"rot" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 672.

  • Antigos estados árabes vencellados dende 1882 a Gran Bretaña por tratados de protección que no ano 1937 se constituíron nun único protectorado. Estaba dividido nun protectorado oriental, que comprendía a rexión de Hadramawt cos estados de Saiwun, Sihr e Al-Mukalla, os sultanatos de Qisn, Suqutra, de Bar Haf, Bir Ali e os territorios de Irqah e de Al-Haura; e nun protectorado occidental, con oito sultanatos, dous emiratos e sete territorios. Algúns estados do protectorado occidental crearon no 1960 a Federación de Adén. En 1963, esta federación e a colonia de Adén formaron a Federación de Arabia do Sur, á que se sumaron outros estados, dos que algún pertencía ao protectorado oriental. Co resto do territorio, os británicos formaron un novo protectorado de Adén que, finalmente, pasou a formar parte da Federación de Arabia do Sur en 1967 para crear a nova República Popular do Iemen do Sur.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á aerotaxe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fenómeno quimiotáctico no que o estímulo determinante é a presenza ou ausencia de osíxeno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Avión de alugueiro, xeralmente de pouca capacidade e autonomía, destinado ao servizo do público.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Técnica de estudio, deseño e construción de aeronaves e doutros aparellos que se desprazan polo aire.

    2. Ciencia que trata sobre as aplicacións do aire na industria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tratamento das enfermidades por medio do aire, tanto se é do aire libre como dos baños de aire comprimido, inhalacións e demais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á aerotermodinámica.

    2. Dise dos aparellos de calefacción nos que o elemento de quentamento é o aire quente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparello aerotérmico no que o aire -quentado por un forno, vapor de auga, auga quente ou resistencias eléctricas- é impulsado por un ventilador que o proxecta cara aos lugares que cómpre quentar, a diferenza dunha estufa ou radiador, nos que o movemento do aire é por convección simple.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte da aerodinámica que estudia os fenómenos caloríficos provocados polos fluxos termodinámicos, principalmente do aire, a velocidades supersónicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tratamento terapéutico por medio de correntes de aire quente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao aire e á terra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Alteración do oído medio a causa de variacións da presión atmosférica, como as que se producen cando se viaxa en avión, especialmente durante a aterraxe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento para medir a tensión dos gases no sangue e noutros líquidos orgánicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Transporte aéreo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aeroescorregador lixeiro, sen rodas e que circula por vía especial sobre placas de aire, propulsado por motor de reacción ou motor eléctrico lineal. O primeiro foi construído por Bertin et Compa en Francia. O aerotrén ten unha vía de cemento en forma de T invertido e uns compresores que impulsan o aire a presión, de tal maneira que se forman unha especie de placas horizontais, destinadas á suspensión dos vehículos, e unhas placas laterais a ambos lados da porción vertical do raíl que serven para guiar o aerotrén. Experimentáronse diversos prototipos, que alcanzaron velocidades superiores aos 400 km/h.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reacción celular á acción do osíxeno. O aerotropismo positivo produce atracción do osíxeno no protoplasma celular; o aerotropismo negativo, produce repulsión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero africano antepasado dos Tarsiformes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Executar mediante o garrote.

    2. Apertar con forza as ligaduras dunha cousa tensándoas e dándolle voltas a un pau que se lles entrecruza.

    3. Suxeitar a alguén de xeito que non se mova ou escape.

    4. Quedar inmóbil ou ríxido un membro do corpo a causa do frío, da humidade, dunha mala postura, etc.

    5. Quedar un aparello ou mecanismo calquera sen movemento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rama da agricultura que trata da conversión dos produtos agrícolas en artigos manufacturados a nivel de industria rural.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Modalidade de turismo rural que consiste no aloxamento dos turistas nunha casa, situada no campo, e que acostuma acompañarse da súa participación nas actividades agropecuarias ou forestais.

    VER O DETALLE DO TERMO