Galicia Agraria

Galicia Agraria

Publicación aparecida na Coruña o 1 de xaneiro de 1927. Cesou a súa edición o 20 de marzo de 1930 (nº 75). Subtitulouse “Revista quincenal de cuestiones sociales. Órgano de la Federación Católico-Agraria de La Coruña”. Dirixida por Xosé Mª Taboada Lago, nos seus artigos analizábanse temas agrícolas e gandeiros, lexislación e redención de foros. Ao rematar a súa edición foi substituída por Galicia Social Agraria, publicada en Mondoñedo.