"Aman" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 250.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen reclama.
-
PERSOEIRO
Xurista e político. Profesor desde 1940 na Universidade de Santiago de Compostela, foi xuíz de primeira instancia en Vilalba (1908), Lalín (1911) e Betanzos (1915), e maxistrado de Audiencia desde 1933. Deputado pola Coruña como independente en 1921 e polo Partido Republicano Conservador en 1933, foi presidente da Caixa de Aforros e Monte de Piedade e decano do Colexio de Avogados de Santiago de Compostela.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Fortaleza inca situada ao N de Cuzco, Perú. Construída ao redor do s XV con grandes bloques de pedra superpostos sen argamasa, ten unha lonxitude de 365 m e unha altura de 18 m.
-
PERSOEIRO
Poeta francés, señor de Saint-Amant. De nome Marc-Antoine Girard, escribiu, entre outros, os poemas Les “goinfre” e “Le melon”, con influencias de Rabelais, e o poema satírico “Rome ridicule” (1643).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
píntega.
-
CAPITAIS
Capital e cidade da provincia de Salamanca, Castela e León, situada na ribeira dereita do Tormes (156.368 h [2001]). É un importante mercado agrícola e gandeiro, que conserva o seu antigo interese como centro universitario e administrativo. Identificada coa antiga Helmantiké ou Salmantica, foi conquistada por Aníbal en 217 a C. Baixo o dominio romano, formou parte de Lusitania e, desde 712, quedou en poder dos musulmáns ata a conquista de Toledo (1085). Durante os reinados de Afonso VIII e Afonso IX elaborouse o foro da cidade e fundouse a universidade (1200). Foi o centro da industria téxtil castelá e mercado exportador de la. No s XVI a universidade converteuse nun foco cultural de Europa, grazas ao prestixio dos seus mestres, que constituíron a escola de Salamanca. Ocupada polas tropas napoleónicas (1809), foi liberada por Wellington. Durante a Guerra Civil Española (1936-1939), foi sede de varios ministerios do goberno franquista e de organizacións falanxistas. A cidade vella foi declarada...
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do estado de Guanajuato, México, situada na beira do río Lerma (226.654 h [2000]). Destaca como centro de mercado de trigo, millo, legumes e froitas. Ten refinaría de petróleo, muíños de fariña e industria téxtil, de curtidos de pel, de produtos químicos e de cerámica.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia da Comunidade Autónoma de Castela e León, formada por 106 municipios (12.336 km2; 345.609 h [2001]). A súa capital é Salamanca. O hábitat é disperso, predomina o poboamento en pequenas aldeas, e ademais da capital destacan os núcleos de Béjar (15.123 h [2001]), Ciudad Rodrigo (13.991 h [2001]) e Santa Marta de Tormes (12.090 h [2001]). As maiores densidades de poboación localízanse no contorno da capital e do núcleo de Béjar. A base da súa economía é a agricultura, onde destacan os cultivos de trigo, legumes, hortalizas, froiteiras e oliveiras, a gandaría porcina, vacúa e de la, e a industria ligada á produción agropecuaria, á fabricación de panos e á produción de enerxía eléctrica.
-
PERSOEIRO
Político, marqués de Salamanca. Participou en conspiracións liberais e foi deputado (1836). Axiña iniciou a súa actividade financeira e adquiriu unha enorme fortuna. Unido ao sector puritano dos moderados, ocupou o ministerio de Facenda (1847), pero enfrontado con Ramón María Narváez Campos, dimitiu e ocupouse dos seus negocios. Representou ao distrito de Ortigueira como deputado (1853-1854) e na Restauración foi deputado e senador por outros distritos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo de xuristas e teólogos dos ss XVI-XVII vinculados á Universidad de Salamanca que crearon un corpo de doutrina sobre dereito natural, dereito internacional e teoría monetaria. Os seus principais integrantes foron Francisco de Vitoria, Melchor Cano e Juan de Santo Tomás. A raíz dos descubrimentos e da colonización de América desenvolveron un corpo de doutrina sobre dereito natural e o dos pobos que constituíu a base do dereito internacional.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acordo asinado en Salamanca en 1505 polo que Fernando II de Aragón o Católico, Filipe I o Fermoso e Xoana I a Tola se comprometeron a gobernar conxuntamente os reinos de Castela e León. Filipe e Xoana foron xurados reis polas cortes, e Fernando, gobernador a perpetuidade. As intrigas da nobreza castelá, favorecida por Filipe I e Maximiliano de Austria, conduciron á formación dun bando partidario dos Habsburgo, que quería desprazar ao monarca aragonés, que pactou con Luís XII de Francia (Tratado de Blois, 1505) e casou con Xermana de Foix. Para contrarrestar os efectos desta alianza, Filipe I acercouse ao Reino de Castela, que levou á sinatura deste tratado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de anfibios urodelos, da familia dos salamándridos, ao que pertence a píntega.
-
-
Relativo ou pertencente aos salamándridos.
-
Urodelo da familia dos salamándridos.
-
Familia de urodelos de tamaño mediano, de corpo pouco alongado e lacertiforme, coas patas anteriores con 4 dedos e as posteriores con 4 ou 5, coa punta redondeada e sen membrana interdixital, cavidade bucal con dentes, fecundación interna, na terra ou na auga, xeralmente ovíparos e con metamorfose ou sen ela. Levan unha vida anfibia e hibernan en terra.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
píntega.
-
PENÍNSULAS
Península da costa NL da República Dominicana, situada entre a bahía homónima ao S e a baía Escocesa ao N.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia da República Dominicana (854 km2; 91.875 h [2002]). A súa capital é Santa Bárbara de Samaná 51.501 h [2002]).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Afganistán (15.465 km2; 274.000 h [estim 1982]). A súa capital é Āybak (5.200 h [estim 1982]).
-
-
Relativo ou pertencente á dinastía samánida.
-
Membro da dinastía samánida.
-
Dinastía musulmá que gobernou Persia e Transoxiana desde 892 a 999. O Imperio Samánida estendeuse a Corasmia, Ṭabaristān, Sīstān e Ǧurǧān, e os crecentes estados veciños buwayhí e os il-khans velaron por ela. As loitas familiares internas foron deixando o goberno en mans de escravos funcionarios turcos, un dos cales, Alptigīn, a aniquilou definitivamente.
-
-
PERSOEIRO
Escritor. Fiel á corrente didáctica do neoclasicismo e seguidor dos enciclopedistas franceses, cultivou o xénero da fábula, para o que seguiu os modelos dos clásicos, Esopo e Fedro, e dos máis modernos, como La Fontaine. Escribiu Fabulas morales (1781) e o opúsculo contra Iriarte Observaciones sobre las fábulas literarias.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xurista. Presidente da Sociedad Cubana de Derecho Internacional, foi senador (1902-1910) e xuíz do Tribunal Permanente de Xustiza Internacional da Haia (1922-1945). En 1928 presidiu a VI Conferencia Panamericana, na cal foi aprobado o código de dereito internacional privado, coñecido como Código Bustamante. Escribiu Tratado de derecho internacional privado (1896) e Derecho internacional público (5 volumes, 1933-1938).
VER O DETALLE DO TERMO