"EGU" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 415.

  • Asociación constituída o 22 de agosto de 1953 no Centro Ourensán de Bos Aires liderada por Vidal Pérez Graña e coa colaboración de Antón Moreda e Antón Santamarina. Entre os seus obxectivos estaba coñecer e espallar a cultura e a realidade galega nos eidos da cultura, a historia, a xeografía, a economía e a lingua. Integrouse na Irmandade Galega e contou co apoio de galeguistas como Bieito Cupeiro Vázquez e Manuel Pedreira. Entre os seus socios destacaron Xosé Neira Vilas, Manuel Cordeiro e Xosé Casal. Impulsaron unha renovación do pacto Galeuzca, coordinándose con entidades xuvenís catalás (Juventut Catalana) e vascas (Acción Vasca).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora, irmá de Terenci Moix. A súa poesía, na liña vangardista europea, destaca pola utilización da colaxe. Publicou os libros poéticos Baladas para el dulce Jim (1969), No Time for Flowers (1971, Premio Bizkaia de Poesía) e Vals negro (1995). Da súa obra narrativa, que pretende reflectir aquilo que a rodea, destacan Julia (1970), Las virtudes peligrosas (1985) e o libro de relatos De mi vida real nada sé (2002).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Coñecido como Terenci Moix, a súa obra caracterizouse pola incorporación dos valores pop, a revaloración do melodrama e da imaxinación sadomasoquista a través da literatura dos cómics. Tamén escribiu teatro, fixo traducións e colaborou na televisión. Da súa produción en catalán destacan La torre dels vicis capitals (1968, Premio Víctor Català 1967), Onades sobre una roca deserta (1969, Premio Josep Plá 1968), Món Mascle (1971), Siro o la increada consciència de la raça (1972, Premio Prudenci Bertrana e Premio da Crítica Serra d’Or), Sadístic, esperpéntic u àdhuc metafísic (1976, Premio Joan Esterrich) e El sexe dels àngels (1992, Premio Ramon Llull 1992 e Lletra d’Or 1993). En castelán destacan El sadismo de nuestra infancia (1969), El dia que murió Marilyn (1970, Premio da Crítica Serra d’Or), No digas que fue un sueño (1986, Premio Planeta), La herida de la esfinge (1991),...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da Comunidad de Murcia, situado ao NO da capital provincial, no val do río Segura (46.905 h [2001]). É un centro rico en hortalizas e árbores froiteiras, e posúe gandaría, industrias alimentarias e manufacturas diversas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Historiador. Foi comendador da Orde de Carlos III. En 1859 ingresou na Real Academia de Historia como correspondente e na Armada como oficial primeiro do corpo administrativo. Colaborou no Dicionario Geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar, de Pascual Madoz e escribiu Almanaque histórico de Galicia para el año 1859 (1858), Historia y descripción de la ciudad y departamento naval de Ferrol (1859), El lago de Doniños e La colegiata de San Juan de Caabeiro (1879).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DEPARTAMENTOS

