"Alicia" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 418.

  • Revista editada a partir do 25 de xullo de 1952 no Centro Galego de Caracas. Definiuse como liberal e antifranquista e estaba dirixida por Antonio Somoza Outeiral. Incluíu información sobre as actividades do centro e dos emigrantes en todo o continente, ademais de artigos culturais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Periódico editado en Santiago de Compostela a partir do 9 de xullo de 1988. Subtitulouse “Ensaio de boletín clandestino pra os amigos do Instituto Galego de Información”. Incluíu información de carácter político referida a diversas cuestións como os recursos do mar, a industria, os recursos mineiros e enerxéticos, os recursos agrarios e turísticos, etc. Ademais, engadiu diversas novas breves referidas a Europa e ao mundo, xunto con datos sobre xornadas e conferencias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista editada na Coruña a partir do 15 de novembro de 1988 por Imagen 10 SA. Cesou a súa edición o 15 de decembro do mesmo ano. Subtitulouse “La revista de información general hecha desde Galicia”. Dirixida por José A. Parrilla, incluíu artigos sobre política, moda, arte e turismo, ademais de entrevistas e comentarios bibliográficos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida na Coruña o 1 de xaneiro de 1927. Cesou a súa edición o 20 de marzo de 1930 (nº 75). Subtitulouse “Revista quincenal de cuestiones sociales. Órgano de la Federación Católico-Agraria de La Coruña”. Dirixida por Xosé Mª Taboada Lago, nos seus artigos analizábanse temas agrícolas e gandeiros, lexislación e redención de foros. Ao rematar a súa edición foi substituída por Galicia Social Agraria, publicada en Mondoñedo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida en Ourense entre xaneiro e febreiro de 1980. Foi o voceiro da Confederación Sindical Galega das Sociedades Agrarias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida na localidade de Redondela en 1895.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista mensual editada en Pontevedra a partir de 1911. Subtitulouse “Órgano de la asociación de peritos agrícolas y agrimensores de Galicia y Asturias”. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de J. Poza. Dirixida por Xosé López Otero, incluíu información variada sobre agricultura, fitotecnia, gandería, zootecnia, economía rural, industrias rurais, socialismo agrario e política profesional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista mensual aparecida en Lugo a partir de 1911. Foi o voceiro da Asociación de Peritos Agrícolas y Agrónomos de Galicia y Asturias. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de A. Suárez Sal. Dirixida por Feliciano Canto López, incluíu información sobre agricultura, zootecnia, fisiografía agrícola, agronomía, economía rural, industrias rurais e socialismo agrario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación editada en Vigo a partir do 1 de febreiro de 1895. Subtitulouse “Revista semanal consagrada al estudo y defensa de la agricultura, la industria y el comercio en Galicia”. Dirixiuna Adolfo Lahorra. Tirou do prelo cando menos 12 números. Incluíu información de carácter técnico e económico sobre agricultura, gandería, comercio e industria en Galicia. Atendeu tamén a congresos do sector e inseriu notas bibliográficas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista publicada en Santiago de Compostela a partir de decembro de 1996. Editada pola dirección xeral de Política Lingüística, subtitulouse “Boletín dos departamentos de estudios galegos”. Incluíu información sobre os centros de estudios galegos espallados polo mundo, e referencias bibliográficas sobre novidades editoriais, convocatorias de premios e actividades ou cursos relacionados coa lingua e a literatura galegas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida en outubro de 1992 na Coruña. Editada por Gestiplan SL, da súa dirección encargábase José Mª Rey Montes. Subtitulouse “Revista de información económica y política”. Tal e como sinala o seu subtítulo, incluíu datos sobre a política que se desenvolvía nas distintas administracións galegas e artigos de carácter económico, centrados nas principais industrias de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista bianual da Federación Coral Galega que comezou a súa edición en outono de 1985. Dirixida por Vicente Rodríguez Abeijón, tentaba servir como canle de comunicación entre os diferentes membros das corais de Galicia. Incluíu información sobre a historia das corais e sobre o movemento coral na comunidade galega e en xeral do resto da Península. Ademais, inseriu partituras e artigos de opinión de destacados expertos en música.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación editada en Santiago de Compostela a partir de febreiro de 1883. Cesou a súa edición o 31 de novembro de 1887 (nº 118). Subtitulouse “Revista quincenal de asuntos religiosos, científicos, literarios, etc, con exclusión de toda clase de asuntos políticos”. Dirixiuna Emilio A. Villelga Rodríguez. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Felipe de la Torre. Tal e como sinala o seu subtítulo, incluíu estudios críticos sobre relixión, unha sección literaria, onde se inseriron algúns poemas, e notas bibliográficas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización política de carácter asembleario e autodeterminista de esquerda. A súa orixe está na crise da Unión do Pobo Galego (UPG) a principios de 1977, que se saldou coa expulsión dun cento de militantes da súa á esquerda. Algúns destes, como Cid Cabido, Felipe Marzoa, Leónides de Carlos, Méndez Ferrín ou Manuel Pousada, aos que se sumaron Luís Soto, Xosé González, X. M. García Crego e Mª Xosé Queizán fundaron a UPG-liña proletaria que, no seu Congreso Fundacional, decidiu chamarse Partido Galego do Proletariado (PGP), se declaraba marxista-leninista e optaba pola independencia de Galicia. O PGP acordou un programa de mínimos e creou Galicia Ceibe (Organización de Liberación Nacional) como organización de masas. Na VI Asamblea Nacional, en 1983, dezasete dos seus membros, entre os que se atopaban García Crego e Méndez Ferrín, formularon a disolución de Galicia Ceibe e, ao non ser aceptada a súa proposta, abandonaron a organización, continuando a publicación do xornal independentista...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación editada na Coruña a partir do 15 de abril de 1929. Subtitulouse “Revista Científica e Informativa”. Fundada por Aurelio Gutiérrez Moyano, da súa dirección encargáronse o propio fundador e, dende 1971, Luis Gutiérrez Moyano. Incluíu artigos relacionados con temas técnicos, noticias do sector e unha sección na que se trataban aspectos legais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación editada en Pontevedra a partir do 8 de novembro de 1885. Cesou a súa edición o 25 de abril de 1886. Subtitulouse “Periódico semanal festivo-caricaturesco”. Dirixiuna Torcuato Ulloa. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Carragal Puga. Incluíu, ademais de artigos de opinión, poemas en castelán e galego e algúns contos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario satírico ilustrado editado na Coruña entre finais do s XIX e principios do XX. Fundouno e dirixiuno Eladio Fernández Diéguez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación editada en Santiago de Compostela a partir do 2 de outubro de 1982. Dirixida por Carlos Carballo, ao longo dos seus artigos realizaba unha análise da situación política en Galicia e no resto do Estado, ademais de información sobre educación, a economía, a Igrexa e os medios de comunicación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista editada no verán de 1992 en Santiago de Compostela. Editada por Alveiro SL, estaba dirixida por Antón Rozas Caeiro. Todos os seus artigos estaban escritos en castelán e ían acompañados da súa correspondente tradución ao inglés. Incluíu información sobre a arte e a arquitectura de Galicia, referencias a museos e pintores, ademais de datos sobre gastronomía e actividades de ocio en Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Boletín editado en Pontevedra a partir de 1991. Subtitulouse “Pontevedra deportiva”. Incluíu, sobre todo, información relativa ao deporte pontevedrés, cunha especial atención ao equipo de balonmán S D Teucro e ao Pontevedra Club de Fútbol. Ademais, engadiu resultados e clasificacións deportivas das distintas competicións futbolísticas.

    VER O DETALLE DO TERMO