"André" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 485.
-
PERSOEIRO
Médico. Nacionalizouse norteamericano en 1941. Colaborou con D. W. Richards no estudo das enfermidades do corazón e dos pulmóns, e no desenvolvemento de técnicas para medir o funcionamento destes órganos, como o cateterismo cardíaco. Ambos os dous compartiron con W. Forssmann o Premio Nobel de Medicina e Fisioloxía en 1956.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Poeta. Técnico e realizador de TVE, pertenceu ao grupo Brais Pinto e fundou o Cine-Clube en Vigo. Director do centro rexional de RTVE en Galicia. Colaborou na prensa con múltiples artigos sobre cine e realizou programas de televisión sobre persoeiros galegos. Publicou Acoitelado na espera (Premio Unity Galega de Nova York, 1960) e Indo para máis perto (1979), que inclúe Doente na espranza (Premio do Centro Gallego de Bos Aires, 1962), ademais dalgúns relatos e poemas en castelán.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor. Comezou a súa formación como carpinteiro, ebanista e tallista para despois estudar na Escola de Belles Arts de Barcelona. Participou en 1936 na Exposición Loxicofobista de Barcelona. A súa estética é surrealista e, aínda que cultivou a arte figurativa, realizou obras metálicas onde empregou materiais de refugo como ferros ou variñas dos paraugas. Recibiu o Premio Nacional de Artes Plásticas en 1990.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Motociclista. Debutou na competición en 1985. En 1987 disputou as súas primeiras carreiras no Campionato do Mundo, na categoría de 80 cc. Un ano despois proclamouse subcampión mundial de 80 cc. Na tempada seguinte (1989) conseguiu o título mundial na cilindrada superior (125 cc). Despois de pasar pola categoría de 250 cc sen rexistrar grandes triunfos, en 1992 accedeu á cilindrada dos 500 cc. Nesta cilindrada conseguiu en 1998 o terceiro posto na clasificación final do Mundial e en 1999 o título oficial.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Teólogo e bispo de León. Doutor en Teoloxía pola Universidad de Alcalá de Henares, foi catedrático de Teoloxía nesta universidade desde 1545 a 1557, ano no que foi nomeado bispo de León. En 1555 Carlos I encargoulle a redacción das primeiras constitucións da universidade compostelá co fin de darlle continuidade ao Estudio creado polo arcebispo Fonseca. En 1561 volveu ser reclamado por Carlos I para asistir como teólogo ao Concilio de Trento.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Príncipe dos principados unidos de Moldavia e Valaquia (1859-1862) e do principado de Romanía (1862-1866). Levou adiante unha reforma agraria, fundou dúas universidades e secularizou os bens da Igrexa. Os estamentos tradicionalistas e conservadores, coa axuda de potencias estranxeiras, obrigárono a abdicar.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Eclesiástico grego. Bispo de Corinto en 1921 e arcebispo de Atenas en 1938 e 1942. Foi desterrado polo goberno grego (1938-1941). Opúxose á ocupación alemá e protexeu os xudeus. O Rei Xurxo II nomeouno rexente de Grecia (1944-1946).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Astrónomo francés. Director do Observatorio Astronómico de París e presidente da Unión Astronómica Internacional, tamén foi membro da Académie des Sciences. Destacou polos seus estudios fotométricos de Venus e de Mercurio e polo descubrimento da influencia que o grao de actividade solar ten sobre o aspecto da Lúa. Ideou diversos instrumentos de precisión, entre os que cómpre salientar o astrolabio impersoal. Entre as súas obras destacan Description du ciel (Descrición do ceo, 1926) e Astronomie Générale (Astronomía xeral, 1953).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor e litógrafo. Cultivou a caricatura e a litografía irónica para despois dedicarse á pintura. En Esmirna (1828) adoptou a temática oriental e máis tarde cultivou un realismo precursor de Millet e Courbet.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico belga. De formación lingüística e musical, deu o seu salto ao cine no ano 1966 coa película De man die zijn haar kort liet knippen (O home do cranio rasurado). O éxito crítico deste filme permitiulle rodar posteriormente películas nas que reflexiona sobre a realidade, como son Un soir, un train (Unha noite, un tren, 1968), Rendez-vous à Bray (Cita en Bray, 1971), Belle (Fermosa, 1973), Een vrouw tussend hond en wolf (Muller entre can e lobo, 1979), Benbenuta (1983) ou L’oeuvre au noir (Obra en negro, 1988).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor francés. Estudiou na Académie Carrière (1898-1899) e na Académie Julian (1904). Traballou con Vlaminck (1899), con quen descubriu a arte negra. Pintou con cores puras e vivas, con trazos fragmentarios e cunha composición monumental. No Salon d’Automne de 1905, onde se concretou o fauvismo, presentou obras como Vue de Collioure (Vista de Collioure, 1905). Influído por Cézanne e o cubismo (1907), abandonou o fauvismo; entre as obras deste período destacan Baigneuses (Bañistas, 1908) e Vue de Cadaqués (Vista de Cadaqués, 1910). Trala Primeira Guerra Mundial encamiñouse cara a unha figuración clásica e pintou paisaxes, retratos, bodegóns e nus como La beau modèle (A bela modelo, 1923). Realizou decoracións teatrais entre as que destacan as dos Ballets Russes (Ballets rusos, 1919) de D’agilev.