subsistencia

subsistencia

(

    1. s f

      Feito de subsistir unha cousa.

    2. s f

      Feito de facer que alguén subsista.

    3. economía de subsistencia

      Economía que pretende a produción para o consumo do que é necesario para subsistir.

  1. s f

    Conxunto de medios necesarios, especialmente alimentos, para o sustento da vida humana.

  2. s f [FILOS/RELIX]

    Termo escolástico cun significado non sempre preciso, que designa aquela calidade dun ente ou dunha esencia en virtude de que esta non precisa doutra cousa para ser o que é. É propia das substancias, sendo as substancias completas perfectamente subsistentes, mentres que as substancias incompletas son imperfectamente subsistentes; e tamén dos xéneros e das especies.

Palabras veciñas

subsidiario -ria | subsidio | subsistema | subsistencia | subsistente | subsistir | subsolador