"BS" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 258.

  • PERSOEIRO

    Rei de Alemaña e do Sacro Imperio Romano Xermánico (1273-1291), duque de Austria, Carintia, Estiria e Carniola (1276-1282). Ao suceder ao seu pai, o conde Alberte IV, foi conde de Habsburgo e landgrave de Alta Alsacia (Rodolfo IV, 1239?-1291). A súa elección como rei puxo fin ao interregno (1250-1273). Enfrontouse ao Rei Otakar II de Bohemia, que polo Tratado de Viena (1276) viuse obrigado a cederlle Austria, Carintia, Estiria, Carniola e Istria, que repartiu entre os seus fillos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Observatorio situado no concello de Garafía, na illa de La Palma, Canarias, a unha altura duns 2.400 m, no monte do mesmo nome, preto da chamada Caldera de Taburiente. Construído con colaboración internacional, foi inaugurado en 1985 e conta co telecopio NOT.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Observatorio astronómico situado nas proximidades de San Fernando (Cádiz). Construíuse entre 1763 e 1798 no outeiro de Torre Alta, a cargo da mariña española. Durante moitos anos o seu meridiano foi referencia nos mapas náuticos españois. En 1791 comezou a publicar o Almanaque náutico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás rexións ao S do Sáhara ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante das rexións ao S do Sáhara.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Asinar ao pé dun documento xurídico todas aquelas persoas que o avalan.

    2. Estar conforme con algo dito ou escrito.

    3. Abonar a alguén a unha asociación ou a unha publicación periódica.

    4. Abonarse a algo para ter dereito a un servizo, a un abastecemento, ou para contribuír a soster unha empresa, unha obra social ou unha publicación periódica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de subscribir ou subscribirse.

      1. Adquisición dos títulos dunha sociedade.

      2. subscrición preferente

        Dereito preferente concedido aos accionistas dunha sociedade sobre as accións emitidas para ampliar o capital.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de subscribir.

    2. Que está escrito debaixo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen subscribe ou se subscribe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Subdivisión dunha sección.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cargo e oficina do subsecretario.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Funcionario que suple ou axuda ao secretario.

    2. Membro do goberno, nalgúns países, con funcións que equivalen ás do viceministro ou ás do secretario de estado, aínda que con atribucións máis restrinxidas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Subdivisión dun sector principal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que vén inmediatamente despois, no espazo ou no tempo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que está provisto dun pecíolo ou dun pedúnculo moi curto.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Movemento descendente do aire nunha grande extensión que se presenta en situacións anticiclónicas. O movemento é lento e provoca un quentamento do aire.

      1. Afundimento dun sector da superficie terrestre.

      2. Afundimento dunha conca de sedimentación provocada pola acumulación progresiva dos sedimentos, depositados de forma horizontal nun groso de auga non moi grande.

    2. Desaparición gradual dun acceso ou dunha doenza.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de subsidiario.

    2. Tendencia favorable á participación subsidiaria do Estado no apoio das actividades privadas ou comunitarias.

      1. Criterio que pretende reducir a acción do Estado ao que a sociedade civil non pode chegar por si mesma.

      2. Principio aplicado ao proceso de integración europea para limitar a intervención das autoridades comunitarias nos supostos de que os estados membros non poidan ser eficaces por si mesmos. Segundo este principio a Unión Europea non actúa, agás nos sectores da súa competencia exclusiva, ata que a súa acción é máis eficaz ca a emprendida no ámbito nacional, rexional ou local.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que axuda ou reforza algo.

    2. Aplícase á responsabilidade, á pretensión ou á acción disposta para substituír a outra principal en caso de que esta falle.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Axuda económica de carácter oficial, outorgada a unha persoa, entidade ou país, para atender determinadas necesidades, individuais ou colectivas.

    2. Axuda extraordinaria e temporal que se concede ao traballador en desocupación ou en paro en proporción ao seu salario base e tendo en conta as cargas familiares e o tempo cotizado. Durante o período de percepción do subsidio o traballador acóllese á seguridade social sen ter que satisfacer as cotas respectivas.

    3. Prestación da seguridade social destinada aos traballadores que son cabeza de familia. Adoita ter un carácter temporal.

    VER O DETALLE DO TERMO