"BRE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 949.

  • PERSOEIRO

    Pianista. Discípulo de Edwin Fischer, está considerado un dos mellores intérpretes de Liszt e Mozart. Debutou en Graz en 1948. Gravou o ciclo completo das Sonatas para piano de Beethoven e de Schubert. Dende a década dos sesenta é intérprete habitual do Festival de Salzburgo e de Viena.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor en lingua hebrea. É autor de ensaios sobre escritores hebreos modernos. Instituíuse en Israel un premio literario á súa memoria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Sevilla, Andalucía, ao NE de Sevilla, regado polo río Guadalquivir (10 314 h [1991]). É importante o sector agrícola e gandeiro, aínda que tamén conta con industrias de conservas, papel e pensos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fluorocarbonato de calcio, de fórmula Ca2[F2/CO3]. Cristaliza no sistema rómbico, formando agregados radiais incoloros ou lixeiramente brancos. Ten dureza 5. O único xacemento localizado está en Schellkopf (Brenk, Eifel).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor cinematográfico norteamericano. Comezou traballando como extra e dobre nalgúns filmes en Hollywood. Conseguiu tres Oscar como mellor actor secundario pola súa interpretación en Come and Get it/Roaring Timber (Rivais, 1936), Kentucky (1938) e The Westerner (O forasteiro, 1940). Participou tamén nas películas Dakota (1945), Along the Great Divide (Camiño da forca, 1951), Rio Bravo (1959) e Support your Local Sheriff! (Tamén un shérif precisa axuda, 1969).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Porto dos Alpes centrais que comunica o Tirol austríaco coa provincia italiana de Bozen. Cunha altitude de 1.372 é un dos portos máis baixos dos Alpes, camiño natural entre a Europa central e a mediterránea. Crúzao a liña férrea que une Múnic, Insbruck, Verona e Roma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xefe galo, que cara ao 390 a C, dirixiu unha tribo de guerreiros celtas, os galos senónicos, na Etruria central e venceu os romanos en Allia, para logo tomar Roma. A paz, negociada despois dun longo asedio, supuxo o pago polos romanos dun tributo de mil libras de ouro. Os romanos queixáronse do emprego de pesos falsos polos galos nas balanzas e Breno, botando a súa espada nunha delas, disque exclamou: Vae vitis (Ai dos vencidos!).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Guionista e realizador cinematográfico irlandés establecido en EE UU. Traballou primeiramente como guionista en Hollywood, aló polo ano 1909. Máis tarde continuou a súa carreira como realizador dirixindo a coñecidas estrelas do cine mudo de entón. Acolleu con certo escepticismo a chegada do cine sonoro. Dirixiu, entre outras, The Clown’s Triumph (O triunfo do pallaso, 1912), A Daughter of the Gods (A filla dos deuses, 1916), The Woman with four Faces (A muller con catro caras, 1923), The Great Gatsby (O gran Gatsby, 1926), Living dangerously (Vivindo perigosamente, 1936) e The Flying Squad (A escuadra voadora).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Cee baixo a advocación de santa Baia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PRAIAS

    Praia da beira oriental da ría de Corcubión, situada no litoral da parroquia de Brens, no concello de Cee.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Roberto Vidal Bolaño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Un dos 32 distritos do Gran Londres, Gran Bretaña (247.525 h [1996]. Formado no ano 1965 pola unión dos distritos de Wembley, residencial, e Willesden, área industrial onde se asentan industrias mecánicas e alimentarias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora romántica, coñecida polo nome de Bettina von Arnim. Adquiriu celebridade coa obra Goethes briefwechsel mit einem kinde (Correspondencia de Goethe cun neno, 1835). Escribiu tamén libros de carácter político e de crítica social.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo e psicólogo alemán. Gran coñecedor de Aristóteles, fundamentou a filosofía nunha rigorosa elaboración dos conceptos. Partiu dos estudios dos fenómenos psíquicos, caracterizados pola intencionalidade. Afirmou a existencia de xuízos evidentes en si mesmos e, xa que logo, verdadeiros e, de xeito análogo, a existencia de efectos xustos ou rectos en si mesmos. Fundamentou unha teoría obxectiva dos valores e unha metafísica. As súas obras principais son Psychologie vom empirischen Standpunkt (Psicoloxía dende o punto de vista empírico, 1874), Vom Ursprung sittlicher Erkenntnis (Da orixe do coñecemento moral, 1889) e Über die Zukunft der Philosophie (Sobre o futuro da filosofía, 1893).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político alemán. Fundador da Christlich-Demokratische Union (CDU) en Hessen (1945), foi vicepresidente do comité director do Consello de Europa e vicechanceler do goberno federal do 1956. No 1961 foi nomeado presidente do seu partido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista alemán. Foi un dos creadores do Kathedersozialismus, unha terceira vía entre o socialismo materialista e o liberalismo. Defendeu o librecambismo e a neutralidade da administración na vida económica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. ervellaca.

    2. Planta que nace de forma abundante entre o centeo e o trigo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe orixinaria de Padrón. As súas armas levan, en campo de azul, un terreo ateigado de brenzas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • AFLUENTES

    Afluente do Deza pola marxe dereita. Nace preto da Serra de Fornelos na parroquia de Losón, no concello de Lalín.

    VER O DETALLE DO TERMO