Gutiérrez de Rubalcava Casal, Xoaquín
Gutiérrez de Rubalcava Casal, Xoaquín
Militar e político. Iniciou a súa carreira como garda mariña en 1819, ascendeu a alférez de fragata en 1824 e foi destinado como capitán a La Habana en 1846. Tras ser nomeado capitán xeneral da Armada en 1856, ocupou o ministerio de Mariña en 1866. Foi presidente da sección de Ultramar en 1868 e conselleiro de Estado ata a Revolución de 1868, en que dimitiu. Retomou este cargo coa Restauración, presidiu a sección de Guerra e Mariña e obtivo o cargo de almirante.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Ferrol -
Deceso
Lugar : Madrid