"Apo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 488.

  • Famosa estatua de bronce da Antigüidade grega, xa dun clasicismo moi desenvolvido, obra de Lisipo, que representa un atleta no acto de se limpar ou unxir o brazo dereito co cepillo (apoxiomenos). Só se coñecen copias porque os orixinais se perderon.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome dado ao apoastro dos satélites de Xúpiter con relación a este.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ara romana dedicada aos deuses lares que chegou intacta ata o ano 1601, cando o arcebispo Xoán de San Clemente, quizais aconsellado por Ambrosio de Morales y Oliva, decidiu borrar a inscrición por considerala de orixe pagá. Segundo a tradición trátase da lápida que os discípulos do Apóstolo levantaron sobre o seu sepulcro. Foi descuberta polo bispo Teodomiro no s IX. En virtude da Concordia de Antealtares pasou a ser propiedade dos monxes dese mosteiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten aspecto ou forma semellante á dun raposo.

    2. O que fala, obra ou mira con receo ou cautela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Carácter derivado non compartido por outras especies.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do distrito federal de México, actualmente suburbio residencial da capital. Foi unha das cidades máis importantes de México antes da conquista. Habitada polos tapanecas, obtivo a hexemonía a mediados do s XIV reinando Tezozomoc. Os seus dominios estendíanse polos territorios das cidades veciñas de Texcoco e Colhuacan.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Biblioteca pública do estado do Vaticano, herdeira da primitiva biblioteca papal. Iniciada propiamente despois da Cisma de Aviñón, cara ao 1376, a actual biblioteca fundada polo pontífice Sixto IV coa bula Ad decorem militantis Ecclesiae (15.6.1475) deriva, así mesmo, das primeiras recoleccións feitas por Nicolao V (1447-1475). Actualmente, malia a separación do Arquivo Secreto Vaticano da biblioteca, acontecida durante o pontificado de Paulo V, os manuscritos superan os 70.000, os incunables os 8.000 e os volumes impresos o 1.800.000. Durante o pontidicado de Pío XII (1939-1958) entraron varias coleccións de manuscritos como o Arquivo do Capitolio de san Pedro e o fondo musical da Capella Gioulia, a carón da Capela Sixtina. Na fin do pontificado de Pío XII e durante os de Xoán XXIII (1958-1963) e de Paulo VI (1963-1978) adquiríronse novas coleccións de mauscritos e códices. No que atinxe á tradición manuscrita da lírica galego-potuguesa o cancioneiro do códice de pergamiños Vat....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á persoa groseira, que usa as frases e palabras máis obscenas e indecentes na conversa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Boletín que comezou a publicarse en La Habana en 1915. Cesou en 1955. A lingua que utilizaba era o castelán agás algunha frase esporádica ou algunha cita en galego. Este boletín era un xeito de “gaceta oficial” que recollía textualmente todo o que se dicía nas sesións da Asamblea de Apoderados. Serviu de libro de actas e incluía debates, informes de comisións especializadas, balances financeiros, contabilidade, situación do sanatorio, do teatro, do colexio, etc. Trátase dunha valiosa crónica que dá mostra do esforzo e interese común dos emigrantes polas institucións que os agrupaba. Cada edición do boletín tiña case 300 páxinas. Publicouse regularmente durante uns 45 anos, ata que o Centro Galego desapareceu.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Napoleón III.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Napoleón I Bonaparte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que é moi presumida, que ten moita vaidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de Aragón. Filla de Carlos II de Nápoles e Margarida de Hungría, casou con Xaime II. Tivo chancelería propia e foi nai de Afonso IV o Benigno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Libro no que se inclúen, entre outros, relatos da predicación do apóstolo Santiago na Hispania. Téñense referencias del dende o s VII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dispositivo empregado para identificar os dous polos, positivo e negativo, dun xerador de corrente continua ou de dous bornes dun circuíto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe natural de Pontecaldelas. Relacionado con esta caste está o apelido Cacharopo. As súas armas levan, en campo de goles, un cachapo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pao longo cun extremo máis avultado ca o outro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos caiapós.

    2. Individuo do conxunto de tribos caiapó.

    3. Conxunto de tribos indíxenas do Brasil da familia jê, situadas entre o curso medio do río Araguaia e do Xingu.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Superintendencia de finanzas da Igrexa Romana presidida por un cardeal camarlengo. Apareceu no s XI como financeira da curia e dos bens temporais da Igrexa, e nos ss XIII-XIV absorbeu algunhas funcións en materia penal e civil. Actualmente lle corresponde a defensa do patrimonio temporal da Igrexa, e o camarlengo goza de facultades extraordinarias en caso de desocupación da sé pontificia.

    VER O DETALLE DO TERMO