"ARE" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1669.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de amarelo ou cor amarela que ten unha persoa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
narciso.
-
-
Apelido de orixe toponímica. Este topónimo procede do xenitivo dun nome de posesor latino Amarellus < Amarus ‘acedo, agrio’. Xa se documenta no século XIV: Fernán Daras d’Amarelle (doc ano 1348, Onomástica persoal do noroeste hispano de E. Rivas Quintas, p 515).
-
Antiga liñaxe posiblemente orixinaria da parroquia de Loira no Valdoviño e de San Vicente de Vilaboa en Moeche, tamén de Ferrol, entroncando cos Mandiaa. Outros recoñecen casa orixinaria en San Adrián da Vila, en Ponteceso. As súas armas levan, en campo de azur, un home armado, de prata, cunha espada denuda do mesmo metal na man destra, e un estandarte na sinistra, aos seus pés, amais de cinco cabezas de mouro con turbantes brancos. Outros apelidos relacionados con esta caste son Morelle e Mourelle.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe orixinaria de Mondoñedo. Outros apelidos relacionados con esta caste son Amarela e Marelo. As súas armas levan, escudo enteiro de cor amarela.
-
-
Da cor do ouro, do xofre ou dunha cor semellante, sexa máis claro ou máis escuro.
-
Aplícase a unha persoa falta de cor, pálida.
-
Cor amarela, unha das cores que se distinguen no espectro solar, entre o laranxa e mailo verde. As lonxitudes de onda da luz amarela están comprendidas entre 5.700 e 5.970 Å. A cor amarela é a mestura aditiva do verde e o vermello; é a cor substractiva complementaria do azul. Absorbe o azul. É unha das tres cores empregadas na síntese subtractiva tricroma.
-
Cor formada só pola luz verde e vermella, complementaria do azul.
-
-
Materia colorante amarela.
-
amarelo de acridina [clorhidrato de 3,6-diamino-2,7-dimetilacridina]
Colorante básico amarelo derivado da acridina que se empregou en medicina como bactericida.
-
amarelo de cadmio
Pigmento de cor entre verdosa e laranxa, obtido por tratamento dunha solución de sulfato ou cloruro de cadmio con sulfuro alcalino ou sulfuro de hidróxeno. A presencia de seleniuro de cadmio cambia o matiz cara a vermello ou marrón, e dá lugar aos sulfoseleniuros de cadmio. O pigmento puro é custoso e emprégase sobre todo en pintura artística. Chámase tamén amarelo brillante.
-
amarelo de Cassel
Pigmento obtido por combinación do cloruro de chumbo con óxido do mesmo metal; pódeselle atribuír a composición PbCl 2 ·7PbO.
-
amarelo de cobalto
Pigmento formado por hexanitrocobaltato (III) de potasio, K 3 [Co(NO 2 ) 6 ]· 3 / 2 H 2 O. É unha cor moi resistente á luz que se escurece mesturada coas lacas; emprégase na técnica de acuarela.
-
...
