"xil" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 207.

  • Que auxilia, que presta axuda ou socorro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • No modelo actancial de Greimas (Sémantique struturale, 1966) é a competencia modal do suxeito dotado das dimensións de “poder facer” ou “non poder facer” a realización dun programa narrativo. Nalgúns casos o suxeito engloba ambas as dúas estruturas modais; noutros, o auxiliante desdóbrase en dous actantes: o adxuvante, auxiliante positivo do suxeito que corresponde ao poder facer, e o opoñente, auxiliante negativo do suxeito que corresponde ao non poder facer.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Axudar a alguén a librarse dunha situación perigosa, comprometida ou difícil.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que presta os seus servicios nun traballo, acción ou función como complemento ou axuda.

    2. Persoa que axuda ou que ten como oficio auxiliar a outra nun traballo.

      1. Dise do termo incidental empregado de tal xeito que, non representando un sentido completo, só pode ser entendido cando se atopa relacionado cun termo principal ao cal se adxunta.

      2. verbo auxiliar

        erbo incidental que depende doutro dentro dun mesmo sintagma verbal. O verbo auxiliar modifica a aquel do cal é incidente, asignándolle un matiz novo ao seu significado. Pódese descubrir que un verbo é auxiliar a partir deste carácter de subordinación respecto do outro verbo. Os verbos auxiliares que forman parte das perífrases son, fundamentalmente, ser, estar e haber. Así, por exemplo, en Filipe foi despedido por incompetente, o auxiliar é “foi”; en Vou estudar para enxeñeiro, “vou”; e en Temos que carrexar achas de leña, o auxiliar é “temos”.

    3. Profesor dun centro de ensino que axuda ou substitúe ao profesor titular en casos de ausencia ou enfermidade.

    4. Persoa destinada nun avión a atender os pasaxeiros e a tripulación.

    5. Persoa que, dun xeito permanente e estable, contrata con terceiras persoas en nome dun comerciante ou empresario, baixo a dependencia deste e a cambio dunha retribución. Nunha acepción máis ampla, toda persoa que actúa directa ou indirectamente en nome dun comerciante, mesmo de maneira autónoma, como os axentes, os comisionistas, etc.

    6. [ATS] Título da persoa que ten feitos os estudios oficiais que habilitan para exercer esta profesión: asistencia de enfermos segundo as instrucións do médico e intervencións de cirurxía menor.

    7. Unidade non combatente.

    8. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construciones y Auxiliar de Ferrocarriles, SA.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Axuda prestada a alguén que se atopa nunha situación perigosa ou difícil.

    2. Deber que, por razóns de humanidade, de parentesco, de interese público, etc, se impón pola lei obrigando a certas persoas ou entidades a axudar, asistir ou socorrer a outras, especialmente en situacións excepcionais. Deste xeito, non cumprir co deber de socorrer a toda persoa desamparada e en perigo manifesto ocasiona o delito de omisión de socorro; acontece co deber de cubrir as necesidades mínimas dos parentes pobres ou deber de alimentos e tamén co deber de prestarse auxilio mutuamente os órganos xudiciais (auxilio xudicial) ou outras autoridades non xudiciais. A omisión do deber de auxilio entre autoridades comporta o delito específico de omisión de auxilio.

    3. Función identificada por Vladimir Propp (Morfoloxía do conto, 1928) na súa análise formal dos contos marabillosos, que designa as axudas que recibe o heroe para superar as probas que se lle presentan e conseguir o seu propósito.

    4. Sacramentos e sacramentais administrados ao cristián en perigo de morte (confesión, comuñón e extremaunción): a unción dos enfermos, o viático, a absolución sub conditione, a indulxencia in articulo mortis, a axuda “a ben morrer”, etc.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que actúa con movementos rápidos e lixeiros.

    2. Que ten un estilo ou linguaxe rápido, vivo e sinxelo.

    3. Que realiza as operacións mentais con rapidez e enxeño.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Zona do corpo humano situada na parte inferior da unión do tronco co brazo. 

    2. Ángulo interno de calquera ramificación. OBS: A grafía x representa  o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á axila. 

    2. Xema nacida na axila dunha folla e que orixina, ao desenvolverse, unha póla lateral. OBS: A grafía x representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de quen se move ou emprega os seus membros con facilidade e soltura.

    2. Propiedade da persoa ou cousa que se conduce con rapidez e fluidez.

    3. Na teoloxía cristiá, capacidade consistente no poder de trasladarse dun lugar a outro de xeito instantáneo, que posúen os denominados corpos gloriosos (a Virxe María e os santos).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • de axilistrar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos telleiros ou daordes que corresponde á voz ‘volverse burro’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • de axilizar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer que algo ou alguén se mova con facilidade e soltura.

    2. Dar máis rapidez a algo para que se execute canto antes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei dos longobardos (590-616), que estendeu os seus dominios por territorio bizantino ata acadar o recoñecemento do Emperador Focas (603). A súa dona Teodolinda, católica, fixo que Axilulfo, arriano, non perseguise a Igrexa Católica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • de axixilar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Botar ao vento o cereal deixándoo caer dende unha peneira ou criba para separar o gran da palla.

    2. Poñer esponxosa ou branda unha cousa para que ocupe máis espazo do que ocupaba antes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escudeiro da Real Audiencia da Coruña. Casou en 1599 con María Pita, da que foi o cuarto e derradeiro home. Mantivo litixios con Francisco González de Lesta e cos seus fillos pola posesión do Coto de Lendoño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Nado nunha familia humilde, emigrou a Cuba con 16 anos onde comezou a súa formación artística. A súa primeira exposición, no Centro Gallego de La Habana, valeulle a concesión dunha bolsa de tres anos (1922-1924) para asistir á Academia de Artes de Madrid. Alí estudiou as obras do Museo del Prado. Trasladouse a París e entrou en contacto co ambiente artístico das vangardas. Desta etapa destacan Xardíns de Luxemburgo (1929) e Xardíns de París (1931). No ano 1930 acadou unha segunda bolsa da Deputación de Pontevedra que lle permitiu regresar a París e un ano despois asentouse definitivamente en Galicia. Fundou a revista Alborear (1931) xunto con Caldera Manzano. En 1932, unha nova bolsa da Deputación de Pontevedra permitiulle trasladarse a Madrid. A súa pintura evolucionou cara ao primitivismo, adquirindo importancia a temática paisaxista (Paseo da Ferradura) e mariñeira. O colorismo parisino foi abandonado para dar paso a un tratamento lírico da...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario aparecido en Ourense a mediados do século XIX. O seu redactor foi Manuel Santos Placer, mentres que a súa edición corría a cargo da imprenta de Pedro Lozano.

    VER O DETALLE DO TERMO