"lus" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 284.

  • Segundo nivel e Idade do Mioceno Superior mariño situado sobre o Tortoniense e baixo o Plioceno Inferior. O estratotipo atópase nas proximidades de Carmona e ao N de Villanueva del Río (Sevilla) ( Mesiniense).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Oración que se reza á mañá, ao mediodía e á tardiña en conmemoración do misterio da Encarnación, que comeza coas palabras “ángelus domini”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pintura (1858-1859) do francés Jean-François Millet (Musée du Louvre). Representa unha parella de campesiños facendo un descanso no traballo para rezar o ángelus. Tivo unha gran popularidade e influíu na obra de Dalí.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta místico alemán, graduado en medicina. Adaptou as novas formas da poesía profana a unha lírica místico-relixiosa, dunha gran claridade a pesar do uso de recursos retóricos. Son notables a recompilación de poemas Cherubinischer Wandersmann (Vagabundo querubínico, 1657) e os cantos místico-pastorís.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Anexión de Austria ao Terceiro Reich alemán (13.3.1938). A unión fora proposta por primeira vez polo Partido Socialista Austríaco ao final da Primeira Guerra Mundial. A ascensión de Hitler ao poder en Alemaña fortaleceu as milicias fascistas austríacas de Seyss-Inquart, partidarias da anexión, sobre todo despois do esmagamento dos socialistas en febreiro de 1934. En marzo de 1938 as tropas alemanas invaden Austria e proclámase a anexión, ratificada en abril por plebiscito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Inciso composto dunha ou varias palabras. Na retórica latina tamén se denomina caesum, incisum e particula.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de crustáceos ao que pertence o aselo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Celébranse por iniciativa da Academia Galega, co obxectivo de reflexionar sobre a comunidade de cultura entre Galicia e Portugal. A primeira tivo lugar en Braga, os días 29 e 30 de outubro de 1955; a segunda na Coruña, os días 14, 15 e 16 de agosto de 1961. Destas asembleas obteranse unhas corenta ponencias sobre lingua, historia, folclore, etnografía e literatura comúns, publicadas posteriormente pola Academia, no ano 1967.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de moscas da familia dos asílidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de mofos da subdivisión ascomicotina, de coloración diversa, con conidióforos de extremo globuloso, cuberto de fiálides que producen rosarios de conidiósporas. Abundan sobre materias orgánicas en descomposición e son produtores de aflatoxinas. Hainos que son parasitos de animais como o A. fumigatus, causante da asperxilose. Outras especies úsanse na elaboración de bebidas alcólicas a base de arroz como o sake, na produción de salsa de soia e na industria queixeira. Pola facilidade do seu cultivo puro e do seu ciclo de vida curto empregáronse como material en investigación xenética.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de herbas perennes da familia das liliáceas ao que pertence a abrótega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución creada en 1982 en Pontevedra (A Seca) e, en 1991, en Braga. Legalizada no Estado español (20.7.1983) e portugués (8.8.1991) está presidida por Jose Luis Fontenla (Galicia) e Mª Rosa da Rocha Valente (Braga), contando ademais cos codirectores Antonio Gil Hernández (Galicia), Cristrina Mello (O Brasil) e J. L. Pires Laranjeira (PALOP). O seu obxectivo é a defensa da Lusofonía e a promoción da lingua portuguesa en Galicia, O Brasil, nos Palop (Países Africanos de Lingua Oficial Portuguesa), Timor, etc. Esta asociación organiza congresos sobre lingua, cultura e literatura dos pobos lusófonos; defende o Acordo Ortográfico de 1990 que unifica as variantes galega, portuguesa e brasileira dentro do diasistema portugués e promove o intercambio cultural e científico entre os países de lingua portuguesa, tendo colaboradores nas principais universidades galegas, portuguesas, brasileiras ou africanas, así como nas de San Petersburgo, Nova York, Utrecth, Hamburgo, Kyóto, etc. Baixo o nome...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de herbas da familia das fabáceas, de follas case sempre imparipinnadas e flores, azuladas ou amareladas, agrupadas en glomérulos ou acios. Comprende un gran número de especies, principalmente asiáticas e mediterráneas, das que máis de corenta son propias da Península Ibérica. No sueste de Galicia está presente A. glycyphyllos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario ilustrado, editado en Ribadavia o 5 de setembro de 1897, que cesou probablemente o 13 de febreiro de 1900, no número 190. Subtitulado como “Revista semanal”, foi fundado por Máximo Rodríguez e dirixido por Máximo Tomé. Colaboraron Salvador Rueda, Sofía Casanova e Rafael Abellán, entre outros. Como seccións figuraban: “Ecos noticieros”, “Ecos del mundo”, “Historieta” e “Modas”. Incluía fotografías e debuxos sobre paisaxes e obras de arte, amais dunha sección de humor e información cultural.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de bacterias, da familia das baciláceas, xeralmente Gram-positivas (aínda que en cultivos vellos o carácter Gram pode variar), en forma de bastonciño, móbiles con flaxelos perítricos, capaces de formar endosporas, que poden ser aerobias estritas ou aerobias facultativas. O máis patóxeno para o home e para os animais é o B. anthracis, o axente causante do ántrax. Hai bacilos patóxenos para os insectos que son utilizados na formulación de bioinsecticidas, como o B. thurigiensis var israelensis, de grande eficacia contra larvas de mosquito, e o B. thuringiensis var kurstaki, eficaz contra larvas de lepidópteros. Algunhas especies son produtoras de antibióticos como a bacitracina, a polimixina, a tirocidina, a gramicidina e a circulina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de insectos pau da familia dos fásmidos. En Europa pódese atopar a especie B. rossii, de ata 90 mm de lonxitude, áptera e de cor verde, que se reproduce principalmente por partenoxénese, propia de matogueiras mediterráneas do sur do continente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Produción francesa dirixida por Jean Delannoy e interpretada por Jean Gabin, Micheline Presle, Jean Desailly e Blanchette Brunoy. Este filme reflicte a historia dun barón arruinado, heroe da Primeira Guerra Mundial, que dedica o seu tempo ao xogo. Un golpe de fortuna fará que gañe un iate e un millón de francos. Baseada nunha novela de G. Simenon.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de fungos da clase dos zigomicetos, de micelio septado que ao longo do seu ciclo se desenvolve en excrementos de anfibios ou réptiles, e logo sobre coleópteros coprófagos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome co que foi coñecido o doceavo batallón lixeiro da milicia urbana de Barcelona, formado en 1835 e integrado por obreiros de tendencias republicanas. Distinguiuse nas revoltas de 1836 e 1837.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor cinematográfico norteamericano. Comezou no teatro co Second Theatre de Chicago. A súa carreira caracterízase pola interpretación de papeis secundarios e pola especialización en comedias. Participou nos filmes: Thief (Ladrón, 1981), Trading Places (Entre pillabáns anda o xogo, 1983), Canadian Bacon (Operación Canadá, 1995), Sahara (1996) e Gold in the Streets (Oro nas rúas, 1997), entre outros.

    VER O DETALLE DO TERMO