Guadalcanal

Guadalcanal

Municipio da provincia de Sevilla, Andalucía, situado ao S de Sierra Morena, limítrofe cos Llanos de Llerena (3.095 h [1996]). Posúe agricultura (cereais e legumes) e gandería (porcina e caprina). De orixes árabes, no s XVI foron descubertos varios xacementos de ouro e prata, que por causa dunha explotación ineficaz tiveron que ser abandonados no s XVIII. Do seu patrimonio cultural destacan as igrexas da Asunción (ss XIV-XVIII) e a de Santa Ana (s XVI), o convento do Espírito Santo (s XVII) e o hospital do Milagro (s XV).