Levi-Montalcini, Rita
Levi-Montalcini, Rita
Neurobióloga italiana. Pola súa ascendencia xudía tivo que abandonar Italia pouco antes da Segunda Guerra Mundial. Traballou na Universidade de Washington en San Luis (Missouri) e dirixiu o Instituto de Bioloxía Celular de Roma (1977). Descubriu o factor de crecemento nervioso (FCN). En 1986 recibiu, xunto con S. Cohen, o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina, polo descubrimento dos factores de crecemento.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Turín