"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • Sultán marinida de Marrocos (1331-1348). Criado polo Emir de Granada Yūsuf I, fixo o derradeiro intento de recuperación dos territorios do Al-Andalus ocupados polos cristiáns hispánicos, sendo derrotado definitivamente na Batalla do río Salado (1340). Na expansión cara ao leste conquistou Tilimsen (1337) e Tunicia (1348), pero foi vencido por unha coalición de tribos árabes e forzado a abandonar Ifrīqiya (1349). Durante o seu reinado o Imperio marroquí acadou o seu máximo esplendor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico de Bagdad, cristián. É autor de Taqwīm al-i ḥḥ a (Rectificación da saúde), obra que foi unha das primeiras en expoñer en cadros sinópticos a ciencia médica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Granada (1466), chamado polos cristiáns Mulei-Hacén. Principiou a Guerra de Granada co ataque e toma de Zahara (1481). A reacción castelá (toma de Alhama, 1482), resultou favorecida polas loitas entre as faccións formadas en torno a Soraia (Isabel de Solís), amante de Abū-l- Ḥ asan, e A’iša, sultá e nai do seu fillo Abū ‘Abd Allāh (Boabdil), sublevada na súa contra ( Muammad XI de Granada). A rebelión estoupou cando o rei mandou asasinar os Banū Sira ǧ (ou Abencerraxes). Ante a ameaza cristiá, Abū-l- Ḥ asan abdicou no seu irmán Muhammad XII Abu Abd ‘Allah.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático árabe que contribuíu ao desenvolvemento da trigonometría. É autor do Kitāb al-handasa (Tratado de xeometría).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Profesor de Literatura Española na Universidade de Santiago de Compostela. Con anterioridade fora docente da mesma materia na Universidade de Dijon (Borgoña), onde se doutorou. Publicou traballos sobre Castelao, Rosalía, Cela e o teatro español contemporáneo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Posesión abondosa de bens materiais.

      1. abundancia cósmica

        Proporción de átomos ou núcleos dun elemento observada na composición dun obxecto estelar ou dos raios cósmicos.

      2. abundancia cósmica relativa

        Abundancia cósmica dun elemento verbo doutro.

    2. Porcentaxe en que, nunha mestura natural de isótopos dun elemento químico, se atopa cada un destes isótopos.

    3. Gran cantidade, máis ca suficiente, dunha cousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Porcentaxe en que, nunha mestura natural de isótopos dun elemento químico, se atopa cada un destes isótopos.

    2. Gran cantidade, máis ca suficiente, dunha cousa.

    3. Posesión abondosa de bens materiais.

      1. abundancia cósmica

        Proporción de átomos ou núcleos dun elemento observada na composición dun obxecto estelar ou dos raios cósmicos.

      2. abundancia cósmica relativa

        Abundancia cósmica dun elemento verbo doutro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que amosa abundancia.

    2. Calificativo que expresa unha idea de abundancia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que amosa abundancia.

    2. Calificativo que expresa unha idea de abundancia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que se dá con abundancia, en moita cantidade.

    2. Que ten fartura de algo, xeralmente bens económicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo da cidade italiana de Como. No Concilio de Constantinopla (450) combateu, por encargo do Papa León I, a herexía nestoriana, que consideraba inaceptable atribuír á natureza divina o que era de natureza humana. A súa festa celébrase o 14 de abril.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Acacio de Constantinopla ou a Acacio de Cesárea.

      1. Seguidor das doutrinas de Acacio de Cesárea.

      2. Adepto ao cisma acaciano.

    2. (482-519) Cisma provocado polo patriarca Acacio de Constantinopla, quen instigou o Emperador Zenón á publicación do Henōtikōn, edito de unión de tendencia monofisita que non foi aceptado polo Papa Fiz III quen excomungou o patriarca iniciando o cisma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Patriarca de Constantinopla (471-489) que promoveu o cisma acaciano na Igrexa de Oriente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • British Academy.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución, primeira do seu xénero en Galicia, fundada por un grupo de estudiantes da Facultade de Leis da Universidade de Santiago de Compostela o 28 de xaneiro do 1731. O seu presidente foi Pablo Mendoza de los Ríos e o seu secretario Carlos Barreiro de los Ríos. Entre os seus obxectivos estaban o exercicio no debate intelectual e o perfeccionamento do estilo literario, organizando nas súas sesións debates sobre temas xurídicos e dando a coñecer producións literarias. Algunhas destas disertacións, así como textos en prosa de temática variada e sonetos, foron recollidas no volume Theatro Moral y Político de la noble Academia Compostelana (1731).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acadèmia de la Llengua Catalana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo de creadores de pequenas animacións en formato GIF constituído por deseñadores moi activos que presentan traballos e discuten sobre este tipo de creacións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Real Academia de Bellas Artes de San Fernando.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución dedicada ao ensino das artes creada en València no ano 1753 co nome de Academia de Santa Bárbara, grazas á iniciativa de Ignacio e José Vergara. En 1768 adoptou outra denominación por un privilexio do Rei Carlos III. Salienta o seu importante fondo de pintura valenciana medieval e moderna, constituído no ano 1838. Publica a revista Archivo de Arte Valenciano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución creada polo Congrés Catalanista do 1880 para se opoñer á anarquía ortográfica derivada do fracaso dos Jocs Florals do 1863. A súa existencia foi sempre polémica malia o entusiasmo de Àngel Guimerà. Artellou unhas Regles ortogràfiques (1916) alternativas ás do Institut d’Estudis Catalans (1913).

    VER O DETALLE DO TERMO