Álvarez Negreira, Emilio
Funcionario da Administración local, xornalista e poeta. Colaborou en revistas e xornais como Finisterre, Sonata Gallega, Agro, Ciudad, Alba, Litoral, El Pueblo Gallego, La Noche, Faro de Vigo, El Ideal Gallego ou Diario de Pontevedra, onde desempeñou o cargo de redactor xefe. Empregou frecuentemente os pseudónimos Ramón de Silva, Emilio Ramón Álvarez e Era. No 1949 colaborou con Celso Emilio Ferreiro na fundación da colección de poesía Benito Soto, na que publicou o poemario Madrigal. Posteriormente editou Sonetos de Quicio Volante (1992), volume en que reuniu poemas escritos entre 1950 e 1990. No eido da prosa, publicou La veleta apunta a Pontevedra (1991), recompilación de textos que viron a luz na prensa entre 1947 e 1971. Entre os recoñecementos que obtivo cóntanse o galardón da revista Meridiano ao seu relato “El Pedrero” ou a selección da súa novela La pirueta entre as candidatas ao Premio Planeta.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Pontevedra -
Falecemento
Lugar : Pontevedra