Patrona de Lugo, La
Patrona de Lugo, La
[PUBLIC]
Serie de cadernos editados en Lugo a partir de 1904. Subtituláronse “Boletín de la coronación canónica de Nuestra Señora de los Ojos Grandes”. No seu interior incluíron información sobre o certame literario e musical celebrado en honra da patroa de Lugo e todos os documentos e traballos relativos á coroación da Virxe. Imprimíronse nos obradoiros tipográficos de La Minerva, propiedade de Xerardo Castro.