Bradley, Francis Herbert
Filósofo inglés. Ingresou no University Collage de Oxford en 1865, onde influíu no Neohegelianismo. En The Principles of Logic (Os principios da lóxica, 1883), continuou e perfeccionou a maneira hegeliana de tratar os temas lóxicos, especialmente, o xuízo e o siloxismo, ao igual que en Appearance and Reality (Apariencia e realidade, 1893). En A Metaphysical Essay (Un ensaio metafísico, 1893), mesturou as teorías de Hegel e de Spinoza cun sentido místico pouco hegeliano que sitúa a superación das contradicións nun absoluto no que todo está contido, e ao que se chega por unha experiencia inmediata. Escribiu tamén: The Presuppositions of Critical History (Presuposicións de crítica histórica, 1874), Ethical Studies (Estudios éticos, 1876) e Essays in Truth and Reality (Ensaios sobre verdade e realidade, 1914).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Clapham -
Deceso
Lugar : Oxford