Solbes Mira, Pedro

Solbes Mira, Pedro

Político e politicólogo. Doutor en Ciencias Políticas, foi técnico comercial do Estado desde 1968. Membro do PSOE, participou na negociación para a adhesión de España na Comunidade Económica Europea e a finais de 1985 foi nomeado secretario de Estado para as relacións coa CEE. Foi deputado pola provincia de Alacant nas eleccións de 1996. Ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación (1991-1993), de Economía e Facenda (1993-1996) e comisario de Economía e Asuntos Monetarios da UE desde 1999, en 2004 foi nomeado ministro de Economía e Facenda e vicepresidente segundo do Goberno.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Pinoso, Alacant