-
-
-
PERSOEIRO
Licenciado en Dereito e Ciencias Políticas, foi Vicepresidente Xeral do Instituto de Estudios de Sanidad y Seguridad Social, Secretario Xeral Técnico da Consellería de Economía e Facenda e, desde 1990, Secretario Xeral de Relacións coas Comunidades Galegas da Xunta de Galicia.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Futbolista coñecido co nome deportivo Amancio. Ao longo da súa carreira profesional militou nos equipos do Real Club Deportivo de La Coruña e do Real Madrid CF. Foi integrante da selección española absoluta de fútbol en 42 ocasións, coa que se proclamou campión de Europa en 1964, na final disputada en Madrid diante do equipo da Unión Soviética. Campión da Copa de Europa de clubs co Real Madrid CF en 1966, club co que tamén gañou o Campionato Nacional de Liga en 9 tempadas e co que conquistou 4 campionatos de España (Copa del Generalísimo). Foi máximo goleador do Campionato Nacional de Liga na 2ª División co Deportivo e en dúas oportunidades co Real Madrid na 1ª división. Entre os moitos premios que acadou cómpre citar: Premio Medalla de Prata ao mérito deportivo na Coruña, dúas medallas ao mérito deportivo nacional, Medalla de Ouro da cidade da Coruña. Foi elixido para integrar a selección mundial da Federación Internacional (FIFA) e para a europea (UEFA). Como adestrador traballou...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Comarca que adopta o nome da serra que está situada na parte máis oriental da Comunidade Autónoma de Galicia, limitando xa con Asturias e o Bierzo, en territorio de Castela e León. É un espazo de montaña que xunto á comarca de Fonsagrada, ao N, e a de Quiroga (montes do Caurel) ao S conforman as serras orientais. Correspóndese na súa maior parte co curso alto do río Navia, que discorre en dirección SO-NL. O seu volume demográfico é pequeno: 15.369 habitantes en 1996. Repártense estes nos 907 km2de superficie da comarca, o que supón unha baixa densidade demográfica de 20,4 h/km2(a media galega é de 93,5). Integran a comarca os seguintes concellos: Becerreá (3.987 h), As Nogais (1.738 h), Baralla (3.488 h), Cervantes (2.414 h), Navia de Suarna (2.116 h) e Pedrafita do Cebreiro (1.716 h). Foi unha das comarcas piloto do Plan de Desenvolvemento Comarcal da Xunta de Galicia. A súa conformación actual está regulada pola lei 7/1996 de Desenvolvemento Comarcal de Galicia....
VER O DETALLE DO TERMO -
SERRAS
Cordilleira do sector de serras orientais e surorientais de Galicia, tanto polo seu volume coma pola súa altura. Culmina nos 1.978 m de altitude no monte Cuíña ao N, 1.924 m do Mustallar ou 1.969 de Miravalles.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Director de orquestra e compositor checo. Iniciou a súa carreira no ano 1931. Dirixiu a Orquestra Filharmónica Checa (1950-1968) e a Sinfónica de Toronto (1969-1973).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que gusta de pasear, camiñar ou andar dun lado para outro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que anda moito ou que gusta de andar.
-
-
Armazón de madeira xiratoria da que pendura unha cadea de ferro, chamada gramalleira, onde van colgados os potes na cociña tradicional galega.
-
Aparello mecánico, en forma de torno, empregado para levantar a moa do muíño.
-
Asa do pote ou do caldeiro.
-
-
-
Enredar unha persoa nun asunto que é alleo confundindo a xente.
-
Facer unha obra provisional sen cuidado de que poida esmendrellarse en calquera momento.
-
-
-
Taboleiro ou anaco de lona unido a dúas barras paralelas, que serve para levar cargas sobre o ombreiro entre varias persoas.
-
Aparello en forma de cama portátil destinado a mover enfermos, feridos, impedidos ou lesionados que necesitan urxentemente asistencia médica.
-
Aparello constituído por dous soportes ou traveseiros de madeira dispostos no lombo das bestas de carga para poderen transportar herba, palla, follas secas e outras cousas.
-
Instrumento de madeira, feito con táboas transversais con respecto a dous varais, usado para transportar cousas á man. Era empregada polos mariñeiros para transportar os aparellos ata os secadoiros e tendais situados nas praias. Utilízase no transporte de redes non excesivamente pesadas. Se eran aparellos enteiros e de maiores dimensións, o transporte facíase por parellas de mariñeiros con cadansúa angarella e dispostos da forma axeitada para transportalo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aparello de pesca, semellante á volanta, formado por un cordel e unha pequena pedra ou chumbo no extremo para que se manteña estirado. Emprégase para a pesca do congro, da faneca e do ollomol.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe orixinaria de Melide. As súas armas levan, sobre campo de goles, as angarellas de madeira que levan as bestas para transportar carga. Relacionados con esta caste están os Sangarellos.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Ponteareas baixo a advocación de san Pedro.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa románica do concello de Ponteareas. En orixe, pertencía a unha fundación monástica bieita instalada alí no s XII. Trátase da única testemuña en Galicia de planta cruciforme románica con nave única e capela rectangular.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Estrela da constelación de Escorpión, a décimo sétima máis brillante da bóveda celeste (magnitude visual aparente 1) a unha distancia de 424 anos luz. É unha estrela superxigante vermella, 1.900 veces máis luminosa ca o Sol, e pertence ao tipo espectral M1.