"rei" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1485.
-
-
Que agoira, que anuncia ou predí algo que vai suceder.
-
Aquel que presaxia un desastre ou acontecemento funesto no futuro por medio de indicios, intuición ou mesmo a través do voo das aves.
-
O que cre en agoiros e desgracias ou pensa sempre nelas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dereito en virtude do cal a Corte Real, un señor feudal ou o concello das cidades libres podían confiscar os bens dun estranxeiro morto no territorio da súa xurisdición.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Árbore de ata 40 m de altura, de follas persistentes, ovadas, longamente pecioladas e con flores amarelas. Aínda que é orixinaria de China, Xapón e Taiwán, cultívase en terreos ricos e húmidos de África, da costa mediterránea, de Florida, etc. Todas as partes do vexetal teñen abundantes células secretoras, que producen, entre outras substancias, o alcanfor. É unha árbore moi empregada en xardinería.
-
GALICIA
Licenciada en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela e en Filoloxía Galego-Portuguesa pola da Coruña. Comeza publicando en diferentes revistas (Ólisbos, Nós, Cadernos do Povo) e participando en recitais. Publicou A palabra no ar (1990), Memória de nove luas (1994), Grimório Azul de Samaná (2011) e O segredo de Sheela na Gig (2017).
VER O DETALLE DO TERMO
Colaborou nos cadernos de poesía Ao mar de adentro e 8 e médio. A súa poesía foi incluída en antoloxías como A mátria da palabra e Antologia de poesia lusófona. No 1994 estrea a obra teatral Eva Perón da que é coautora xunto con Ângelo Brea e Roberto Cordovani. Como ensaísta ten publicado traballos sobre lingua e literatura en diferentes revistas... -
-
Dise das persoas, animais ou obxectos que transmiten algún tipo de ledicia ou harmonía, que resultan agradables.
-
Que causa moito barullo e alboroto.
-
Soldado de cabalería que tomaba parte nas algaras.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
No Nadal de 1933 a CNT viña de colleitar un rotundo fracaso na súa última tentativa insurreccional e o PSOE, á súa vez, de perder as eleccións. En Europa, o fascismo deixara reducidas a cinsas potentes organizacións socialistas austríacas e alemanas. A maiores, a crise económica, o endurecemento patronal e o xiro á dereita dos partidos republicanos, ameazaban as conquistas obreiras do primeiro bienio republicano. Nese contexto, primeiro en Catalunya e logo na Comunitat Valenciana, vanse producir senllas tentativas de unidade entre as diversas correntes proletarias, que tomarán a denominación de “Alianzas Obreiras”. Estas, sen embargo, non estarán apoiadas nin pola CNT, nin polo PCE. Como é sabido, a conxunción de todas as forzas obreiras cun obxectivo revolucionario, tan só vai ser posible en Asturias, nos días da frustrada Revolución de outubro de 1934. En Galicia, a actitude dos libertarios vai ser, pola contra, máis aberta. Na alborada de decembro de 1935, a CRG tomou posición definitiva...
-
PERSOEIRO
Pintor e escritor. Foi un dos principais representantes das vangardas en Portugal. Estivo en contacto co grupo Orpheus. Escribiu algúns dos máis irreverentes manifestos futuristas e outros, conferencias e varios textos doutrinais: Manifesto Anti-Dantas (1915), A Cena de Ódio (1923), Direcção Única (1933), Elogio da Ingenuidade (1938), entre outros. Mantivo contactos con Sonia Delaunay e cos ballets rusos. Formou unha compañía de ballet e traballou en París como bailarín (1919). Fixo decoracións murais en Madrid e en Lisboa. Publicou A Engomadeira (1917), A Invenção do Dia Claro (1921) e Nome de Guerra (1938), así como obras de teatro, Antes de começar (1919), Deseja-se mulher (1928) e Pierrot e Arlequim (1924).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
agulleira.
-
AFLUENTES
Afluente do Lérez pola esquerda. Nace no lugar de Fraguas, na parroquia de Caroi do concello de Cotobade, a 671 m de altitude. O seu curso vaise adaptando á tectónica; comeza cun sentido S-N para virar L-O primeiro e NL-SO ata a súa desembocadura. Pasa polas parroquias de Caroi, Loureiro, Carballedo, Rebordelo, Borela e Almofrei, no concello de Cotobade, antes de chegar á parroquia de Bora, no concello de Pontevedra, onde desemboca no lugar de Ponte Bora. Drena unha cunca de 77,5 Km2con 26 km de lonxitude e aporta un caudal medio de 3,58 m3.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Cotobade baixo a advocación de san Lourenzo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Situada sobre o río Almofrei na parroquia de Almofrei (Cotobade), conta cun único van de sillería con arco oxival apoiado nas rochas. Foi construída no s XVI e forma parte do camiño que conduce de Almofrei a Mirón.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Situada sobre o río Almofrei na parroquia de Bora (Monteverde), conta cun único van de sillería con arco de medio punto rebaixado. Foi construída no s XIX e forma parte do camiño que conduce de Pontevedra a Ourense.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Publicou colaboracións en Brigantium, Cuadernos de Estudios Gallegos e Estudios mindonienses.
-
GALICIA
Funcionario da Administración local, xornalista e poeta. Colaborou en revistas e xornais como Finisterre, Sonata Gallega, Agro, Ciudad, Alba, Litoral, El Pueblo Gallego, La Noche, Faro de Vigo, El Ideal Gallego ou Diario de Pontevedra, onde desempeñou o cargo de redactor xefe. Empregou frecuentemente os pseudónimos Ramón de Silva, Emilio Ramón Álvarez e Era. No 1949 colaborou con Celso Emilio Ferreiro na fundación da colección de poesía Benito Soto, na que publicou o poemario Madrigal. Posteriormente editou Sonetos de Quicio Volante (1992), volume en que reuniu poemas escritos entre 1950 e 1990. No eido da prosa, publicou La veleta apunta a Pontevedra (1991), recompilación de textos que viron a luz na prensa entre 1947 e 1971. Entre os recoñecementos que obtivo...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor e dourador que traballa finais do século XIX. No ano 1898 encargouse de pintar o retablo colateral de Santa María de Vide (As Neves)
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto portugués. Autor do Santuario do Bom Jesús do Monte, preto de Braga.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Ambre.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Palas de Rei baixo a advocación de san Vicente.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa románica, situada en Palas de Rei, na que destaca a portada occidental, presenta dúas arquivoltas de medio punto que descansan sobre as xambas e no arco exterior aparece un zigzag que chega a formar pequenos dentes de engrenaxe. Conserva tamén a porta meridional, co lintel de lados escaleirados e unha colección de canzorros de proa baixo o beiril do mesmo lado. Esta igrexa está datada a finais do século XII.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á amenorrea.