subsidio

subsidio

(< lat subsidĭu)

  1. s m [DER]

    Axuda económica de carácter oficial, outorgada a unha persoa, entidade ou país, para atender determinadas necesidades, individuais ou colectivas.

  2. subsidio de paro [DER]

    Axuda extraordinaria e temporal que se concede ao traballador en desocupación ou en paro en proporción ao seu salario base e tendo en conta as cargas familiares e o tempo cotizado. Durante o período de percepción do subsidio o traballador acóllese á seguridade social sen ter que satisfacer as cotas respectivas.

  3. subsidio familiar [DER]

    Prestación da seguridade social destinada aos traballadores que son cabeza de familia. Adoita ter un carácter temporal.