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Astrofísico. Foi director do observatorio de Meudon e de París. Estudiou a espectroscopia de bandas moleculares e a física do Sol con luz monocromática, e traballou na busca dunha posible relación entre os fenómenos solares e o magnetismo terrestre, e en espectrografía estelar. Descubriu o espectroheliógrafo, que permite obter imaxes das diversas compoñentes monocromáticas da luz solar.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor francés. Discípulo do flamengo Nicasius Bernaerts, especializouse na pintura de animais, escenas de caza e naturezas mortas. Realizou estudios paisaxísticos do natural para realizar os fondos das súas composicións. Entre as súas obras destaca Brocart gardè par cinq chiens (Brocart protexido por cinco cans). Realizou tamén tapices para a manufactura dos Gobelins.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor. Foi músico da corte de Luís XV e ocupou un posto na Académie Royale de Musique. Introduciu importantes innovacións harmónicas. Da súa produción destaca a peza Issé (1697) e ademais compuxo motetes, cantatas, ballets e óperas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Ensaísta, farmacéutico e químico. A súa obra tivo dous aspectos: os estudios para intentar demostrar que a arte románica se orixinou en Catalunya e a elaboración dunha ambiciosa teoría sobre as civilizacións e os ciclos históricos. Entre as súas obras destaca Matemática de la historia.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Atleta. Especializado nas carreiras de medio fondo, participou en dúas edicións dos Xogos Olímpicos: nos de Atlanta 1996 correu na distancia dos 800 m; en Sidney 2000 disputou as probas dos 1.500 m, e na final rematou no sétimo posto, polo que recibiu o diploma olímpico. Tamén participou en Campionatos do Mundo: nos de Sevilla 1999 foi quinto nos 1.500 m, distancia na que gañara ese ano a Medalla de Bronce no mundial en pista cuberta celebrado en Meabashi. A súa mellor clasificación nos campionatos de Europa foi o cuarto posto que acadou en pista cuberta nos 800 m en 1996 e nos 1.500 m en València no ano 1998. En 1999 converteuse en plusmarquista europeo dos 1.500 m en pista cuberta, ao cubrir a distancia en 3’ 33’’ 32 centésimas. O seu palmarés complétase coa medalla de prata dos 800 m na Universiada de 1997 e dous campionatos de España de pista cuberta na mesma proba, en 1992 e 1997.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fotógrafo francés. Iniciou as súas creacións fotográficas retratando imaxes de xogos infantís en Nîmes. Posteriormente trasladouse a Brest, onde abriu un estudo de daguerrotipos. A partir de 1854 instalou en París o seu estudio, onde se especializou nos retratos da burguesía. Rapidamente, comezou a expansión comercial de Disdéri, quen a finais dese mesmo ano fundaba a sociedade Disdéri et Cie e adquiría a concesión oficial para fotografar os obxectos da Exposición Universal de París de 1855. Entre 1865 e 1868 abriu dous estudios en Londres e outro,posiblemente, en Madrid. Retratista de Napoleón III, as súas creacións caracterizáronse polo coidado do enfoque, o encadramento, a luz e a profundidade de campo. Entre as innovacións que achegou ao mundo da fotografía destacan unha fórmula para a exposición instantánea do colodión, un método para a preparación dun papel especial que axudaba á fixación da imaxe, unha caixa para a fotografía “instantánea” e unha fotomecánica para un proceso semellante...
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Monforte de Lemos. Construíuse a partir dos muros da primitiva igrexa do s X que pertenceu ao mosteiro de Cinsa. No interior destaca o retablo maior neoclásico coas imaxes de santa Bárbara, Cristo e santo André.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Emperador romano (308-309). Foi vicario de África (303-306). Probablemente foi proclamado emperador polas súas tropas na primavera ou no outono do 308, malia a súa avanzada idade. O prefecto do pretorio, Rufo Volusiano, sufocou a revolta do exército no 309 e, seguindo as ordes de Maxencio, fixo executalo.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Comerciante e militar. Embarcou en Cádiz con destino a Montevideo e trasladouse a Bos Aires, onde se estableceu como comerciante. Durante o ataque dos ingleses á cidade (1806), enrolouse no Tercio de Gallegos e foi nomeado tenente da Compañía de Granaderos. Foi capitán (1807) e membro do cabido de Bos Aires (1808). A Junta Superior del Reino confirmouno no cargo o 13 de setembro de 1809, pero foi cesado o 17 de outubro de 1810 e desterrado a Ranchos. Logo da independencia, volveu a Bos Aires e dende 1821 continuou coa súa actividade comercial.
VER O DETALLE DO TERMO