"COI" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 307.

  • PERSOEIRO

    Navegante francés. Conde de La Pérouse. Explorou o Pacífico e completou os descubrimentos de James Coole e de Bougainvilliers. Navegou polo mar de Xapón, onde descubriu o estreito que leva o seu nome. Despois de chegar a Australia a súa expedición desapareceu en 1788.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Instalouse en París coa súa familia en 1782 e foi discípulo de J. L. David. Foi un pintor ecléctico no que respecta á súa obra, tanto neoclásica, entre outras L’amour et psyché (1798), como romántica, entre outras Corinne au Cap Misène (1819), e en canto á súa clientela, pois traballou tanto para a Convención, axudando a David, como para o Consulado e o Imperio, entre outras obras na decoración da Malmaison, e para a Restauración, pois foi pintor de cámara de Luís XVIII. Dos seus retratos destacan Mme Récamier (1802), A comtesse Regnault e Mme Visconti (1810). Cultivou tamén a pintura histórica en Vitoire d’Austerliz (1810) e Entrée de Herni IV à Paris (1817).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor e musicólogo belga. Foi premiado en Roma (1847) coa cantata flamenga België. Dirixiu a Opera de París (1867-1870) e, dende 1871, o conservatorio de Bruxelas. Escribiu Histoire et théorie de la musique de l’antiquité (1875-1881) e Traité d’harmonie (1905-1907).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. Foi escultor oficial de Luís XIV e dirixiu a decoración escultórica de Versailles trala morte de C. Le Brun. Entre as súas obras destacan Apollon servit par les nymphes, Le bain des nymphes, L’enlèvement de Proserpine e a tumba de Richelieu na Sorbonne.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada unha das hormonas esteroides que producen as cápsulas suprarrenais, por influencia das corticotropinas, que interveñen no metabolismo dos glícidos, con acción hiperglicémica. Afectan fundamentalmente ao fígado e a tecidos periféricos (cutáneo, linfoide, etc). Empréganse moito como antiinflamatorios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar, conde de Glimes de Brabante e do Sacro Imperio. Durante a Guerra de Sucesión serviu a Filipe V e loitou en Xibraltar (1704-1705), Almansa e Tortosa (1711), onde acadou o grao de tenente xeneral e foi gobernador (1715). Capitán xeneral de Castela a Vella (1727) e de Catalunya (1735-1737 e 1738-1742), no 1746 concedéronlle o título de Grande de España.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo. Coñecido como Franck, inicialmente dedicouse á literatura ata que en 1845 decidiu centrarse na fotografía. Nese ano trasladouse a Barcelona e en 1849 abriu un estudo de daguerrotipos especializado en retratos. A partir de 1854 impartiu clases de fotografía e dedicouse á venda de material fotográfico. Asociouse con Wigle en 1855 e dous anos máis tarde regresou a París, onde deu clases na Escola Politécnica. O seu estudo parisino foi un dos máis coñecidos do Segundo Imperio. Neses anos traballou o negativo de papel e, posteriormente, interesouse polo colodión e os papeis leptográficos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e escritor francés. Coñecido como o Cardeal de Retz, participou activamente na conxura do conde de Soissons contra Richelieu (1641) e nas revoltas da Fronda (1648-1649), nas que organizou o rexemento de Corinto. En marzo de 1652 recibiu o arcebispado de París, ao que renunciou, e un ano máis tarde foi elixido cardeal. Apresado por Luís XIV por causa das súas continuas intrigas, conseguiu fuxir e refuxiarse en Roma, onde se enfrontou ao papa ao apoiar os xansenistas. De volta a Francia (1661), recibiu o perdón real, renunciou ao seu cargo (1662) e retirouse á abadía de Saint Denis. Das súas obras destacan Histoire de la conjuration de Fiesque (1636) e Mémoires (1655).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor valón. Foi mestre de música, director da Opéra de París e, coa Revolución Francesa, foi compositor oficial da República. En París deuse a coñecer con óperas como Le faux lord (1765), Toinon et Toinette (1767) e Sabinus (1774).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor. Foi director da Royal Albert Hall Choral Society de Londres e influíu na obra de G. Bizet, C. Saint-Saëns e J. Massenet. Compuxo óperas como Sapho (1851), Le médecin malgré lui (1858), Faust (1859) e Romeo et Juliette (1867). Tamén escribiu música relixiosa, como Ave Maria e Messe solennelle de Sainte-Cécile (1855), música sinfónica, oratorios e cancións. En 1939 gañou o Premio de Roma coa cantata Fernand.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Funambulista francés. Coñecido como Blondi, fíxose famoso polas súas travesías, sobre unha corda tensada, sobre o Niágara (1859), o Sena e o Támesis.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico francés. Estudiou na Universidade de Lyon, onde se doutorou (1901). Foi profesor nas universidades de Nancy e Lyon. En colaboración con Philippe Barbier estudiou os compostos organomagnésicos e a introdución do grupo -CH3 en substancias orgánicas. Ideou a reacción de síntese que leva o seu nome, reacción de Grignard e os reactivos de Grignard. O seu Traité de chimie organique (1935), en 15 volumes, recolle os seus traballos. Recibiu o Premio Nobel de Química (1912), xuntamente con Paul Sabatier, polo descubrimento da reacción de Grignard.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador e político francés. En 1812 obtivo a cátedra de Historia Moderna en La Sorbonne. Durante o reinado de Carlos X de Francia encabezou un sector de oposición parlamentaria e contribuíu á entronización de Luís Filipe I de Francia. Durante o seu reinado ocupou os ministerios de Interior e Instrución Pública, desde onde promoveu a lei (1833) que dispuña a creación de escolas primarias en todas as provincias francesas. Evolucionou cara a posicións conservadoras e dimitiu como presidente do consello ao desencadearse a Revolución de 1848. Foi autor de Histoire générale de la civilisation en France (1830).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeneral francés. Coñecido como Leclerc, foi xefe do Estado Maior da infantería (1939), capturárono os alemáns pero evadiuse e fuxiu a Reino Unido. Reorganizou as tropas francesas en África Ecuatorial e reconquistou sucesivamente Camerún e Chad (1942). Ascendeu a xeneral de brigada e integrouse nas forzas de Montgomery que loitaban no N de África. En 1944 dirixiu a segunda division blindada no desembarco de Normandie e liberou París en agosto dese ano. Foi comandante xeneral das tropas francesas en Indochina (1945) e inspector das forzas francesas en África do N (1946).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor, sobriño do Cardeal Richelieu. Coñecido co pseudónimo de abbé d’Aubignac. Escribiu Pratique du théâtre (1657), onde define a traxedia neoclásica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten forma de hélice, aplícase especialmente á disposición que presentan, ás veces, as follas, certo tipo de inflorescencias e as cunchas univalvas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. helicoidal.

