"Bes" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 224.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Barcelona, Catalunya, situado no sector setentrional da comarca (13.727 h [2001]). Os principais sectores son o téxtil, as destilarías e os talleres metálicos.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital do wilāya de Sidi Bel Abbès, Alxeria, situada no Atlas do Tell (150.260 h [1998]). É centro dunha rexión produtora de gran, viño e gando. Fundouse en 1843 durante a ocupación francesa.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Wilāya de Alxeria (9.258 km2; 525.632 h [1998]). A súa capital é Sidi Bel Abbès.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Agrupación de armadores de pesca do palangre que actuou en Vigo durante a década de 1930. Mediou na conflitividade xurdida nos anos 1931 e 1932, cando a consecuencia do crack de Nova York (1929) se depreciou a sardiña e houbo enfrontamentos laborais entre mariñeiros e patronal.
-
PERSOEIRO
Político e politicólogo. Doutor en Ciencias Políticas, foi técnico comercial do Estado desde 1968. Membro do PSOE, participou na negociación para a adhesión de España na Comunidade Económica Europea e a finais de 1985 foi nomeado secretario de Estado para as relacións coa CEE. Foi deputado pola provincia de Alacant nas eleccións de 1996. Ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación (1991-1993), de Economía e Facenda (1993-1996) e comisario de Economía e Asuntos Monetarios da UE desde 1999, en 2004 foi nomeado ministro de Economía e Facenda e vicepresidente segundo do Goberno.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Artista. Foi cofundador e membro do Equipo Crónica (València), caracterizado por un novo concepto da pop art. Dado que a base do equipo era a colectividade, a súa repentina morte provocou a fin. Foi moi crítico ante a realidade e os mitos contemporáneos da súa época. Da súa obra destacan Las Meninas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Forxador. As súas obras, como as reixas de Saint-Germain-des-Prés (París), da catedral de Rouen e da porta da casa do concello de Nantes, realizounas nun estilo xeométrico elegante e sobrio. Publicou La Ferronnerie d’art, du XIe siècle au XIXe siècle (1929) e Ferronnerie moderne (1939).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Subconxunto non baleiro F dun espazo vectorial E (sobre un corpo K) tal que é estable para as dúas leis de E e que, provisto destas leis inducidas, é tamén un espazo vectorial (sobre K).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Categoría taxonómica inmediatamente inferior á especie, que está integrada por individuos da mesma especie pero que presentan certas características particulares que fan que se parezan máis entre eles que os outros individuos da especie.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ás plantas que se dan nunha rexión sen seren autóctonas dela.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estación transformadora secundaria que está destinada á transformación e distribución da enerxía eléctrica e á conexión entre dous circuítos ou máis.
-
-
Estimar ou avaliar algo ou a alguén en menos do que vale.
-
Terse por menos do que se vale.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estado de enfraquecemento ou consunción.
-
CAPITAIS
Capital da wilāya de Tbessa, Alxeria (153.246 h [1998]). Situada ao pé dos montes de Tbessa a 850 m de altitude, está rodeada de xacementos de fostatos. Coñecida como Theveste, conserva un arco triunfal romano, erixido no s III na honra de Caracalla.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Wilāya de Alxeria (14.984 km2; 549.066 h [1998]). A súa capital é Tbessa.
-
LIÑAXES
Liñaxe de orixe galega que trae por armas, en campo de azul, unha árbore de sinople, deitada de catro cunchas de vieira de ouro, dúas en cada flanco, colocadas en pau. Outro trae, en campo de azul, unha banda de ouro, acompañada de dous crecentes de prata, ranversados, un no alto e outro no baixo. Outro, en campo de prata, unha cruz cóncava, de sinople.
VER O DETALLE DO TERMO -
MACIZO
Macizo montañoso de África sahariana, situado ao N de Chad e que se estende tamén polo S de Libia e por un pequeno sector do NL de Níxer. Acada 3.415 m no monte Emi Koussi, altitude máxima do Sáhara. Ten algúns sectores esteparios e algúns oasis na periferia.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
VER O DETALLE DO TERMO
(A Coruña 1947) Ceramista e escultor. Trasladouse a Londres onde fundou o Grupo de Trabajo Gallego con T. Barro e estudou cerámica no Goldsmiths College University of London (1974-1977). Ampliou estudos en Gloucester e en EE UU, e ao regresar en 1979 traballou en Sargadelos ata 1980. En 1989 participou na creación do European Ceramics Work Centre en Holanda do que foi director (1992-1999). En 1999 trasladouse a Chicago como profesor de escultura na The School of the Art Institute of Chicago. Realizou esculturas cerámicas monumentais, de carácter conceptual que se converteron en ensamblaxes ao tempo que iniciou a realización de cabezas, soas ou en grupo, temática constante na súa traxectoria, da que destaca a serie Exquisitos nómades, iniciada en 1983. Mostrando xuntos diversos obxectos, entre os que se atopan as cabezas, realizou en 1988 a serie Descriptions without a place. Posteriormente traballou a porcelana a grande escala e fixo paisaxes, figuras...
-
DEPARTAMENTOS
Departamento de Perú (4.669 km2; 183.609 h [estim 1998]). A súa capital é Tumbes (87.557 h [estim 1998]).
VER O DETALLE DO TERMO