"Díaz" (Contén)

Mostrando 14 resultados de 214.

  • PERSOEIRO

    Avogado. Presidente da Federación de Asociaciones de Empresarios Gallegos en el Exterior (Fegaex) e da Asociación Cultural de la Vieira, membro da xunta directiva da Asociación de Juristas Gallegos en Madrid (Jurisgama) e do padroado da Fundación Cánovas del Castillo. Fundou a Asociación de Empresarios Gallegos de Madrid (Aegama) e presidiu e fundou o grupo de empresas Cliner, ademais de ser asesor xurídico de empresas privadas. Colaborador en diversos medios, escribiu El secreto de Galicia, Asturias tópica e insólita e Ideas y reflexiones sobre el camino de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Insurrecto. Membro das Juventudes Libertarias (JJ LL)) e do Centro de Estudios Sociales ‘Resplandor más allá del Abismo’, coa Guerra Civil marchou a Gijón e colaborou na formación da Agrupación Confederal Galaica. Estivo prisioneiro (1937-1940) e formou parte do comité local da CNT clandestina. Detido en 1947, foi condenado a vinte anos de prisión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Pígara, Guitiriz 30.9.1954) Escultor. Licenciado en Belas Artes pola Universidad de Sevilla, realizou traballos de restauración en diversas cidades españolas e na catedral de Santo Domingo. Traballou a madeira, a pedra, o metal ou o cánabo en obras dotadas dun expresionismo de carácter abstracto. Realizou, entre outras obras, Acción permanente, Andadura azul, Canto femenino (2004), Geometrías interiores (2004) e Dos caminos (2004). Ten obra en diversas coleccións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bibliógrafo. Catedrático emérito de Bibliografía da Universidad de Madrid, escribiu Bibliografía de la literatura hispánica (1950-1980) e Mil biografías de los Siglos de Oro. Índice bibliográfico (1985). En 1984 recibiu o Premio Internacional Nicolás Antonio de Bibliografía da Syracuse University, de Nova York.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Juan Díaz de Solís.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sulfamida de longa duración e con pouca toxicidade, que se emprega no tratamento de diversas infeccións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Empresario. Presidente do Grupo Tojeiro, comezou no mercado da madeira e diversificou as súas actividades cara aos transportes e á alimentación coa creación de Gadisa na década de 1980. Foi presidente de Reganosa-Regasificadora del Noroeste, Forestal del Atlántico, Trotansa-Tojeiro Transportes S. A., Camosa-Caleras de Moeche SA, Unemsa-Unión de Empresas Madereras S. A., Intasa-Industrias del Tablero SA, Galparquet SA e Servicios Polígono Piadela SA Recibiu o Premio Grupo Voz (1998), a Medalla de Ouro ao Mérito no Traballo (2003) e a Medalla de Prata da Xunta de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Sacerdote e escritor. Formouse no Seminario Conciliar de Tui e ordenouse presbítero en 1954. Foi ecónomo de San Mateo de Oliveira (Ponteareas) e encargado de San Simón de Lira (Salvaterra de Miño). Colaborou nas revistas Pregón e Soberossum e no xornal A Peneira, todos de Ponteareas, así como na Revista de Estudios Provinciais da Deputación de Pontevedra. Publicou Os signos lapidarios nas terras de Galicia (1993), O verbo dos arginas de Avedra (1993) e Zanqueando cos cabaqueiros (2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Heraldista. Foi cronista oficial de Villafranca del Bierzo e secretario do Instituto Histórico de la Marina, escribiu La Condesa de Pardo-Bazán y sus linajes: Nobiliario (1952) e Los Saavedra y los Fajardo en Murcia: nobiliario (1956). Recibiu a Gran Cruz del Mérito Naval e as ordes de Alfonso X e Isabel la Católica. Foi secretario da Real Academia de la Historia e membro correspondente da Real Academia Galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Biólogo. Catedrático de Ciencias Naturais e presidente de ADEGA, da que fundou a delegación de Santiago de Compostela. Promoveu numerosas campañas de sensibilización e reinvidicación da conservación do medio natural galego e contra os residuos radiactivos. Escribiu A Contaminación das centrais nucleares (1981) e Celulosas e progreso (1988).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Residiu en Madrid e en París, onde coñeceu os compoñentes da escola de París e colaborou con A. Bourdelle na decoración do Théatre des Champs Élysées (1912). En 1919 estableceuse en Madrid, onde pintou influído por P. Cézanne e o cubismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escultor. Coñecido como Compostela, formouse como ebanista en varios obradoiros e asistiu á escola da Sociedad de Amigos del País e á Escola de Artes e Oficios. En 1918 trasladouse a Madrid. Especializouse na talla de animais e, o 1 de xaneiro de 1927, deuse a coñecer cando colocou unha chea de esculturas na escalinata do Congreso de los Diputados, o que lle permitiu días despois realizar a súa primeira exposición. En 1930 recibiu unha bolsa de viaxe da Deputación da Coruña e marchou a París. Durante a Guerra Civil uniuse ao Batallón de Milicias Populares de Galicia e foi escultor oficial da 11ª División de Líster. Realizou entón obras de contido político e diversos retratos como os de Líster ou Rafael Alberti, obras que se poden enmarcar no realismo socialista. Estivo en diversos campos de concentración de Francia e a finais de 1939 marchou á República Dominicana. En 1940 trasladouse a Puerto Rico onde dirixiu desde 1955 o taller de escultura do Instituto de Cultura Puertorriqueña....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico. Director do Servizo de Cirurxía Cardiovascular do Hospital Provincial de Santiago de Compostela, foi pioneiro no emprego de novas técnicas cirúrxicas no campo da cirurxía arterial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Nobre, filla de Diego Fernández, conde de Oviedo e señor de Nava. En 1074 casou con Rodrigo Díaz de Vivar, o Cid Campeador, a instancias do seu parente Afonso VI, que pretendía promover a relación entre leoneses e casteláns. Trasladouse co Cid a València (1091) e gobernou a cidade despois da morte do seu esposo (1099-1102). A súa figura aparece, ligada á del, en numerosas obras da literatura castelá.

    VER O DETALLE DO TERMO