos. Bohemondo III (? 1145 - ? 1201) Príncipe de Antioquía (1163-1201). Foi derrotado e feito prisioneiro (1164) polo sultán Nūr-al-Dīn cando loitaba en Exipto; pasou a Bizancio, onde prestou vasalaxe (1165). Participou na III Cruzada e asinou a paz con Saladino. Bohemondo IV (? 1171 - ? 1233). Príncipe de Antioquía (1201-1233),...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Embarcación pequena, de dous paos, aparellados por velas a tercio, un pequeno botalón con algúns foques e unha cangrexa a popa. Antigamente era frecuente velo nas costas bretonas e galegas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Hemoglobina combinada con dióxido de carbono.
-
VER O DETALLE DO TERMO
+ osí(xeno) + hemoglobina)
-
VER O DETALLE DO TERMO
Hematoma localizado na zona subperióstica dos ósos do cranio do bebé. Normalmente, aparece dous días despois dun parto laborioso ou cando se emprega o fórceps. O sangue reabsórbese espontaneamente nunhas poucas semanas.
-
PERSOEIRO
Erudito francés. Foi catedrático de Literatura Comparada no Collège de France. Da súa produción destaca a obra Études de la littérature comparée (Estudios da literatura comparada, 1846-1875).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Revista semanal publicada pola American Chemical Society desde 1907. Contén documentación mundial sobre a química e a enxeñería química.
-
-
Conduto instalado en edificacións, barcos ou noutras construcións que dirixe o fume procedente de cociñas, fornos ou máquinas cara ao exterior.
-
-
Oco na parede dun cuarto no que se fai lume para quentarse e que bota o fume ao exterior mediante un conduto.
-
cheminea francesa
Cheminea con marco e repisa na parte superior.
-
-
Conduto na codia terrestre, en concreto en edificios volcánicos, a través do que saen ao exterior materiais procedentes do magma.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Primeira revista sobre química publicada no mundo, fundada en 1830 e continuada despois pola Deutsche Chemische Gesellschaft desde 1897 ata 1969. En 1970 substituíuna a Cheminform, que inclúe só as partes de orgánica e inorgánica da Zentralblatt.
-
CIDADES
Cidade do land de Saxonia, Alemaña, situada ao pé da vertente setentrional das montañas Metalíferas, preto do río Chemnitz (259.126 h [1998]). É un núcleo industrial que aproveita as cuncas próximas de hulla e de lignito.
VER O DETALLE DO TERMO