Jacob, François
Médico e biólogo francés. Estudiou na Universidade de París e doutorouse en Medicina (1947) e en Ciencias (1954). En 1950 ingresou no Institut Pasteur, e en 1960 pasou a ser o xefe do departamento de xenética celular. Estudiando o cromosoma único das bacterias, composto principalmente de ADN, descubriu que os xenes estaban dispostos en forma de anel. A partir de 1958, e no curso dunha estreita colaboración con Jacques Monod, prediciron a existencia de ARN mensaxeiro e dos xenes reguladores que controlan a actividade doutros xenes, e confirmaron a existencia dos transposóns, predicida en 1951 por Barbara McClintock. Publicou La logique du vivant (1970) e foi elixido membro da Académie Française des Sciences (1977). En 1965 recibiu o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina polo descubrimento dos xenes reguladores, compartíndoo con Monod e André Lwoff.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Nancy