Dérain, André
Pintor francés. Estudiou na Académie Carrière (1898-1899) e na Académie Julian (1904). Traballou con Vlaminck (1899), con quen descubriu a arte negra. Pintou con cores puras e vivas, con trazos fragmentarios e cunha composición monumental. No Salon d’Automne de 1905, onde se concretou o fauvismo, presentou obras como Vue de Collioure (Vista de Collioure, 1905). Influído por Cézanne e o cubismo (1907), abandonou o fauvismo; entre as obras deste período destacan Baigneuses (Bañistas, 1908) e Vue de Cadaqués (Vista de Cadaqués, 1910). Trala Primeira Guerra Mundial encamiñouse cara a unha figuración clásica e pintou paisaxes, retratos, bodegóns e nus como La beau modèle (A bela modelo, 1923). Realizou decoracións teatrais entre as que destacan as dos Ballets Russes (Ballets rusos, 1919) de D’agilev.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Chatou -
Deceso
Lugar : Chambouray, Yvelines