patroloxía
(< gr πατηρός+ -loxía)
-
s
f
[RELIX]
Ciencia que ten por obxecto os antigos escritores cristiáns e as súas obras, en todos os aspectos (no doutrinal só recibe o nome de patrística), desde os inicios (exceptuando os libros canónicos) e ata o s VIII, en Oriente. Adoita dividir o legado literario cristián antigo en tres épocas: a prenicena, que comprende os Padres Apostólicos, os apoloxistas (Xustino), a primeira reacción antiherética (Ireneo de Lyon), os biblistas (Hipólito e Oríxenes) e os moralistas (Clemente de Alexandría, Tertuliano e Cebrián); a época de ouro, coa presenza de figuras como Atanasio e Cirilo en Alexandría, Basilio o Grande, Gregorio de Nisa e Gregorio de Nazianzo en Capadocia, Diodoro de Sicilia e Teodoro de Mopsuesto en Siria helénica, Afraates e Efrén en Siria oriental, Epifanio en Chipre, Eusebio e Cirilo de Xerusalén en Palestina e Hilario, Ambrosio, Agustín e Xerome en Occidente; e a época poscaledoniana, con Gregorio I, Boecio, Casiodoro e Gregorio de Tours en Occidente e en Oriente, o Pseudo-Denís, Máximo o Confesor, Leoncio, Severo de Antioquía ou Xoán Damasceno.
-
s
f
[RELIX]
Colección de escritos dos Santos Padres da Igrexa.