Amaro Varela, Amancio
Futbolista coñecido co nome deportivo Amancio. Ao longo da súa carreira profesional militou nos equipos do Real Club Deportivo de La Coruña e do Real Madrid CF. Foi integrante da selección española absoluta de fútbol en 42 ocasións, coa que se proclamou campión de Europa en 1964, na final disputada en Madrid diante do equipo da Unión Soviética. Campión da Copa de Europa de clubs co Real Madrid CF en 1966, club co que tamén gañou o Campionato Nacional de Liga en 9 tempadas e co que conquistou 4 campionatos de España (Copa del Generalísimo). Foi máximo goleador do Campionato Nacional de Liga na 2ª División co Deportivo e en dúas oportunidades co Real Madrid na 1ª división. Entre os moitos premios que acadou cómpre citar: Premio Medalla de Prata ao mérito deportivo na Coruña, dúas medallas ao mérito deportivo nacional, Medalla de Ouro da cidade da Coruña. Foi elixido para integrar a selección mundial da Federación Internacional (FIFA) e para a europea (UEFA). Como adestrador traballou nas categorías inferiores do Real Madrid e chegou a dirixir o primeiro equipo.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : A Coruña