    Departamento de Perú (15.734 km2; 142.475 h [estim 1998]). A súa capital é Moquegua (44.824 h [estim 1998]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político e profesor. Defendeu a doutrina liberal e pertenceu á Xunta Revolucionaria de Ribadeo tras a caída do réxime isabelino. Liderou o federalismo e defendeu a descentralización rexional e a secularización dentro do Partido Republicano. Foi un dos redactores do Proxecto de Constitución para o Estado Galaico de 1887, e deputado desde 1873 ata o golpe de estado de Pavia (1874). En 1907 incorporouse a Solidariedade Galega e en Ribadeo dirixiu o xornal Cuenca del Eo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada no centro histórico de Pontevedra. Data dos ss XVII e XVIII e rehabilitouse baixo a dirección do arquitecto Jesús Fole para acoller un museo etnográfico, que se inaugurou o 23 de marzo de 2001. Foi vivenda señorial e centro de ensino e destaca a escaleira de acceso á planta alta e a terraza-mirador sobre o río Lérez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. Realizou, con Isaac de Juni, os asentos do capítulo, que non se conservan, no mosteiro de Santa María de Montederramo entre 1595 e 1596, e tamén traballou no mosteiro de San Vicente do Pino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten as nádegas grosas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Unidade de tempo que equivale a 10-9 segundos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • asta rexión desértica do S de Israel, que ocupa case a metade do país (6.643 km2). De forma triangular, limita ao L con Xordania e ao O coa península de Sinaí. No extremo S, onde se atopa o porto de Elat, está bañado polo golfo de ‘Aqaba. É extremadamente seco. A revalorización do Negueb, iniciada en 1948, constitúe unha empresa espectacular, xa que a auga traída por canalizacións desde o N permitiu facer produtivas as terras desérticas. Outras actividades son as extraccións de fosfatos, potasios e petróleo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Negueira de Muñiz baixo a advocación de san Salvador, onde se atopa a capital municipal, no lugar de Negueira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello que pertence á comarca da Fonsagrada, situado no L da provincia de Lugo e da Comunidade Autónoma de Galicia ( 43° 07’ 10’’ latitude N e 6° 53’ lonxitude O). Limita ao N, S e L con Asturias e ao O co concello da Fonsagrada (comarca da Fonsagrada). Abrangue unha superficie de 72,3 km 2 , cunha poboación de 222 h (2007), distribuídos nas parroquias de Barcela, Marentes, Negueira, Ouviaño, Río de Porto e San Pedro de Ernes. A súa capital é o núcleo de Negueira localizado a 94 km da capital provincial. Algunhas das parroquias teñen entidades en territorio asturiano, que contan, así mesmo, coa advocación parroquial correspondente. Depende do partido xudicial da Fonsagrada.
    Xeografía física
    O relevo caracterízase por ser moi accidentado, con elevados cumios de máis de 1.000 m, e pola presenza do estreito val do Navia onde se construíu o encoro de Salime na década de 1960. O substrato xeolóxico, de lousas e xistos, foi rexuvenecido pola oroxenia alpina,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Concepto introducido por L. Brillouin, que ten un significado inverso do da entropía: se esta mide o grao de desorde dun sistema, a neguentropía mide o grao de orde dun sistema. Canto máis grande é a información que se posúe sobre o estado dun sistema, máis grande é a neguentropía. OBS: Tamén se denomina entropía negativa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título co que se designaba o monarca na Etiopia semítica e cristiá. Volveu formar parte do protocolo real a partir de Menelik II de Etiopia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Convenio que asinou o 18 de xuño de 1538 o Emperador Carlos V e Francisco I de Francia, que puxo fin á terceira guerra entre eles e recoñeceu os territorios que ocupaban.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de tratados de paz asinados entre Suecia e os países coligados contra ela que puxeron fin á Guerra Nórdica. Polos Tratados de Estocolmo (1719-1720) Suecia cedeu Bremen e Verden a Hannover, Stettin e a Pomerania ao S do río Peene a Prusia e Slesvig a Dinamarca, ademais das concesións feitas a Rusia polo Tratado de Nystad (1721).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Noruega, aos seus habitantes ou á súa lingua.

    2. Natural ou habitante de Noruega.

    3. Lingua nórdica do phylum indoeuropeo que se fala en Noruega. Está dividida en dúas variedades: o bokmål (antes riksmål), falado polo 75% da poboación, e o nynorsk (antes landsmål), falado polo 25% restante. Son oficiais desde 1907. Esta duplicidade é froito dunha dobre corrente restauradora iniciada a comezos do s XIX, despois da separación de Dinamarca. O bokmål tomou por base a fala das zonas urbanas do SL e da clase dirixente. A obra depuradora fíxose coa integración progresiva de elementos locais e cun conxunto de reformas, cada vez máis intensas (1907, 1917, 1938) e cada vez máis encamiñadas a reducir as distancias respecto do nynorsk. Esta lingua, impulsada sobre todo cos traballos de Ivar Aasen, é o resultado dunha aspiración de reconstruír o antigo noruegués, a partir dos falares occidentais e centrais. As diferenzas básicas entre as dúas están nunha base ditongal no nynorsk e monotongal no bokmål,...

