"ALE" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2433.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de pequenos coleópteros da familia dos estafilínidos, de cores escuras, que viven en lugares húmidos, alimentándose de restos vexetais, fungos ou cadáveres. Algunhas especies viven nos formigueiros, mentres outras parasitan as ninfas dos dípteros.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proxecto experimental dedicado á investigación das posibilidades que brinda a rede Internet para os cambios e evolución da arte. Nado en 1996, artículase en base a un laboratorio de creación práctica e un espazo de reflexión teórica. Ademais das obras promovidas no seu lugar da rede, participou no Arco Electrónico de Madrid.
-
-
Pertencente á orde dos alepisáuridos.
-
Peixe da familia dos alepisáuridos.
-
Familia de peixes da orde dos mitofiformes á que pertence o xénero Alepisaurus.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de peixes da familia dos alepisáuridos ao que pertence o lanzón vela.
-
CIDADES
Cidade de Siria, capital do mu ḥ āfa ẓ a de Halab, á beira do Kuweik (1.591.400 h [1994]). A cidade, dominada por unha cidadela, é o centro comercial da Siria setentrional, rexión de economía gandeira e agrícola. A importancia de Alepo como centro das rutas comerciais cara a Asia Central, que decae coa abertura da vía marítima de Suez, foi recuperada coa construción dos ferrocarrís en Trípoli, Ḥ om ṣ , Istambul, Bagdag e Basora. Conta con aeroporto e universidade. Arredor do ano 2000 a C foi unha das principais cidades hititas. Sometida sucesivamente polos exipcios, asirios, persas, seleúcidas -que a denominaron Beroía- caeu finalmente baixo o dominio árabe sobre o ano 637. Pasou despois ás mans dos selxúcidas, de Saladino, dos mongois e de Tamerlá e, finalmente, do Imperio Otomano (1516). Despois da Primeira Guerra Mundial os franceses fixeron dela a capital do Estado de Alepo. Na cidadela, que domina a cidade antiga, atopáronse esculturas...
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Peixe da familia dos alepocefálidos.
-
Familia de peixes da orde dos clupeiformes, de corpo alongado, cor escura, aletas impares situadas moi atrás e ollos moi grandes e, ás veces, telescópicos. Viven a grandes profundidades e algunhas especies presentan fotósforos. Pertence a esta familia o xénero Xenodermichthys.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente aos peixes que non teñen escamas na cabeza.
-
-
Árbore do xénero Larix da familia das pináceas, de ata 30 m de altura, de acículas caducas de ata 35 mm de lonxitude, dispostas en verticilos sobre os braquiblastos, con piñas pequenas e persistentes que non sobrepasan os 4 cm.
-
alerce europeo
-
alerce siberiano
-
alerce xaponés
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Médico especialista en alergoloxía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Especialidade médica que estudia a alerxia e os procesos alérxicos.
-
PERSOEIRO
Anarquista francés. Participou na Comuna de Marsella do 1871. Disolta esta, refuxiose en Barcelona, onde con Paul Brousse e Camille Camet, creou o Comité de Propagande Révolutionnaire Socialista de la France Méridionale (Comité de Propaganda Revolucionaria Socialista da Francia Meridional, 1873) e publicou o periódico La Solidarité Révolutionnaire (A Solidariedade Revolucionaria). Foi membro da Alianza da Democracia Socialista e representou á Federación Rexional Española da AIT no Congreso da Haia en 1872 e no de Xenebra un ano máis tarde.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Superficie móbil e articulada do avión situada no extremo do ángulo de saída da á. Serve para gobernar o movemento de balanceo da aeronave.
-
alerón Frise Tipo de alerón aerodinamicamente equilibrado para diminuír o seu cociente de momento. Emprégase en avións pequenos e medianos.
-
-
Cada unha das extremidades laterais da ponte de mando, dende as que hai unha boa visibilidade cara á proa e cara á popa.
-
-
-
Aviso ou sinal que prevé dun perigo inminente.
-
Estado de vixilancia.
-
Interxección empregada para avisar a alguén dun perigo ou espertar a súa atención.
-
Procedemento que realizan algunhas aplicacións consistente en avisar por medio de sinais acústicos ou visuais dalgún problema detectado ou que podería ocorrer de continuar adiante cun determinado proceso.
-
alerta aérea
-
estado de alerta
-
berro de alerta Grito de atención.
-
-
PUBLICACIÓNS
Publicación que actuaba como voceira das Xuventudes Socialistas do Ferrol, fundada no ano 1935.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xornal de periodicidade irregular editado en Rianxo en 1911 co subtitulo de “Periódico imparcial”. Foi unha publicación de tendencia conservadora e estivo dirixida por F. Suárez.
-
VER O DETALLE DO TERMO
oceiro das “Juventudes Socialistas” do Ferrol, editado con periodicidade mensual a partir do 1.9.1935. Foi o seu director Manuel Teijeiro Williman, representante da fracción máis radical do socialismo ferrolán. Logo dunha breve paréntese, vai reaparecer en abril de 1936 como voceiro das “Juventudes Socialistas Unificadas” da cidade departamental.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Periódico semanal aparecido en Pontevedra o 6 de marzo de 1864, que remata de publicarse en 1865. Os seus redactores eran Augusto E. Lorenzana, E. Álvarez Giménez, Severiano Regueral, Claudio Cuveiro e Xoán Sieiro. Editado por Ramón Núñez, contaba coas seguintes seccións: “Editoriales”, “Sueltos”, “Noticias Generales”, “Variedades”, “Gacetillas”, “Telegramas”, “Anuncios” e “Folletín”.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa ou aparato mecánico, electrónico ou dixital que alerta de algo.
-
-
Poñer en estado de alerta.
-
Previr a alguén dalgún perigo.
-
-
-
Que pode provocar hipersensibilidade e reaccións en forma de alerxias.
-
-
Substancia do medio que, actuando como antíxeno, pode determinar a formación de anticorpos IgE de hipersensibilidade inmediata, en persoas predispostas xeneticamente. Son compostos moi polares que xa en pequenas cantidades posibilitan a aparición dunha sensibilización alérxica. A exposición do individuo sensibilizado a calquera alérxeno pode desencadear unha anafilaxe.
-
Cada un dos extractos obtidos das substancias que se supón que poden causar alerxia, destinados ao diagnóstico específico da alerxia pola reacción que producen ao seren aplicados na pel.
-
-