Belluga de Moncada, Luis

Belluga de Moncada, Luis

Cardeal. Introduciu en Córdoba a Congregación do Oratorio. No 1705 foi nomeado bispo de Cartagena. Armou cos seus propios cartos a 4.000 homes para combater contra os partidarios do arquiduque Carlos de Austria en Murcia. Declarou a guerra santa nunha carta pastoral en defensa da lexitimidade como Rei de España de Filipe V, quen o recompensou coa lugartenencia e capitanía xeral de València, que non aceptou. Non obstante , cando o Papa Clemente XI recoñeceu a Carlos de Austria como Rei de España, púxose declaradamente de parte da Santa Sé. O Papa recompensouno co nomeamento de cardeal (1719). Loitou pola reforma da disciplina relixiosa, para o que obtivo do Papa a publicación da bula Apostolici ministerii (Ministerios apostólicos, 1723). En 1724 renunciou ao bispado e retirouse a Roma, desde onde continuou loitando para acadar un acordo pacífico nas relacións entre Filipe V e o Papa.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Motril, Granada

  • Deceso

    Lugar : Roma