"Bra" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1231.

    1. Lentitude dos latexos do corazón, por debaixo de 60 pulsacións por minuto nos adultos e de 70 nos nenos.

    2. Bradicardia producida por un ritmo nodal. Este ritmo, que aparece cando falla o sinusal, está entre 30 e 40 pulsacións por minuto.

    3. Bradicardia provocada por un ritmo sinusal lento. É frecuente en persoas sas e atléticas, e no puerperio, sen significado patolóxico, aínda que tamén está asociada a certos estados morbosos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lentitude na execución dos movementos voluntarios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Polipéptido formado pola secuencia arxinina-prolina-prolina-glicina-fenilalanina-serinaprolina-fenilalanina-arxinina, de acción hormonal vasomotora, que se atopa en diversas glándulas sudoríparas e dixestivas. Tamén estimula a fibra muscular lisa, provoca constrición dos bronquios, hipotensión e taquicardia, e aumenta a secreción gástrica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Alongamento considerable da pausa diastólica, que acostuma aparecer en lesións do miocardio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    *Baleiro*

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Debilidade extrema da iniciativa, do interese e da actividade psicomotora, provocada por determinadas alteracións psíquicas e do sistema nervioso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Disartria caracterizada pola lentitude anormal na articulación das palabras, debida a lesións no sistema nervioso central.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lentitude anormal na expresión falada non atribuída a un retardo mental.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dixestión lenta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Respiración anormalmente lenta.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Mamífero da familia dos bradipódidos.

    2. Familia de mamíferos da orde dos xenartros ou edentados á que pertencen os individuos dos xéneros Bradypus e Choloepus, coñecidos co nome de preguiceiros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lentitude, a miúdo anormal, dos procesos psíquicos do pensamento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Diminución da frecuencia do pulso debido a un retardo dos latexos do corazón ou á produción de extrasístoles que non alcanzan as arterias periféricas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente aos bradisismos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento ascendente ou descendente do solo nunha área determinada da superficie terrestre. Obsérvase especialmente nas áreas costeiras, onde a superficie do mar dá un nivel de referencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Evolución morfolóxica lenta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo inglés. Ingresou no University Collage de Oxford en 1865, onde influíu no Neohegelianismo. En The Principles of Logic (Os principios da lóxica, 1883), continuou e perfeccionou a maneira hegeliana de tratar os temas lóxicos, especialmente, o xuízo e o siloxismo, ao igual que en Appearance and Reality (Apariencia e realidade, 1893). En A Metaphysical Essay (Un ensaio metafísico, 1893), mesturou as teorías de Hegel e de Spinoza cun sentido místico pouco hegeliano que sitúa a superación das contradicións nun absoluto no que todo está contido, e ao que se chega por unha experiencia inmediata. Escribiu tamén: The Presuppositions of Critical History (Presuposicións de crítica histórica, 1874), Ethical Studies (Estudios éticos, 1876) e Essays in Truth and Reality (Ensaios sobre verdade e realidade, 1914).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Astrónomo inglés. Membro da Royal Society (1718) e profesor en Oxford (1721). Foi o descubridor da aberración da luz (1727) e da nutación do eixe terrestre (1748). En 1742 sucedeu a E. Halley como astrónomo real e como director do observatorio de Greenwich. Dende 1750 ata 1762 realizou unhas 60.000 observacións de estrelas co fin de medir a súa paralaxe e deducir a súa distancia á Terra. Máis tarde F. W. Bessel aproveitou estes datos para facer un catálogo de 3.222 estrelas (1818).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeneral norteamericano. Tomou parte na Segunda Guerra Mundial. Ocupou Bizerta en 1943 e, un ano despois, dirixiu as forzas norteamericanas no desembarco de Normandía; ocupou Bretaña e penetrou ata o Elba onde se uniu ao exército soviético. Foi presidente do comité de xefes do estado maior e representante norteamericano no comité de defensa do Pacto do Atlántico (1949-1953). Publicou as súas memorias en A Soldier’s Story (Historia dun soldado, 1951).

    VER O DETALLE DO TERMO