"trona" (Contén)

Mostrando 17 resultados de 37.

    1. Muller libre, pola súa orixe, e casada, na antiga Roma. Esta denominación levaba implícito o concepto de nobreza de nacemento e tamén de honestidade e discreción femininas.

    2. Profesional sanitario que asiste nos partos.

    3. Señora que inspira respecto debido á súa idade ou corpulencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á matrona.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Radical de fórmula ã C=N(O)R.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Serie de cadernos editados en Lugo a partir de 1904. Subtituláronse “Boletín de la coronación canónica de Nuestra Señora de los Ojos Grandes”. No seu interior incluíron información sobre o certame literario e musical celebrado en honra da patroa de Lugo e todos os documentos e traballos relativos á coroación da Virxe. Imprimíronse nos obradoiros tipográficos de La Minerva, propiedade de Xerardo Castro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao patrón ou ao padroado.

    2. Asociación constituída por fabricantes ou patróns para defender os seus intereses económicos e sociais. O organismo cúpula da patronal no Estado español é, desde 1977, a Confederación Española de Organizaciones Empresariales (CEOE), á que pertencen a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), a Confederación de Empresarios de La Coruña (CEC), a Confederación de Empresarios de Lugo (CEL), a Confederación Empresarial de Ourense (CEO) e a Confederación Provincial de Empresarios de Pontevedra (CEP).

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Axuda que ofrece unha persoa, unha institución ou un organismo.

      2. Función exercida en calidade de patrón.

      1. Órgano de xestión e de representación das entidades de carácter fundacional.

      2. Institución de carácter benéfico ou cultural.

    1. Facultade de presentar un crego, en calquera dos seus graos, para a provisión dun bispado, prelatura secular ou regular, dignidades, prebendas, en catedrais e colexiais, reitorías e beneficios. O padroado eclesiástico corresponde a algunha igrexa, dignidade ou oficio eclesiástico; o padroado laico corresponde aos segrares; e o padroado mixto participa das dúas calidades, ou concorren na fundación persoas con bens eclesiásticos e con bens familiares. O dereito de padroado podíase adquirir por fundación, coa doazón do terreo, a edificación da igrexa e a dotación do seu mantemento; por reedificación, cando se pactaba co bispo; por prescrición, de máis de 40 anos e posesión inmemorial se se trataba dunha igrexa libre; e por privilexio, cando o outorgaba a Santa Sé. O código de dereito canónico que entrou en vigor en 1918 tendía xa á desaparición dos padroados. En España, no Concordato de 1753 entre Fernando VI e Benedito XIV triunfou o regalismo reafirmando o dereito...

    2. Costume medieval restablecido como dereito durante o reinado dos Reis Católicos que autorizaba os monarcas para prover a maioría dos cargos eclesiásticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Agrupación cultural creada en Montevideo o 8 de xuño de 1964, a iniciativa de Xosé Cancela Freixo. Tivo como finalidade o achegamento da colectividade galega ao pobo uruguaio e o espallamento da cultura galega en todas as súas expresións. Das súas iniciativas destacaron a creación da Escuela Galicia, a edición de libros e publicacións en galego -xunto a unha biblioteca con máis de 10.000 exemplares-, a creación do Día da Poesía Galega e o galardón Vieira de Prata, concedido cada ano a unha persoa ou institución que traballase a favor dos fins da agrupación. Tamén se fixeron cargo do programa radiofónico Sempre en Galicia e da publicación do boletín cultural Guieiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Boletín de carácter benéfico publicado na Coruña a partir de xullo de 1959. Cunha periodicidade mensual nos seus inicios, co tempo pasou a editarse cada dous meses. Recolleu os gastos, ingresos e balances económicos produto das doazóns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución fundada na Coruña en 1903 polas Escuelas Populares Gratuítas, baixo a presidencia de Alfredo Bermúdez de Castro. As súas actividades abarcaron os campos relixioso, instrutivo, económico e recreativo, e dirixíronse tanto ao persoal da clase obreira, como a membros da burguesía e da nobreza. Os seus fins eran a protección dos obreiros cunha base relixiosa católica, e abranguían actividades culturais e recreativas. Desapareceu na década de 1920.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fundación cultural privada de interese galego fundada en 1964 por Avelino Abuín de Tembra e Maximino Rodríguez Buján, baixo a presidencia de Octavio Sanmartín Rodríguez. Os seus obxectivos dirixíronse a premiar as personalidades que destacaran polas súas achegas á cultura galega, polo que anualmente entregan o galardón do Pedrón de Ouro e o Pergamiño de Honra e Loubanza, que se outorgan en Padrón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fundación constituída en Santiago de Compostela o 15 de novembro de 1947 por prestixiosos intelectuais e galeguistas, como Manuel Beiras García, Fermín Bouza Brey, Felipe R. Cordero Carrete, Xesús Ferro Couselo, Antonio Fraguas Fraguas, Manuel Gómez Román, Aquilino Iglesia Alvariño, Luís Iglesias Iglesias, Xaime Isla Couto, Xosé Mosquera Pérez, Ramón Otero Pedrayo, Paulino Pedret Casado e Xose Villar Granjel, que nomearon presidente a Luís Iglesias Iglesias, daquela reitor da Universidade de Santiago de Compostela. Os seus obxectivos eran adquirir a casa onde Rosalía de Castro viviu os seus últimos anos e cuidar do seu mausoleo, co compromiso engadido de celebrar anualmente as conmemoracións do seu nacemento e a súa morte. As misas por Rosalía, que se celebraban cada 25 de xullo, convertéronse durante o Franquismo nun acto público en que se consentía o emprego do galego e as reivindicacións nacionalistas. En 1951 accedeu á presidencia Xoán Gil Armada, e sucedérono Xosé Mosquera Perez (1961-1965)...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cadeira de brazos, ampla e cómoda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Carbonato ácido de sodio, de fórmula Na3H(CO3)2·2H2O, que cristaliza no sistema monoclínico en cristais tabulares ou prismáticos. É incoloro, branco ou amarelado e ten unha dureza de 2,5 e unha densidade de 2,17.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asentamento situado en Pías (Ponteareas). Foi escavado por F. López Cuevillas e Pericot (1927, 1930 e 1950) e por J. M. Hidalgo Cuñarro (1981 e 1989). O seu período de habitación estendeuse entre os ss VI e V a C e finais do s I. Ten unha planta elíptica ou oval, defendida por dúas liñas de muralla e un foso no sector L. As cabanas, de forma circular, elíptica e cadrada, construíronse con materiais vexetais e xabre, e con pedra as máis recentes. Probablemente tiña dúas entradas: unha ao L e outra ao O. Os restos de enxoval atopados son de cerámica autóctona decorada, ánforas romanas e muíños circulares e planos, alisadores e obxectos metálicos como fíbulas, aneis, alfinetes, pendentes, contas de colar e moedas romanas. Descubriuse tamén un gravado rupestre cunha serpe.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tempo de tormenta que se caracteriza por unha calor abafante seguida dunha forte treboada.

    2. Tormenta de tronos e alustros.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que trona.

    2. Ser imaxinario ao que se lle atribúe o poder de producir a treboada.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ter lugar unha sucesión de tronos.

    2. Resoar como un trono.

    VER O DETALLE DO TERMO