"Alca" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 261.

  • Arma característica dos guerreiros galaicos, lusitanos e celtiberos, con forma de espada curta, provista dunha folla ancha e curva e dotada dunha empuñadura curvada e aberta.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción propia dun neno que pode causar algún dano ou molestia.

    2. Acción mala feita con engano ou trampa.

    3. Engano ou trampa que fai alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compañía de teatro e monicreques creada en 1986. Entre os seus espectáculos destacan Calidoscopio, Os titirinautas, Linocho e a Lúa, Retrincos, O espírito do bosque ou As aventuras de Pepín o pelegrín. Desenvolveu un relevante labor de dinamización teatral entre o público máis novo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen fai falcatrúas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Artista plástica. Formouse na Escuela de San Fernando (1961-1964) e licenciouse en Filosofía e Letras na Universidad de Madrid (1966). Especializouse no traballo con materiais refractarios e pertenceu ao Instituto de Cerámica do Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC). Realizou exposicións individuais en Madrid, París e A Coruña. A súa obra está presente no Museo de Arte Contemporáneo de Madrid e no Museo de Arte Contemporáneo Unión Fenosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome xenérico dos glicósidos de alcaloide que se atopan en certas plantas (como a vicina e a convicina da ervella de Ceratonia ou a solanina das solanáceas) ou por síntese dos alcaloides.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poetisa chilena. Coñecida polo pseudónimo de Gabriela Mistral, foi cónsul de Chile en varias cidades e foi unha destacada educadora. Esteticamente dentro do modernismo, a súa poesía, dunha linguaxe simple, viva e lírica, chea de calidez e emoción, poetiza a vida cotiá, vinculada á terra, e amosa unha relación amorosa entre as persoas, a natureza e a cultura. Entre as súas obras destacan Desolación (1922, edición aumentada, 1954), Lectura para mujeres (1924), Ternura (1924), Tala (1938) e Lagar (1954). Recibiu o Premio Nobel de literatura en 1945.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Álvaro de Brito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illa volcánica do Océano Pacífico, no arquipélago das Salomón (6.470 km2; 60.692 h [1991]). Nela está a capital do estado, Honiara (43.643 h [1996]). Durante a Segunda Guerra Mundial foi escenario de durísimos combates entre os xaponeses e os estadounidenses.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Sevilla, Andalucía, situado ao S de Sierra Morena, limítrofe cos Llanos de Llerena (3.095 h [1996]). Posúe agricultura (cereais e legumes) e gandería (porcina e caprina). De orixes árabes, no s XVI foron descubertos varios xacementos de ouro e prata, que por causa dunha explotación ineficaz tiveron que ser abandonados no s XVIII. Do seu patrimonio cultural destacan as igrexas da Asunción (ss XIV-XVIII) e a de Santa Ana (s XVI), o convento do Espírito Santo (s XVII) e o hospital do Milagro (s XV).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Militar e político. Iniciou a súa carreira como garda mariña en 1819, ascendeu a alférez de fragata en 1824 e foi destinado como capitán a La Habana en 1846. Tras ser nomeado capitán xeneral da Armada en 1856, ocupou o ministerio de Mariña en 1866. Foi presidente da sección de Ultramar en 1868 e conselleiro de Estado ata a Revolución de 1868, en que dimitiu. Retomou este cargo coa Restauración, presidiu a sección de Guerra e Mariña e obtivo o cargo de almirante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que non se pode alcanzar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Alianza militar constituída en marzo de 1912 por Serbia, Bulgaria, Montenegro e Grecia, países cristiáns ortodoxos, co obxetivo de expulsar os otomanos de Europa Oriental.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eclesiástico. Licenciado en Teoloxía na Universidad Pontificia de Comillas (1950), ordenouse sacerdote ese ano e foi nomeado vicechanceler do bispo en 1952. Secretario xeral do Bispado de Lugo desde 1981, é cóengo arquiveiro e encargado do Museo Diocesano-Catedralicio de Lugo. Das súas obras destacan Historias Lucenses (1975) e Nosa Señora do Faro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Promotor da reforma educativa en Galicia, pertenceu ao colectivo Cravo Fondo. As súas composicións poéticas reflicten unha introspección reflexiva sobre o propio devir, estruturadas segundo os parámetros dos contos fantásticos de estilo clásico. Á súa novela iniciática Pulsando la ciudad atormentada (1975), séguelle Tránsito (1984), a súa primeira obra en galego, onde amosa vivencias estudiantís na cidade compostelá. Posteriormente, tirou do prelo Contos nocturnos (1985), os libros poéticos Emaín (1985), Rosa clandestina (Premio Leiadoura 1989) e Areas de fondo (1992) e as novelas O capitán Lobo Negro (Premio da crítica Española 1996) e Os ollos do sentinela (1997). Como ensaísta publicou a triloxía formada por Práctica sentimental (1997), Dialéctica Sentimental (1997) e Animal Sentimental (1997).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor e procurador dos tribunais. Membro dos colectivos Cravo fondo e De amor e desamor, parte da súa obra poética está recollida en diversas antoloxías, como Antología de la poesía gallega última (1991). Das súas obras destacan Víspera do día (1979), Alba de auga sonámbula (1983), Agosto (1989), Anel de mel (1993), Campo de Marte (1999), No corazón de Galicia: viaxe polas terras de Chantada e A Ulloa (2001) e Historias del Campo de Marte (2002). Recibiu o Premio Nacional de Poesía (1972), o Premio Celso Emilio Ferreiro (1979) e o Premio de la Crítica Española (1994).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Casar a alguén sen que se dean as circunstancias requiridas para a súa felicidade no matrimonio.

    2. Casar alguén sen que se dean as circunstancias requiridas para a súa felicidade no matrimonio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora. Comezou colaborando en Las Noticias e La Dona Catalana. A súa poesía é postsimbolista con elementos realistas (Rutas, 1938; La pasión desvelada, 1946 ou El viento, 1951). Tamén publicou novelas (Nina, 1949 ou Algo muere cada día, 1955), e, xunto co seu marido, Ricardo Fernández de la Reguera, escribiu dez títulos dos Nuevos episodios nacionales (1963-1973).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Celanova. Edificada sobre unha cidadela romana, no s X pertencía ao mosteiro de Celanova e no s XII reconstruíuno a Coroa. Destruído e reconstruído polos irmandiños, no s XVIII comezou a súa decadencia e construíuse a igrexa de Santa María de Milmanda, que ten como campanario unha das torres do castelo.

    VER O DETALLE DO TERMO