    2. Superficie xerada por unha recta que se move con dous movementos uniformes e simultáneos. Un é de translación apoiado continuamente, cun certo ángulo, sobre o eixe do cilindro, e outro é de rotación apoiándose continuamente sobre a curva hélice.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos hiracoideos.

    2. Mamífero da orde dos hiracoideos.

    3. Orde de mamíferos placentarios herbívoros, que comprende 8 especies, parecidos en tamaño ao coello e en aspecto á cobaia, con almofadas elásticas en pés e mans. Son bos escaladores. Inclúe unicamente a familia dos procávidos, que habitan en África e Asia. Son coñecidos como damáns. Os seus parentes máis proximos son os proboscídeos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico e biólogo francés. Estudiou na Universidade de París e doutorouse en Medicina (1947) e en Ciencias (1954). En 1950 ingresou no Institut Pasteur, e en 1960 pasou a ser o xefe do departamento de xenética celular. Estudiando o cromosoma único das bacterias, composto principalmente de ADN, descubriu que os xenes estaban dispostos en forma de anel. A partir de 1958, e no curso dunha estreita colaboración con Jacques Monod, prediciron a existencia de ARN mensaxeiro e dos xenes reguladores que controlan a actividade doutros xenes, e confirmaron a existencia dos transposóns, predicida en 1951 por Barbara McClintock. Publicou La logique du vivant (1970) e foi elixido membro da Académie Française des Sciences (1977). En 1965 recibiu o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina polo descubrimento dos xenes reguladores, compartíndoo con Monod e André Lwoff.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do verbo dos daordes ou xerga dos telleiros que corresponde á voz ‘deus’.

    VER O DETALLE DO TERMO