Trigo Díaz, Feliciano

Trigo Díaz, Feliciano

Sacerdote e escritor. Formouse no Seminario Conciliar de Tui e ordenouse presbítero en 1954. Foi ecónomo de San Mateo de Oliveira (Ponteareas) e encargado de San Simón de Lira (Salvaterra de Miño). Colaborou nas revistas Pregón e Soberossum e no xornal A Peneira, todos de Ponteareas, así como na Revista de Estudios Provinciais da Deputación de Pontevedra. Publicou Os signos lapidarios nas terras de Galicia (1993), O verbo dos arginas de Avedra (1993) e Zanqueando cos cabaqueiros (2001).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Caleiro, Vilanova de Arousa