"meteo" (Contén)

Mostrando 11 resultados de 31.

  • Aparato que rexistra datos atmosféricos, como a presión, a temperatura e a humidade, e que se coloca normalmente nos globos sonda, avións e foguetes espaciais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sólido celeste, xeralmente pequeno, que non ten o tamaño suficiente para ser considerado un asteroide. O termo engloba os micrometeoritos (cando a masa do sólido é inferior aos 10-6 g) e os meteoritos (termo que, modernamente, designa os de masa grande, superior a uns 100 kg).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que está especializada en meteoroloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ciencia que estuda a atmosfera e os fenómenos que teñen lugar nela. É considerada unha parte da física e ten un marcado carácter de observación, xa que xeralmente é imposible a experimentación e a reprodución dos fenómenos que teñen lugar na atmosfera. Ten un ámbito de estudo moi parecido ao da climatoloxía, pero diferénciase en que esta trata dos valores e as pautas que segue a atmosfera durante longos períodos de tempo e, pola contra, a meteoroloxía fai referencia ao estado das variables nun momento determinado. Os primeiros estudos meteorolóxicos foron feitos no s IV a C por Aristóteles e foi no s XVII cando se fixeron as primeiras observacións da temperatura, da presión e da choiva. A finais do s XVIII e a principios do s XIX un grupo de científicos europeos estableceron unha rede de estacións meteorolóxicas e apareceron os primeiros mapas do tempo. Foron os meteorólogos escandinavos, dirixidos por V.F.K. Bjerknes e polo seu fillo, quen desenvolveron a teoría das masas de aire e das...

    2. Aplicación da meteoroloxía a diferentes campos, como é o caso da meteoroloxía agrícola, meteoroloxía marítima, meteoroloxía médica ou meteoroloxía legal.

    3. Parte da meteoroloxía que estuda as leis de movementos da atmosfera e os mecanismos de formación e desenvolvemento dos sistemas ou perturbacións meteorolóxicas de diferentes escalas, mediante a aplicación das leis da dinámica de fluídos na atmosfera. Así, a predición meteorolóxica mediante modelos numéricos é unha das partes principais da meteoroloxía dinámica. Nos estudos prácticos de diagnóstico e de predición, utilízanse mapas e diagramas que representan o estado da atmosfera a unhas horas determinadas e sobre unha extensión restrinxida.

    4. Parte da meteoroloxía que estuda a radiación solar, primeira fonte de enerxía do sistema Terra-atmosfera, e a súa transformación noutros tipos de enerxía que interveñen nos fenómenos meteorolóxicos, a termodinámica da atmosfera, a física das nubes, os procesos que dan lugar ás precipitacións, as tempestades e os meteoros eléctricos e ópticos.

    5. Conxunto de estudos prácticos que se aplican diariamente para a previsión do tempo. A micrometeoroloxía estuda os procesos que se dan na parte máis baixa da atmosfera, denominada capa límite, onde teñen lugar os intercambios de materia e enerxía coa superficie terrestre e onde os fenómenos de viscosidade, turbulencia e, en definitiva, o rozamento do aire coa terra, son máis importantes. A aeroloxía estuda as capas atmosféricas máis altas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á meteoroloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • meteorólogo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo de relevos rochosos situados na parte setentrional da chaira de Tessalia, Grecia, ao NO de Tríkala, fronte á cordilleira de Pindos. Orixináronse dunha masa de conglomerados que se formou no Mioceno por deposición deltaica e que no Plioceno e en períodos sucesivos sufriron a acción de fallas, levantamentos e posterior erosión, que lle deron un aspecto característico. Desde o s XIV foron construídos varios mosteiros, dos que destacan o da Transfiguración ou Gran Meteoro, o de Varlaam, o de Rosanni, o da Santísima Trindade ou o de Santo Estevo. Conservan importantes frescos dos ss XIV-XVI, iconas e manuscritos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sistema europeo de satélites meteorolóxicos xeoestacionais que se destinan a cubrir as necesidades específicas da comunidade meteorolóxica europea. Os seus obxectivos son a obtención de fotografías da Terra cada 30 minutos, a análise das nubes e as análises termométricas, higrométricas, radiométricas e anemométricas. O sistema Meteosat explótao comercialmente o Centro Europeo de Operacións Espaciais (ESOC). O Meteosat-1 foi lanzado pola ESA (European Space Agency) en 1977 e o Meteosat-6 está en órbita desde novembro de 1993.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización da ONU que se dedica ao campo da meteoroloxía. En 1951 substituíu o IMO (International Meteorological Organization) e ten a sede permanente en Xenebra. Os obxectivos desta organización son facilitar a cooperación entre os diferentes países (ten 152 membros) no establecemento dunha rede de estacións meteorolóxicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Personaxe da mitoloxía grega, da raza dos titáns. Fillo de Xapeto e de Clímene, unha das oceánides, favoreceu os homes doándolles o lume arrebatado, por vinganza, a Zeus. Este castigouno atándoo a unha columna e mandándolle unha aguia para que lle devorase o fígado, que sempre se lle reproducía. Foi considerado o creador dos humanos, portador do lume e da sabedoría.

    VER O DETALLE DO TERMO