"imes" (Contén)
Mostrando 8 resultados de 28.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xornal publicado en EE UU a partir do 18 de setembro de 1851. Fundado por Henry Raymond e George Jones, en agosto de 1896 foi adquirido por Adolph S. Ochs. Desde ese momento, a familia Ochs-Sulzberger liderou o xornal durante catro xeracións e converteuno en piar do progresismo moderado do país, cun xornalismo afastado do sensacionalismo e a parcialidade política do emporio de Hearst. Seguindo o lema “Without fear or favor”, o xornal caracterizouse polas críticas construtivas ao goberno, como a que fixo coa publicación dos “papeis do Pentágono”. No deseño ofreceu innovacións como a separación do xornal en catro cadernos en lugar de dous, o que deu lugar á aparición doutras seccións (Deportes, Ciencias ou Arte). En 1993 incorporou a cor ás súas páxinas e abriu edicións noutros idiomas. Ten no seu haber máis de 100 premios Pulizter. Incluído dentro do grupo de comunicación de AOL-Time Warner, é o segundo xornal do país en distribución, tras o Wall Street Journal.
-
CAPITAIS
Capital do departamento de Gard, Francia (133.424 h [1999]). A súa economía baséase nas industrias téxtiles, de mobles, de calzado, de material de construción e alimentarias. Localizada sobre o antigo lugar de Nemauso, baixo os Antoninos substituíu a Narbona como capital da Galia Narbonesa. Sé episcopal a partir dos ss V ou VI, converteuse tamén en sede dun condado, incorporado en 1185 ao Condado de Tolosa. Centro conspicuo da Igrexa Albixense, foi conquistado por Luís VIII (1226), e pasou definitivamente á coroa francesa en 1271. Converteuse naquela época nun núcleo próspero, por causa do desenvolvemento da industria téxtil, levada por artesáns italianos. Abrazou a causa calvinista, e con motivo da revocación do Edito de Nantes (1685) perdeu a súa prosperidade. Ao principio do s XIX tivo que afrontar as desordes que reprimiu o duque de Angulema. Conserva numerosos monumentos da época romana, entre os que cómpre destacar a Maison Carrée (s I), templo de estilo corintio, que acolle a sede...
VER O DETALLE DO TERMO -
TERRITORIOS
Territorio languedociano que formou parte de Septimania, fronteirizo con Provenza. En 757 foi conquistado por Pipino o Breve, que puxo á súa fronte a un conde frade. Os condes de Narbona foron xeralmente tamén condes de Nîmes. No s X estaba rexido por vizcondes, que tamén o eran de Albí. Polo matrimonio, en 1061, do vizconde Ramón Bernaldo I coa vizcondesa Ermengarda de Carcassona, os seus descendentes foron tamén vizcondes de Carcassona, Rasés, Béziers e Agde. Os vizcondes de Nîmes foron vasalos de Afonso I de Aragón e en 1185 o condado de Nîmes pasou aos condes de Tolosa. A cidade foi centro albixense, ata que foi conquistada (1226) por Luís VIII de Francia. Bernaldo Odón VI foi o último vizconde de Nîmes, a quen venceu, en 1214, Simón de Montfort, e lle fixo entregar as posesións. En 1229 Ramón VII de Tolosa cedeu Nîmes a Branca de Castela, que o incorporou á coroa francesa.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Meaño. Construída en estilo románico no s XIII, ten unha soa nave e ábsida rectangular cuberta con bóveda de canón. O arco triunfal é apuntado. Da fábrica románica só se conserva o presbiterio e a portada, que se organiza con arquivoltas tóricas apoiadas en columnas acobadadas. No tímpano inscríbese unha cruz potenzada.
VER O DETALLE DO TERMO -
DIARIOS
Diario británico fundado en Londres en 1785 polo impresor John Walter co nome de Daily Universal Register e que tres anos máis tarde adoptou o nome actual. Prosperou baixo a dirección de John Walter, fillo do fundador, e chegou ao máximo desenvolvemento baixo a direccción do xornalista John Delane, na segunda metade do s XIX. Diario independente, de tendencia conservadora, foi un dos máis influentes en Gran Bretaña, precursor na introdución de avances tecnolóxicos e de novas técnicas xornalísticas. En 1981 foi adquirido pola empresa australiana News Ltd, controlada por R. Murdoch.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Que dura un trimestre.
-
Que ten lugar unha vez cada tres meses.
-
-
-
Espazo de tempo de tres meses.
-
Cousa ou conxunto de cousas que se computa por un período de tres meses.
-