"CAD" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 940.

  • Capa de toxos e abrollos que se emprega para cubrir os valos e muros e ao mesmo tempo serve como defensa ás hortas, viñedos e campos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos telleiros que corresponde á voz ‘bandexa (de patacas)’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Fileira de bancos. SIN: grada.

    2. Nun terreo inclinado, zona que se pode adicar ao cultivo grazas á construción de pequenos muros. SIN: bancal, socalco.

    3. Grupo grande de peixes que pasan xuntos. SIN: banco.

    4. Conxunto de bancos feitos de táboas traveseiras que van de babor a estribor nos botes e que serven de asento aos remeiros, ou bancos que se colocan dentro do bordo nas embarcacións menores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Agrupación musical fundada en 1868 por Antonio Perdiz, formada por 10 compoñentes. No período comprendido entre 1876-1890, faise cargo da banda Xosé Pereira, substituído polo seu fillo Xosé Pereira que a dirixiu ata 1899. A continuación fíxose cargo Xesús Reguera, quen en 1905 se levaría a todos os músicos da banda naturais de Paredes e Ponte Sampaio e fundou a Banda de Paredes. Por este motivo, a banda de Arcade quedou moi reducida e, en 1905, será Baldomero Franco quen a reorganizou e dirixiu ata 1913, sendo relevado por Xoán Romay. En 1920 fíxose de novo cargo Baldomero Franco ata o 1928, cando Manuel Bouzón tomou a batuta e conseguiu o III Premio nun certame de Bandas de Pontevedra (1934). Ao ano seguinte cambiou de nome, e de denominarse Popular de Arcade pasou a ser Artística de Arcade. A súa época máis frutífera foi a comprendida entre o 1940 e 1960, anos nos que acadou o I Premio nun certame de bandas de Pontevedra e o II nun de Vigo. En 1974 ocupou a dirección Adonis Ferreiro durante...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Agrupación musical fundada en Arcade (Soutomaior) o 18 de abril de 1982. Na actualidade, está dirixida por Celso Santos Lorenzo e conta con 37 compoñentes dos que 31 son mozos, con idades comprendidas entre os 11 e os 20 anos, formados musicalmente nunha academia creada dentro da mesma banda, baixo dirección do propio director musical. Dende a súa fundación vén realizando diversas actividades nos concellos da provincia e fóra dos límites provinciais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Carga ou totalidade de pasaxeiros que leva unha barca nunha viaxe.

    2. Cada unha das viaxes que realiza unha barca.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Barco.

    2. Liñaxe oriúnda de Ferrol. Relaciónanse con esta caste os Barcadeiro e Barcadiga. As súas armas levan, en campo de azul, un barco de carga sobre ondas de azul e prata.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Desprendemento de terra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Barreira improvisada, feita con calquera tipo de obxectos, bocois, carros, mobles, pedras, táboas, paos, sacos de area, etc, para pórse ao cuberto e estorbar o paso ao inimigo no combate. Os parapetos, orixinariamente ligados ás guerras de relixión francesas, estiveron no medio da insurrección e resistencia das masas urbanas de Europa. Os anarquistas exaltáronas como símbolo da loita obreira, feito que se ve no seu himno Ás barricadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista subtitulada “Boletín de los comités de estudiantes en lucha (CEL)”, que apareceu en Santiago de Compostela posiblemente a comezos do ano 1974. Cesou non antes do 20 de maio de 1975, no seu número 2. A intención da revista era expoñer a opinión dos que estaban en contra da universidade oficial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • de beatificar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Humanista italiano. Tamén era coñecido como Antonio da Boloña ou Panormita. Doutor en dereito e poeta laureatus, foi conselleiro e preceptor de Afonso o Magnánimo entre o 1434 e o 1458. Fundou en Nápoles a Academia Panormitana, logo Academia Pontaniana. É autor, entre outras obras, da colección de poemas en latín Hermaphroditus (1424-1425) e dunha biografía de Afonso o Magnánimo: De ditis et factis Alphonsi regis (Ditos e feitos do rei Afonso, 1455).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de beliscar.

    2. Marca que deixa un belisco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cardeal. Introduciu en Córdoba a Congregación do Oratorio. No 1705 foi nomeado bispo de Cartagena. Armou cos seus propios cartos a 4.000 homes para combater contra os partidarios do arquiduque Carlos de Austria en Murcia. Declarou a guerra santa nunha carta pastoral en defensa da lexitimidade como Rei de España de Filipe V, quen o recompensou coa lugartenencia e capitanía xeral de València, que non aceptou. Non obstante , cando o Papa Clemente XI recoñeceu a Carlos de Austria como Rei de España, púxose declaradamente de parte da Santa Sé. O Papa recompensouno co nomeamento de cardeal (1719). Loitou pola reforma da disciplina relixiosa, para o que obtivo do Papa a publicación da bula Apostolici ministerii (Ministerios apostólicos, 1723). En 1724 renunciou ao bispado e retirouse a Roma, desde onde continuou loitando para acadar un acordo pacífico nas relacións entre Filipe V e o Papa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DUCADOS

    Título concedido no 1688 por Xacobe II de Inglaterra, co condado de Tinmouth e a baronía de Bousworth, ao seu fillo natural James Fitz James Stuart, quen destacou na guerra de Sucesión española (1713-1714).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Real Academia Galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de bicar.

    2. Comida que a ave leva dunha vez no peteiro para alimentar as súas crías.

    3. Golpe que as aves dan co bico.

    4. Parte boa dalgunha cousa que obtén ou da que se apropia alguén con pouco traballo ou a baixo prezo.

    VER O DETALLE DO TERMO