"monta" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 119.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Nogueira de Ramuín baixo a advocación de santa María.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Xinzo de Limia baixo a advocación de san Salvador.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada sobre o río Faramontaos, en San Salvador de Faramontaos (Xinzo de Limia). Trátase dunha ponte de oito vans arquitrabados. Pertenceu ao antigo camiño dende Xinzo de Limia a Cualedro e Verín.
-
GALICIA
Político. De tendencia liberal, foi detido pola Inquisición e encarcerado en 1816, cando estudiaba leis na Universidade de Santiago de Compostela. Trasladouse a Madrid e foi elixido deputado pola provincia da Coruña nas lexislaturas 1836-1837, 1837-1838, 1839-1840 e 1841-1842, nas que participou no proxecto da lei de imprenta.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Fotografía composta obtida recortando diversas fotografías e pegándoas xuntas co fin de conseguir un efecto determinado.
-
PERSOEIRO
Político chileno. Foi membro fundador da Falange Nacional (1941) e do Partido Demócrata Cristiano. Elixido presidente da República (1964-1970), propugnou unha terceira vía entre o capitalismo e o socialismo. Presidente do Congreso e do Senado, liderou a oposición á Unidad Popular de Allende ata o golpe de estado de 1973.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
PERSOEIRO
Neurobióloga italiana. Pola súa ascendencia xudía tivo que abandonar Italia pouco antes da Segunda Guerra Mundial. Traballou na Universidade de Washington en San Luis (Missouri) e dirixiu o Instituto de Bioloxía Celular de Roma (1977). Descubriu o factor de crecemento nervioso (FCN). En 1986 recibiu, xunto con S. Cohen, o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina, polo descubrimento dos factores de crecemento.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Christen Sørensen.
-
PERSOEIRO
Novelista e xornalista británico. Comezou a escribir a peza de teatro The Gentleman in Grey (1907), pero inclinouse pola novela, como The Passionate Elopement (1911), Carnival (1912), Extremes meet (1928) e Extraordinary women (1928), así como unha triloxía sobre as súas experiencias na Primeira Guerra Mundial.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor barroco. Coñecido como Juan Montañés, foi discípulo de Pablo de Rojas, en Granada. Cara a 1587 desprazouse a Sevilla, onde estableceu o seu propio taller. Para a catedral desta cidade recibiu encargos como o Cristo de la Clemencia ou Crucifijo de los Cálices (1603) e Niño Jesús (1607). De 1612 foi o Cristo con la cruz a cuestas, para a igrexa de San Salvador de Sevilla e en 1620 remata o retablo, -do que destaca o san Jerónimo (1911)- do mosteiro de San Isidoro del Campo en Santiponce. A partir deste momento reduciu a súa produción, pero incrementou a calidade, pois puxo un maior coidado nos volumes, incrementou os efectos de claroscuro e optou por unha maior complexidade compositiva, como se aprecia na Adoración de los pastores, que fixo para o retablo do convento de San Leandro de Sevilla, ou en imaxes de santos como san Francisco de Borja (1625). Outra obra importante desta época foi a Inmaculada (1629), para a catedral sevillana, na que insistiu en resaltar a humanidade da...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Foi deputado liberal por Mallorca en 1881, co apoio do goberno liberal e dos sectores conservador e católico da illa. Como ministro de Ultramar (1892-1894) proxectou unha serie de reformas administrativas para Cuba e Filipinas nas que concedía unha certa autonomía para contrarrestar a insurrección, pero a protesta das Cortes obrigouno a dimitir. Ministro de Gracia e Xusticia (1894-1895) e da Gobernación (1902-1903), desde este cargo permitiu o triunfo electoral dos republicanos nas grandes cidades, asinou a constitución do Instituto de Reformas Sociais e lanzou o proxecto de reforma da administración local. Líder do Partido Conservador desde novembro de 1903, presidiu o goberno entre decembro de 1903 e decembro de 1904. No período 1907-1909 volveu á presidencia e conseguiu a aprobación do proxecto de reconstrución naval (1908), ao tempo que apoiou o caciquismo electoral e tentou impoñer unha lei especial contra o terrorismo. A extensión da oposición republicana despois dos feitos...
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Acción de montar.
-
Valor ou importancia dunha cousa.
-
Suma de varias partidas ou cantidades.
-
cuberta.
-
Tempo en que o animal macho cobre á femia, especiamente os cabalos ás eguas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
montable.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que se pode montar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aparato que se emprega para o transporte de pesos en sentido vertical, mediante unha plataforma, cabina ou gaiola que se despraza cara a arriba e cara a abaixo, encaixada en dúas guías. Malia que a súa constitución é esencialmente a mesma ca a dun ascensor, ten unha estrutura máis simple e adaptada a unha función específica. A maioría dos montacargas son movidos por un motor eléctrico pero, nalgúns casos, recórrese á tracción manual ou hidráulica. Nos almacéns automatizados poden ser empregados os montacarcas automáticos.
-
-
Que ou quen monta.
-
Obreiro especializado que monta máquinas ou aparatos.
-
-
Persoa que leva a cabo a montaxe das películas.
-
Calquera instrumento que se utiliza na montaxe de películas.
-
-
-
PERSOEIRO
Pintor italiano. Formouse en Venecia no círculo dos Bellini e estableceuse arredor de 1480 en Vicenza, onde fundou unha escola de pintura. Foi autor dunha Madonna in trono (1483), dunha Sacra conversazione e dunha Pietà (1500), así como de numerosos retablos de altar.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Membro do grupo político francés La Montagne, integrado polos elementos revolucionarios máis idealistas, durante a Revolución Francesa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
olcán activo situado na illa de Martinica, o seu cumio acada os 1.350 m de altitude. En 1902 destruíu a cidade de Saint-Pierre.