Díaz Díaz, Andrés Manuel
Atleta. Especializado nas carreiras de medio fondo, participou en dúas edicións dos Xogos Olímpicos: nos de Atlanta 1996 correu na distancia dos 800 m; en Sidney 2000 disputou as probas dos 1.500 m, e na final rematou no sétimo posto, polo que recibiu o diploma olímpico. Tamén participou en Campionatos do Mundo: nos de Sevilla 1999 foi quinto nos 1.500 m, distancia na que gañara ese ano a Medalla de Bronce no mundial en pista cuberta celebrado en Meabashi. A súa mellor clasificación nos campionatos de Europa foi o cuarto posto que acadou en pista cuberta nos 800 m en 1996 e nos 1.500 m en València no ano 1998. En 1999 converteuse en plusmarquista europeo dos 1.500 m en pista cuberta, ao cubrir a distancia en 3’ 33’’ 32 centésimas. O seu palmarés complétase coa medalla de prata dos 800 m na Universiada de 1997 e dous campionatos de España de pista cuberta na mesma proba, en 1992 e 1997.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : A Coruña