Mugartegui, pazo de
Mugartegui, pazo de
Construción situada no centro histórico de Pontevedra. Data dos ss XVII e XVIII e rehabilitouse baixo a dirección do arquitecto Jesús Fole para acoller un museo etnográfico, que se inaugurou o 23 de marzo de 2001. Foi vivenda señorial e centro de ensino e destaca a escaleira de acceso á planta alta e a terraza-mirador sobre o río Lérez.