    4. Arte desenvolvida en Noruega. Consérvanse do período viquingo (800-1050) barcos e restos dalgún templo como o de Urnes, en Sogn. Coa cristianización penetrou o románico, presente na catedral de Drontheim, realizada no s XII e ampliada en estilo gótico no s XIII. As stavkirken, igrexas de madeira con elementos da tradición viquinga son mostras de arte orixinal do país. Destacan as de Gol, Fantoft e Borgund (1150?). Do s XIV ao XVIII, viviuse unha época de decadencia cultural, aínda que sobresaíu o escultor Anders Smith (s XVII). Durante o rexurdimento noruegués destacaron J. C. Dahl (1788-1857) e Christian Krogh (1852-1925). A viraxe cara á tradición autóctona representouna o pintor Gerhard Munthe (1849-1929). A gran xeración que situou ao país a escala internacional foi a de Eduard Munch (1863-1944) e do escultor Gustav Vigeland (1869-1943). O muralista Per Krohg (1889-1965) tamén obtivo renome en París. Erling Enger (1899-1990), recolleu a influencia fauvista, mentres que Ragnar...

    5. Cine desenvolvido en Noruega. Antes da Segunda Guerra Mundial os filmes noruegueses máis destacados foron dirixidos por realizadores daneses, como Carl Th. Dreyer e George Schennevoigt. Cando acabou a guerra filmáronse unha serie de películas inspiradas nas accións da resistencia contra os alemáns, das que destacan Vi vil leve (1946) de Olaf Degar, e Kampen om tungtvannet (1948) de Titus Vibe Müller. Durante a década de 1960 xurdiron autores como Pal Lökkeberg con Liv (Vivir, 1967), Knut Andersen e Anja Breien con Vokse opp (Medrar, 1967) ou Voldtekt-Til-fellet Anders (O caso Anders, 1970). As subvencións estatais e uns estritos controis de calidade caracterizaron o cine noruegués da década de 1980. Consolidáronse directoras como Vibekke Lokkeberg, con Lopperjenten (1982)  e Anja Breien, con Hustruer ti ar Etter (1985) e Hud (1987). Nestes últimos anos, a influencia da literatura no cine é cada vez maior. Da nova xeración...

    6. Literatura cultivada en noruegués. Nacida especificamente como tal no s XIX, inicialmente só se diferenza da produción islandesa primitiva pola súa orixe xeográfica, cos eddas (ou épica) e os escaldos (ou lírica). A Baixa Idade Media presenta un corpus notable en latín, tanto xurídico e litúrxico coma histórico. No s XIII apareceu Konungsskuggjá (‘O espello do rei’), de xénero histórico, e Draumkvxde (‘Balada do soño’), poema lírico e visionario. A comezos do s XIV iniciouse, ata o Éxodo, a tradución da Biblia. A unión con Dinamarca (1387) motivou que escribisen en danés notables figuras norueguesas dos ss XVII e XVIII, como P. Dass, L. Holberg e J. Wessel. A súa posterior separación permitiu o inicio dunha literatura nacional diferenciada en riksmål (bokmål ) e landsmål, unha distinción lingüística que non marca diferenzas nacionais nin temáticas ou estilísticas. J. Wergerland foi o precursor do romanticismo. No s XIX tivo...

    7. Arte musical cultivada en Noruega. O canto plano foi introducido co cristianismo, cara ao ano 1000. O repertorio da igrexa reformada está contido no Salmebog (Libro dos salmos, 1569), de H. Thomisson, e o Gradual (1573), de N. Jespersen. A comezos do s XIX o interese pola música popular axudou ao rexurdimento musical. A maioría dos compositores deste século pertenceron ao movemento romántico vinculado a Alemaña, como Rikard Nordraak (1842-1866) e Edvard Grieg (1843-1907). Dos músicos posteriores destacaron J. Halvorsen (1864-1935) e C. Sinding (1856-1941). A partir de 1930 creceu o interese pola Noruega medieval, o que se converteu nunha tendencia na creación musical. Neste ámbito cómpre salientar D. M. Johansen (1888-1970) e Geirr Tveitt (1908-1981). Fartein Valen (1887-1952) foi o máximo expoñente da corrente internacionalista do período de entreguerras. Na década de 1960 chegou a música experimental e de vangarda, onde destacou Ande Nordheim (1931). O posmodernismo...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Físico. Estudou Ciencias na Universidade de Santiago de Compostela, onde se doutorou en 1968, e foi secretario de redacción da Acta Científica Compostelana. Escribiu Problemas de Física General (1976) e Introdución a la Física General (1989).

    VER O DETALLE DO TERMO